Calendario
Info da proba

As Pontes

24/09/2023 11:15 - 12:15
Regulamento I Carreira - Andaina Solidaria As Pontes Contigo Regulamento xeral
ARTÍCULO 1 - PRESENTACIÓN
A Xanela, asociación de persoas con diversidade funcional e/ou maiores, entidade libre e
independente, sen ánimo de lucro e de carácter voluntario, organiza a I Carreira - Andaina
Solidaria As Pontes Contigo, a proba está incluída no calendario oficial das competicións
da FGA nun circuíto urbano homologado e conta coa colaboración do concello de As
Pontes de García Rodríguez.
ARTÍCULO 2 - DATA, LUGAR E HORARIO
Esta carreira - andaina vai ser levada a cabo o domingo 24 de Setembro de 2023, en As
Pontes de García Rodríguez, A Coruña. Comenzará as 10:00 horas e a liña de saída estará
situada na rúa 8 de marzo.
ARTÍCULO 3 - CIRCUITO
Dita proba conta con unha distacia de 5 km, o percorrido está medido e homologado pola
Real Federación Española de Atletismo e transcorrerá por asfalto, a organización vaise
encargar de que a ruta este debidamente sinalizada.
Está prohibido usar como zona de carreira as beirarrúas, glorietas, áreas axardinadas etc. só
se poderán usar as zonas sinalizadas como circuito, o incumprimento total ou parcial
desta regra, así como recortar o trazado oficial, pode implicar a descualificación das
persoas infractoras.
É de destacar que a organización ten dereito a modificar o percorrido por causas alleas e /
ou de forza maior.
No caso da andaina a distancia vai ser de 3.5 km aprox. E o circuito será o seguinte:
ARTÍCULO 4 - INSCRIPCIÓN
4.1 Prezo e plazo de inscripción
O prezo de inscripción é de 6 euros para a carreira e de 3 euros para a andaina. A carreira
será de balde para a categoría biberón e de 2 euros para o resto de grupos da categoría
escolar, no caso da andaina será gratuita para as crianzas de menos de 5 anos cumpridos o
día do evento.
O prazo para inscribirse estará operativo dende a publicación do presente regulamento ata o
martes 19 de setembro de 2023 ás 23:59 horas. A inscrición está a cargo da Federación
Galega de Atletismo e realizarase a través da seguinte páxina web:
www.carreirasgalegas.com
Para a modalidade de andaina a inscrición poderá ser levada a cabo a través de
www.carreirasgalegas.com ou de maneira presencial na sede da asociación A Xanela (Rúa
A Xanela s/n, As Pontes de García Rodríguez, A Coruña).
As persoas que participan na categoría inclusiva deberán inscribirse a través da Federación
Galega de Atletismo e indicar específicamente que van a participar en dita modalidade.
4.2 Dorsais solidarios
Dado o carácter solidario da presente carreira - andaina, establecese a posibilidade de
participar a través da “fila cero” para todas aquelas persoas que, sen participar na carreira
nin na andaina, queiran facer unha contribución económica ao proxecto “As Pontes
Contigo”, que ten por obxectivo fortalecer as capacidades da comunidade para o
coidado colectivo das persoas que requiren de coidados paliativos, que sofren soidade
ou requiren dalgunha atención especial (pensando sobre todo en persoas maiores e
persoas con diversidade funcional) e das súas familias, persoas coidadoras, profesionais
do entorno comunitario e comunidade educativa.
Estes dorsais solidarios estarán abertos ata o día da proba para todas aquelas persoas que
queiran participar.
4.3 Datos
Os datos obrigatorios para inscribirse son: nome, apelidos, NIF ou pasaporte, data de
nacemento completa, xénero e teléfono. Rexeitarase calquera inscrición á que lle falte
algún dos datos sinalados. Aqueles/as atletas que proporcionen datos falsos, serán
descualificados.
ARTÍCULO 5 - CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA
A fin de garantir unha correcta participación dos e das atletas, a carreira estará controlada
polo Comité Galego de Xuíces da FGA.
ARTÍCULO 6 - SISTEMA DE CRONOMETRAXE
O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuíces. As reclamacións serán
atendidas pola xuíza/xuíz responsable ata 30 minutos despois da publicación de resultados.
ARTÍCULO 7 - UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais con chips integrados, persoais e intransferibles, son exclusivos desta carreira e
deben colocarse na parte frontal do corpo de maneira totalmente visible, sen obstrucións e
sen manipulacións, e así deben levarse durante toda a proba.
A organización non admitirá persoas corredoras que non estén inscritas ou que corran
sen dorsal e/ou chip, e impediralles ter acceso á carreira en defensa dos dereitos daquelas
regulamentariamente inscritas. Non se permitirá a participación co dorsal e o chip
correspondente a outra carreira ou persoa, con máis dun dorsal e/ou chip, dorsal
falsificado ou outro que non sexa o oficial.
Calquera infracción destas regras implicará a descalificación das persoas afectadas na proba.
ARTÍCULO 8 - CATEGORÍAS
8.1 Categoría escolar
● Biberón (2018 - actualidade)
*Poden correr acompañados de un adulto/a.
● Sub 8 (2016-2017).
● Sub 10 (2014 e 2015).
● Sub 12 (2012 e 2013).
● Sub 14 (2010 e 2011).
● Sub 16 (2008 e 2009).
8.2 Categoría absoluta
● Sub 18 (2006 e 2007).
● Sub 20 (2004 e 2005).
● Sub 23 (2001 - 2003).
● Senior (2000 - 1988).
● Máster 35 (1987-1977).
● Máster 45 (1976-1967).
● Máster 55 (1966 e anos anteriores)
8.3 Categoría inclusiva
As categorías inclusivas son consideradas como non oficiais da Federación Galega de
Atletismo.
8.3.1 Condicións para as persoas que compiten en cadeiras de rodas e Handbikes
● As cadeiras deberán ter un mínimo de 2 rodas grandes e 1 pequena.
● Non se permitirá a participación en cadeiras de rodas que non foran deseñadas
específicamente para a actividade de atletismo.
● Os atletas deberán garantir que ningunha parte dos seus membros inferiores toquen
o chan durante a carreira.
● As persoas participantes son responsables de cumprir as normas que se indican
anteriormente e de que a carreira non se demore mentras se fan axustes nas
cadeiras.
● As persoas que compitan nesta categoría levarán obrigatoriamente casco durante toda
a carreira.
● O desprazamento mediante métodos que non sexan o empuxe do corredor sobre
as rodas ou aros de impulsión vai a supoñer a súa descualificación.
8.3.2 Condicións para as persoas que teñan diversidade funcional de tipo visual
● As persoas con diversidade funcional visual deberán ser obrigatoriamente
acompañados por un/unha guía debido a motivos de seguridade. A persoa que vai a
guiar deberá identificarse ante a organización ata 15 minutos antes do comezo de cada
proba.
● Cando a persoa con diversidade funcional visual cruce a liña de meta, a persoa que
guía debe estar detrás de él/ela.
● O método de guía poderá ser elixido pola persoa participante. Poderá escoller
entre ser dirixido por un/unha guía que lle suxeite o cóbado, ou por medio de atadura
ou ben correr sen suxeición.
● Non se permitirá soster o/a atleta, suxeitarse da súa roupa ou atar as mans do/a
atleta coas do/a guía. A atadura deberá deixar un espazo de polo menos 5 cm entre as
mans do/a atleta e as do/a guía.
● A persoa participante poderá recibir instrucións verbais do seu guía.
● As persoas que guían non poderán usar bicicleta ou outros medios mecánicos de
transporte.
● O/A guía non poderá en ningún momento tirar da persoa participante nin
empurralo/a para darlle impulso. O non cumprimento desta norma suporá a
descualificación do/da participante.
● Independentemente de que se empregue atadura ou non, entre o/a atleta e o/a guía non
poderá haber en ningún momento unha distancia maior de 0,50 mts.
8.3.3 Outras diversidades
A organización poderá facer aquelas adaptacións que vexa necesarias a fin de garantir o
dereito de participación de todas as persoas con diversidade funcional.
8.4 Distancias e horarios
● Biberón: 150 metros aprox. - 11:05 horas.
● Sub 8: 350 metros aprox. (1 volta) - 10:55 horas.
● Sub 10: 700 metros aprox. (2 voltas) - 10: 45 horas.
● Sub 12: 1000 metros aprox. (3 voltas) - 10:35 horas.
● Sub 14: 1400 metros aprox. (4 voltas) - 10:20 horas.
● Sub 16: 1800 metros aprox. (5 voltas) - 10:00 horas.
● Absoluta: 5 km - 11:15 horas.
● Andaina: 3.5 km - 11:40 horas.
As horas indicadas son orientativas e poden ser modificadas pola organización en caso de
forza maior.
*As persoas participantes na categoría inclusiva abrirán a competición en cada categoría que
corresponda coa súa idade no día da carreira.
ARTÍCULO 9 - RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
O mesmo día da carreira no lugar de saída (Rúa 8 de Marzo), dende as 9:00 e ata 30
minutos antes do comezo de cada unha das carreiras e da andaina.
ARTÍCULO 10 -PECHE DE CONTROL DA CATEGORÍA ABSOLUTA
Unha hora despois do primeiro/ clasificado da categoría absoluta.
ARTÍCULO 11 - SERVIZOS
A proba disporá dos servizos médicos recomendados pola FGA e de acordo coa lexislación
vixente.
Haberá avituallamento ao final das carreiras e da andaina. A proba conta tamén cun seguro
de Responsabilidade Civil e un Seguro de Accidentes Deportivos para todos os
participantes (carreiras-andaina).
Teremos un servizo de duchas, do que se van a poder beneficiar todas aquelas persoas
participantes que así o desexen.
Recomendámoslles a todas as persoas participantes que cubran a parte posterior do dorsal
indicando os datos do nome, apelidos, datos médicos de interese (grupo sanguíneo, alerxias,
enfermidades crónicas, se está baixo algún tratamento específico etc.) así como teléfono/s e
contacto/s en caso de emerxencia.
*A organización poderá prescindir de aqueles servizos que considere debido a
problemas de causa maior.
ARTÍCULO 12 - VEHÍCULOS
Durante as carreiras non estará permitido o acompañamento na proba de ningún
vehículo alleo á organización, tampouco de mascotas, bicicletas, patíns ou persoas non
inscritas na proba que podan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes.
Sí está permitido o acompañamento de mascotas para aquelas persoas que participen na
andaina, a organización non se fai responsable de ningún incidente producido polos animais,
así como de ningún problema que poida ser derivado de dita circunstancia.
ARTÍCULO 13 - PREMIOS
Todas as persoas participantes na categoría escolar van a recibir de agasallo unha medalla e
unha bolsa co avituallamento.
Os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres clasificadas na categoría absoluta
van a recibir un trofeo.
As tres primeiras persoas clasificadas na categoría inclusiva dentro da carreira
absoluta van a recibir un agasallo. Teremos tamén un agasallo para a persoa con máis
idade que remate a carreira.
ARTÍCULO 14 - ENTREGA DE PREMIOS
Outorgaránselles os premios no palco da entrega establecido con dito fin.
As/os atletas deberán situarse na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola
megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada
unha das categorías.