Calendario

Sun, 19 Apr 2015,


8:00 Event [8:30] A Coruña
9:00 POZO DO DEMO 5. [b]INSCRIPCIÓNS[/b]: Do 23 de marzo ao 15 de abril. [b]Coste[/b]: 2 €uros a entregar no momento de recoller o dorsal. [b]Medios de Inscrición[/b]: - Por correo electrónico: pozododemo.verin@hotmail.com / buzon@multisport.es - Por teléfono: Pavillón de Deportes (988.41.11.40), Multisport (988.41.44.23) ou Asociación de Sendeirismo "Ruta das Augas" (600.41.00.18) [b]Requisitos para inscribirse[/b]: Enviar a seguinte información. - Prova: Andaina. - Nome completo e Apelidos. - Data de Nacemento. - D.N.I. - Enderezo completo. - Teléfono de Contacto. - Clube ou Asociación de Pertenencia. [b]Recollida de Dorsais[/b]: - Venres, 17 (todo o día) e Sábado, 18 (pola mañá) - Multisport (R/ Irmáns Moreno). - Domingo 19 de abril - Pavillón de Deportes (de 07,30 a 08,45 horas). [b]Trazado[/b]: - Lonxitude: 20,800 Km. - Dificultade: Media-Alta. - Para consultar a ubicación e o perfil do trazado: - [b]Descrición[/b]: Saída dende o Pavillón de Deportes para dirixirse cara o pobo de Cabreiroá e atravesalo para contemplar as súas antigas rúas. Seguindo camiño pola chaira cara o núcleo de Tamagos, coménzase a subir ao monte Montemaior pola súa vertiente sur. Nesas rampas iniciais xa se poden ver vistas destacables do val de Monterrei ata o seu contacto coa fronteira portuguesa. Tras facer cumio, e baixar uns metros por un cortalumes, a ruta adéntrase nun camiño novo aberto polo Obradorio de Emprego do Pozo do Demo no que as vistas serán a seguir incomparables entre veredas e pasos verdes coloreados pola chuvia. Poderase consultar a flora e fauna local en paneis informativos dispostos ao largo deste treito. Ao chegar ao pobo de Veiga das Meás (avituaiamento), se emprende toda a baixada pola zona conocida como A Fraga, facendo ruta paralela ao río Quintas polo descenso do Pozo do Demo. Haberá dispostos varios balcóns para observar con todo detalle a fervenza do Pozo do Demo en todo o seu esplendor. A baixada, neste ano, prolóngase ata o pobo de Ábedes, onde teremos algúns tramos de alta dificultade polo seu perfil rompe-pernas. Ao alcanzar o val de novo, retórnase cara o lugar de saída, pasando pola fonte de Cabreiroá (podendo facerse unha parada para beber) e atravesando os frondosos piñeiros que escoltan as pistas de terra. En definitiva, a organización preparou un percorrido máis duro que o ano pasado pero que satisfará aos sendeiristas ávidos do disfrute máis aventureiro e paisaxístico que se pode ofertar nas terras de Verín. [b]Sinalización[/b]: O percorrido estará marcado por cinta branca-vermella e pintadas de cor amarelo. [b]Recomendacións para a Andaina[/b]: - Empregar calzado resistente e compacto (tipo botas de trecking para camiñar). Non é aconsellable o tenis deportivo para prevenir esbarramentos. Este ano hai zonas encharcadas e con barro que poden producir situacións de perigo. - Axudar a manter limpo o medio ambiente (non tirar botellas nin lixo). - A baixada polo Pozo do Demo discorre por pequenos penedos e restos de grava ou area polo que existe certo perigo de producirse pequenos esguinces ou perdas de equilibrio. - Facer a baixada en grupo ou parellas. Non se debe ir só. - Non saírse do trazado marcado pola Organización. [b]Servizos[/b]: - Control de Protección Civil e de Cruz Vermella. - Vestiarios e Duchas en Pavillón de Deportes e Piscina Climatizada (anexa). - Guardería Infantil Gratuita (para fillos/as dos participantes). - Avituaiamento na Andaina (en Veiga das Meás) e Pincho durante a entrega de premios e agasallos. [b]Regulamento Xeral de Pozo do Demo[/b]: 1.- A seguridade e control da prova correrá a cargo da Policia Municipal do Concello de Verín, de Protección Civil e o voluntariado que percorrerá o trazado da Andaina. 2.- Os únicos vehículos autorizados a seguir a prova serán os designados pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir ós camiñantes en moto, bicicleta, quads particulares, etc, por todo o circuito. 3.- A prova contará con persoal sanitario, situado ó inicio e fin do traxecto, así como durante o percorrido. 4.- A organización declina toda responsabilidade sobre danos físicos ou morais que, durante a participación na Andaina, un participante poda causarse a sí mesmo ou a terceiros, así como das neglixencias ou imprudencias que podan cometer durante o seu transcurso. Se ben, a organización disporá dun Seguro de Resposabilidade Civil por parte do Concello de Verín (coorganizador das provas). 5.- Estarán excluidos dos seguros mencionados anteriormente, os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis, etc. Tamén quedarán excluidos os producidos por desprazamentos a/ou desde o lugar no que se desenrola a prova. 6.- Non se admitirán inscricións para "Pozo do Demo"despois das 24 horas do 15 de abril de 2015. 7.- Toda persoa que non se inscriba no prazo asignado (ata o 19 de marzo) ou envíe unha inscrición incompleta, en canto aos requisitos pedidos, NON se lle concederá dorsal, polo que non se lle recoñecerá como participante lexítimo da Andaina. 8.- Toda persona que participe sen posuír dorsal ou non levalo durante o percorrido, o fará baixo a súa responsabilidade e non poderá participar no sorteo de agasallos, do pincho que se brindará, nin estará amparado/a polo seguros das provas. 9.- A prova soamente poderá ser suspendida polas inclemencias do tempo ou causas de forza maior. En casos extremos será a organización quen tome a última decisión. A organización resérvase o dereito de modificar aspectos organizativos do presente regulamento no caso de que o estime conveniente. 10.- A participación conleva a total aceptación deste Regulamento. Todo camiñante, polo feito de tomar a saída, acepta tanto o presente regulamento, como as decisións que tome a organización en caso de dúbidas que ponderan suscitarse para a seguridade ou comportamento cívico dos participantes. [b]Colaboradores[/b]: - Saudeter. - Cruz Vermella. - Protección Civil de Verín e Vilardevós. - BTT Verín. - Cadena COPE. - Os Trotamoteiros. - Inorde. - Asociación Cultural O Cigarrón. [b]Patrocinadores[/b]: - Augas de Cabreiroá. - AEVER. - Denominacion de Orixe Vinos de Monterrei. - GADISA. - HortoVerín S.L. - Multisport Verín - Hi-Tec. - Coca-Cola.">Event [9:15] Pozo do Demo 5 - Andaina
10:00 Event [10:45-13:45] Teo
Event [10:30-13:30] Pontevedra - 4 Picos

Os dorsais se recollen no Pavillón, non na saída do Balneario. - Categorías: * Xuvenil (1998-1999). * Xunior (1996-1997). * Promesa (1993-1994-1995). * Senior (1992 e anteriores ata chegar a Veterano). * Veterano (dende o día que se cumpre 35 anos). * SuperVeterano (dende o día que se cumpre 46 anos en adiante). - Descrición: Tras a Saída dende o incomparable marco do Balneario de Cabreiroá, a ruta se adentra nuns primeiros quilómetros de tobogáns "de sube-baixa" por pistas de terra, nos cales hai que atravesar un riachuelo (Km 1). Despois de pasar por baixo da autovía e afrontar outro pequeno riachuelo, comenza a subida ao monte Montemaior (Km 4). O traxecto discorre pola famosa "Ruta dos Carros", recientemente remozada por obradoiros especializados. Tras coronar a esixente rampa final de 400 m ao 34%, a carreira toma un pequeno respiro de pista chan, dende onde se pode observar todo o val de Verín e no que estará asentado un avituaiamento líquido (Km 5). Comenza unha veloz baixada de 400 metros, con bo firme e pouco técnica, por pistas cun desnivel máis moderado que antes, para adentrarnos en trazados técnicos de rodeiras e bosque (Km 6) ata volver a pasar por debaixo da autovía. Dende alí, a carreira gozará dun divertido e esixente traxecto por bosque técnico que acercará aínda máis aos corredores ao contacto coa natureza. A falla de 1,5 Km para a meta, o percorrido métese en asfalto para alcanzar o seu final no Pavillón de Deportes. En resumo, a organización dispuxo un percorrido mixto no cal se modificaron algunhas partes de pista e se trocaron por tramos técnicos de bosque para que os amantes do Trail teñan un bo e ameno adestramento. - Sinalización: O percorrido estará marcado por cinta branca-vermella e pintadas de cor vermello no chan. - RECOMENDACIÓNS XERAIS PARA O MINI-TRAIL: * Emprego de zapatilla de Trail (tramos con barro e auga que poden producir esbarramentos). * Axudar a manter o medio ambiente limpo (non tirar botellas nin lixo). * Buscar aparcadoiro nos aledaños do Pavillón de Deportes (para recoller o dorsal), sobre todo na rúa Canella Cega que está paralela a rúa do pavillón e trasladarse ata a saída no Balneario facendo trote, aproveitando para quentar. Está a 2 Km. * Non hai taquillas no Pavillón de Deportes pero sí na Piscina Climatizada. 2) [b]INFORMACIÓN SOBRE AS CARREIRAS ESCOLARES[/b] - Categorías e Horarios: * 10,30 > Cadete Masculino e Feminino (nados en 2000 e 2001) - 2.028 m. * 10,45 > Infantil Masculino e Feminino (nados en 2002-2003) - 2.028 m. * 11,00 > Alevín Masculino (nados en 2004-2005) - 1.014 m. * 11,10 > Alevín Feminino (nadas en 2004-2005) - 1.014 m. * 11,20 > Benxamín Masculino (nados en 2006-2007) - 676 m. * 11,30 > Benxamín Feminino (nadas en 2006-2007) - 676 m. * 11,40 > Pre-Benxamín Masculino e Feminino (nados en 2008 e 2009) - 338 m. * 11,45 > Pitufos Masculino e Feminino (2010 en adiante) - 175 m. - Saídas e Chegadas no Pavillón Municipal. [b]NOTA[/b]: Os atletas deben de presentarse con 30 minutos de antelación á súa carreira. [b]SERVIZOS[/b]: - Control de Policía Local, Protección Civil e de Cruz Vermella. - Vestiarios e Duchas en Pavillón de Deportes e Piscina Climatizada (anexa). - Guardería Infantil Gratuita (para fillos/as dos participantes). - Gardarroupa: déixanse os enseres na saída (Balneario de Cabreiroá) e recóllense no pavillón de deportes ensinando o dorsal. - Avituaiamento líquido nas Carreiras, avituaiamento sólido en Meta e Pincho durante a entrega de premios e agasallos. [b]PREMIOS[/b]: - Entrega de Premios: * Carreiras Escolares: Ao rematar todas as categorías escolares (aprox. 12.00 horas). * Mini-Trail: 13.30 horas. - Trofeo aos 3 primeiros clasificados por categoría e sexo (en carreiras escolares e mini-trail). - Trofeo aos vencedores absolutos do Mini-Trail (home e muller). - Trofeo ao vencedor local do Mini-Trail (home e muller). - Obsequio de botella de viño da Denominación de Orixe Monterrei e de botella de auga Magma de Cabreiroá aos primeiros clasificados absolutos. [b]REGULAMENTO XERAL DO POZO DO DEMO[/b]: 1.- A seguridade e control das provas, correrá a cargo da Policia Municipal do Concello de Verín, Protección Civil, Cruz Vermella e o voluntariado que dirixirá e controlará o tráfico rodado. A organización dispondrá, ó longo do percorrido, dos mecanismos de control suficientes para asegurar a correcta e deportiva disputa das provas. 2.- Os únicos vehículos autorizados a seguir as provas serán os designados pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir ós corredores en moto, bicicleta, quads particulares, etc, por todo o circuito. 3.- As provas contarán con persoal sanitario, situado ó inicio e fin das carreiras, así como durante o percorrido en lugares estratéxicos. 4.- Todo corredor/a (de calquera prova) que non respete o percorrido oficial, que non leve visible o dorsal (no peito) para a súa identificación, cometa algunha irregularidade, porte un dorsal distinto ó que se lle entregou ó formalizar a inscrición, mostre un comportamento anti-deportivo e/ou non respete as indicacións dadas pola organización, será automáticamente descalificado. 5.- O servizo médico e os xuíces que formen parte da organización están facultados para retirar durante as provas a calquera atleta que manifeste un mal estado físico. Calquera corredor/a con problemas médicos (alerxia, asma, etc..) deberá facelo constar no reverso do dorsal da prova. 6.- A organización declina toda responsabilidade sobre danos físicos ou morais que, durante a participación nas provas, un participante poda causarse a sí mesmo ou a terceiros, así como das neglixencias ou imprudencias que podan cometer durante o seu transcurso. Se ben, a organización disporá dun Seguro de Resposabilidade Civil por parte do Concello de Verín (coorganizador das provas). 7.- Estarán excluidos dos seguros mencionados anteriormente, os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis, etc. Tamén quedarán excluidos os producidos por desprazamentos a/ou desde o lugar no que se desenrolan as provas. 8.- Non se admitirán inscricións no "Pozo do Demo" despois das 24 horas do 15 de abril. Por tal efecto non se lle repartirá dorsal ningún. 9.- Toda persona que corra sen estar inscrita (que non leve dorsal), o fará baixo a súa responsabilidade, non será recoñecido como participante lexítimo e non poderá participar dos trofeos nin dos agasallos sorteados. Tampoco estará amparado/a polos seguros correspondentes das provas. 10.- As provas soamente podrán ser suspendidas polas inclemencias do tempo ou causas de forza maior. En casos extremos será a organización quen tome a última decisión. A organización resérvase o dereito a modificar aspectos organizativos do presente regulamento no caso de que o estime conveniente. 11.- Dado o carácter deportivo e popular das provas non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espíritu e comportamento deportivos de TODOS os participantes. A organización resérvase o dereito e modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellen (informando oportunamente en tempo e forma), e o non recollido no mesmo se resolverá segundo o criterio da mesma, sendo as súas decisións inapelables. 12.- A participación conleva a total aceptación deste Regulamento. Todo corredor/a, polo feito de tomar a saída, acepta tanto o presente regulamento, como as decisións que tome a organización en caso de dúbidas que poideran suscitarse para manter a seguridade dos atletas por mor de comportamentos incívicos ou irresponsables dos participantes. [b]COLABORADORES[/b]: - Saudeter. - Cruz Vermella. - Protección Civil de Verín e Vilardevós. - BTT Verín. - Cadena COPE. - Os Trotamoteiros. - Asociación Cultural O Cigarrón. - Inorde. [b]PATROCINADORES[/b]: - Augas de Cabreiroá. - AEVER. - Denominacion de Orixe Vinos de Monterrei. - GADISA. - HortoVerín S.L. - Multisport Verín - Hi-Tec. - Coca-Cola.">Event [11:30-14:30] POZO DO DEMO 5
11:00
12:00
13:00
14:00
15:00
16:00
17:00  
18:00  
19:00  
20:00  
21:00  
Vista: