Calendario
Info da proba

Pontevedra

12/09/2010 10:00 - 14:30
Regulamento I ANDAINA PONTEVEDRA ALMOFREI
Domingo, 12 de setembro de 2010
PROGRAMA
ANDAINA ADULTOS: Andaina que percorre a Senda do Lérez hasta a presa de Bora donde enlaza coa Senda do Almofrei, discorre pola súa banda dereita ata Os Pasos que unen Portamuiños e As Leiras, continuando pola súa banda esquerda ata A Fervenza onde sube ao Pico Sacro e retorna a Os Pasos por unha pista forestal e atravesando o lugar de O Salgueiral e As Leiras. Continuando desde eiquí ata a Illa das Esculturas polo mesmo percorrido que na ida.
IDADE: Maiores de 18 anos (os menores de esta idade poderán participar sempre que o fagan acompañados dos seus pais ou titores e baixo a súa responsabilidade).
LONXITUDE: 18 Km.
DIFICULTADE: Media-baixa.
SAÍDA: 10 horas da Illa das Esculturas.
DURACIÓN PREVISTA: 4 horas.
PECHE CONTROL: 14,30 horas.
AVITUALLAMENTOS: 2 (6,5 Km. e 11,5 Km.).
CUSTO INSCRICIÓN: 7 €.
INCLUE: Camiseta conmemorativa, avituallamento e xantar.
MÁXIMO INSCRICIÓN: 300

ANDAINA SALGUEIRAL - PONTEVEDRA: Dirixida a todos os veciños de O Salgueiral, As Leiras e a Peralba, para facer a andaina en sentido inverso, e dicir, con saída da casa da cultura do Salgueiral, baixar a Os Pasos e tras percorrer a Senda do Almofrei ata Bora e enlazar coa do Lérez chegar á Illa das Esculturas.
IDADE: Maiores de 18 anos (os menores de esta idade poderán participar sempre que o fagan acompañados dos seus pais ou titores e baixo a súa responsabilidade).
LONXITUDE: 7 Km.
DIFICULTADE: Baixa.
SAIDA: 12 horas da Casa da Cultura do Salgueiral.
DURACIÓN PREVISTA: 1,30 horas.
CUSTO INSCRICIÓN: 5 €
INCLUE: Camiseta conmemorativa e xantar.
MÁXIMO INSCRICIÓNS: 50.

ANDAINA XUVENIL: Desplazamento en autobús desde a Illa das Esculturas ata o lugar do Salgueiral para percorrer a Senda circular polo Río Almofrei, pasando por Os Pasos, O Castro da Cividade, A Balea, O muiño da Bouza, A Fervenza, e voltando de novo ata O Salgueiral para coller o autobús que os devolva á Illa das Esculturas.
Irán en todo momento acompañados de 1 guía e 1 monitor/a.
IDADE: De 11 a 17 anos (con autorización do Pai/Nai/Titor).
LONXITUDE: 5 Km.
DIFICULTADE: Media-baixa.
SAIDA: 10 horas da Illa das Esculturas.
DURACIÓN: 4 horas.
AVITUALLAMENTO: 1 (No muiño da Bouza)
CUSTO INCRICIÓN: 5 €.
INCLUE: Desprazamento en Bus ao Salguieral. Camiseta conmemorativa, avituallamento e xantar.
MÁXIMO INSCRICIÓN: 50.

ANDAINA INFANTIL: Percorrido de 2 Km. na Illa das Esculturas para os máis cativos donde terán ocasión de xogar e iniciarse no tema de senderismo. Estarán acompañados por 3 monitores/as
IDADE: de 5 a 12 anos.
LONXITUDE: 2 Km.
DIFICULTADE: Baixa.
DURACIÓN: 4 horas.
AVITUALLAMENTO: 1
CUSTO INSCRICIÓN. 3 €.
INCLUE: Camiseta conmemorativa, avituallamento e menú infantil.
MÁXIMO INSCRICIÓNS: 50.

SERÁ PRECISO RECOLLER O DORSAL ATA MEDIA HORA ANTES DE CADA PROBA.
ACONSÉLLASE UNHA MOCHILA PEQUENA PARA LEVAR LÍQUIDOS, ALIMENTOS, ETC. UNHA GORRA, PROTECCIÓN PARA O SOL, CALZADO CÓMODO E USADO CON CALCETÍNS.
PRÉGASE NON TIRAR LIXO NO RECORRIDO DA MARCHA. HABERÁ BOLSAS DE LIXO NOS POSTOS DE CONTROL.


MODALIDADES DE INSCRICIÓN
- Persoalmente: na rúa Echegaray, 39 baixo Pontev.
- Por fax: 986 86 45 98
- Por e-mail: anias@anias.es
Antes do día 10 de setembro mediante inscrición cuberta e resgardo de ingreso da cota en CAIXANOVA, nº: 2080 0480 11 0000131391
Tel información: 986 864 598