Calendario
Info da proba

Vila de Cruces

10/09/2023 10:00 - 14:00
Regulamento Regulamento da proba Trail da Carixa 2023.
O evento estará formado por unha proba trail individual e por equipos de 20 km, trail por
relevos de 9 + 11 km, trail cadete de 9 km, andaina de 9 km e Pequetrail de 0.5 a 3 km; rexidas
polo seguinte regulamento:
1. As carreiras Trail e andaina celebraranse o día 10 de setembro de 2023 con
saída e chegada dende a praia fluvial de A Carixa, no Concello de Vila de
Cruces.
2. Ás catro probas terán a saída as 10:00 horas; sobre un percorrido aproximado
de 20 km para o Trail individual e por relevos con un desnivel positivo de 1100 m
e 9 km para o Trail Cadete e andaina con un desnivel positivo de 460 m.
3. Contará con un total de 600 prazas que se repartirán do seguinte xeito entre as
diferentes modalidades:
 Trail individual 20 K 200 prazas.
 Trail 20 K por equipos 100 prazas.
 Trail por relevos 9 + 11 K 150 prazas.
 Trail cadete 9 K 50 prazas.
 Pequetrail: 100 prazas.
4. A carreira Trail individual sobre un percorrido de 20 km poderase facer baixo a
modalidade de relevos, en equipos de dúas persoas os cales poderán ser
mixtos.
5. A carreira Trail por equipos farase sobre un percorrido de 20 km contará con un
número mínimo de 3 compoñentes, deberán ser mixtos (dous homes e unha
muller ou dúas mulleres e un home), os equipos estarán formados por un
máximo de 4 compoñentes, puntuando so para a clasificación os tres primeiros
en chegar a meta.
6. O Pequetrail: celebrarase o día anterior sábado 9 a partir das 11:00;
 terá recorridos diferentes para cada unha das categorías:
i. esquíos (de 2 a 6 anos) con un percorrido de 200 m,
ii. corzos (de 7 a 10 anos) con un percorrido de 500 m
iii. xabaríns (de 10 a 14 anos) con un percorrido de 3000 m.
 Para a celebración de esta proba precisarase un mínimo de 5 inscritos
en cada categoría.
 Os participantes poderanse anotar o mesmo día da proba no local de
reparto de dorsáis.
 Haberá premios para todos os participantes.
7. Trail Cadete 9 K: sairá as 10:00;
 So poderán participar as persoas debidamente inscritas con idades de
15,16 e 17 anos, é dicir que non cumpra os 18 anos o ano de
referencia.
 Haberá premio para os tres primeiros participantes masculino e
feminino.
8. Trail 9 + 11 K por relevos, e 20 k por equipos: sairá as 10:00;
 So poderán participar as persoas debidamente inscritas con 18 anos de
idade ou mais.
 Os equipos estarán compostos por dúas persoas, nunha única
categoría absoluta, podendo ser estes masculino, feminino ou mixto.
 O primeiro relevista fará o percorrido do primeiro tramo 9 k e o segundo
de 11 k no segundo tramo.
 Haberá premio para os tres primeiros clasificados da categoría
masculina, feminina e mixta.
9. CATEGORÍAS: os participantes estarán divididos nas categorías e sub
categorías seguintes:
- Categorías Masculina e Feminina : Cadete, Júnior e Absoluta.
 Categoría Cadete: 15,16, e 17 anos, é dicir que non
cumpra os 18 anos o ano de referencia.
 Categoría Júnior: 18,19, e 20 anos, é dicir que non
cumpra os 21 anos o ano de referencia.
 Categoría Absoluta: a partir dos 21 anos cumpridos o
ano de referencia
- Sub categorías Masculino e Feminina: Promesa e Veterana A e B
 Sub categoría Veterana A:
o Masculina e feminina de 40 a 49 anos, é dicir
que non cumpra os 50 anos o ano de
referencia.
 Sub categoría Veterana B:
o Masculina e feminina de 50 a 59 é dicir que non
cumpra os 60 anos o ano de referencia.
 Sub categoría Veterana C:
o Masculina e feminina a partir dos 60 anos
cumpridos no ano de referencia.
A idade a ter en consideración para toda a tempada, no referente a categoría e
sub categorías, será a que o participante teña o día 31 de Decembro do ano da
competición. Trofeos non acumulativos.
10. INSCRICIÓNS: Serán a través da páxina ccnorte.com estarán abertas dende o
día 14 de xullo ata o 6 de setembro.
O custo das diferentes probas será o seguinte:
1º Trail individual 20 k................. 20 €
2º Trail 20 k por equipos..............20 € (por compoñente).
3º Trail por relevos 9 + 11 k........ 35 €
4º Andaina.................................. 15 €
5º Trail cadete 9 k......................... 0 €
6º Pequetrail ................................ 0 €
Dita inscrición dá dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e
de responsabilidade civil, bolsa do corredor, avituallamentos, duchas, xantar e
cantos obsequios ou regalos consiga a organización. Unha vez abonada a
inscrición non se devolverá o importe da mesma nin haberá posibilidade de
anulación.
11. A recollida de dorsais para ambas probas poderá realizarase o mesmo día na
zona de saída e meta entre as 8:00 e as 9:30 horas. Para a retirada de dorsais
será obrigatorio presentar o DNI ou pasaporte, podendo retirarse por unha
persoa distinta ó destinatario, facéndose esta responsable, eximindo de toda
responsabilidade á organización.
12. SINALIZACIÓN E CONTROIS: O percorrido estará sinalizado con cintas de
plástico co logotipo da proba, sendo obrigatorio o paso polos controis
establecidos.
13. O/A corredor/a que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ó
control máis próximo e facer entrega do dorsal.
14. AVITUALLAMENTOS: A proba contaría con un total de 4 avituallamentos os
cales quedarían distribuídos da seguinte mineira:
1. Mirador da Catarata do Toxa km 5 (líquido).
2. Praia fluvial da Carixa 9 (líquido e sólido).
3. Fontao km 14 (sólido e líquido).
4. Praia fluvial da Carixa 20 (líquido e sólido).
A fin de ser meticulosos no respecto co medio ambiente e baixo a premisa de
reducir a o máximo os residuos que se poidan xerar, nos avituallamentos non se
dispensarán vasos a os participantes.
15. TEMPOS DE CORTE: Co fin de cumprir cos horarios establecidos pola
organización para o evento fixarase un tempo de corte en dous dos puntos do
recorrido para a proba de Trail individual e por relevos:
 Fontao km 14 12:45 .
 Mosteiro de Carboeiro km 11 12:00 .
16. PREMIOS:
 TRAIL Individual 20 k:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación xeral nas
categorías masculina e feminina; ademais a os tres primeiros de
cada categoría, atendendo as categorías propias da carreira (punto
9).
 TRAIL por relevos 9 + 11 k:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación xeral
masculina, feminina e mixta.
 TRAIL por equipos 20 k:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros equipos clasificados
segundo a suma total dos postos acadados por os tres primeiros
compoñentes.
 TRAIL Cadete 9 k:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación nas
categorías masculina e feminina.
 ANDAINA:
Será de carácter non competitiva, e non haberá premios.
17. A aceptación do presente regulamento, implica obrigatoriamente que o
participante autoriza á organización á gravación total ou parcial da súa
participación na mesma, presta o seu consentimento para que poida ser
utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódolos xeitos
posibles e cede tódolos dereitos relativos á súa explotación, comercial e
publicitaria que a organización considere oportuno executar.
18. Quedará descualificado/a desta proba todo o que non cumpra o presente
regulamento, non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou ensucie a
contorna, non leve o seu dorsal ben visible, manteña unha conduta impropia ou
desatenda as indicacións da organización.
19. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere
necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da
proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
20. Os/as participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados que precisen
axuda así como a informar de calquera percance nos controles de paso.
21. A pesar do persoal disposta pola organización ao longo do percorrido os/as
participantes están obrigados a respectar as normas de circulación nos
cruzamentos coas estradas.
22. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola
organización, quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes,
seguir ós corredores en moto, bicicleta, quad ou similar polo circuíto.
23. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia,
así como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran
á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En
todo o non contemplado neste regulamento, a proba basearase nos
regulamentos da Federación Galega de Montañismo e da Federación Española
de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).
24. En caso de non comparecencia de algún dos integrantes do podium, durante a
celebración da entrega de premios, perderase a posibilidade de reclamar dito
trofeo/agasallo, e a organización gárdase a posibilidade de poder chamar o
seguinte corredor en entrar en liña de mete segundo o listaxe proporcionado
polo cronometraxe.