Lun, 28 Xan 2013, 11:22
Asunto: Re: Campeonato Galego de Cross Largo Riveira 27-01Cross Meno
pois eu non podo máis que felicitar á organización e a tódolos que fixeron posible este cross...
é posible que tiveran fallos, pero é meritorio o feito de levar un galego de cross a un lugar tan fermoso e pintoresco
que o día non acompañase, ou que as condicións non fosen as máis favorables, iso xa é outra cousa...
a min, particularmente, gústame o barro... e onte sufrín/disfrutei da dureza do circuito a partes iguais.
felicitar especialmente a
Pedro Nimo, pola exhibición mostrada dende a mesma recta de sdaida, sen dar opción a ninguén e sen mirar para atrás en ningún momento... simplemente espectacular.
e tamén moi especialmente a
Rubén Diz, 4º por detrás dos 3
miuras ,capaz de (volver a) demostrar a clase e calidade que sempre tivo, despois de tantos anos apartado da "alta" competición... e é que hai cousas que nunca se perden...
un saudo
sexo, zume de melocoton & rock'n roll