Calendario
Info da proba

A Coruña

09/10/2011 11:00 - 13:30
Regulamento
V Carreira Popular Coruña 10
Campionato Galego de 10 km en Ruta

Data: domingo, 9 de outubro de 2011.
Hora: 11:00 h.
Lugar: nas inmediacións do Obelisco, Cantones da Coruña.
Distancia: 10.000 m homologados pola RFEA.
Organiza: FGA y Concello da Coruña.
Inscrición: ata o xoves 6 de outubro ás 22:00 h.
Web: Federación Galega de Atletismo (FGA)





:: O teu obxectivo para o Coruña 10 - 2011 ::

:: Segue o Coruña 10 no foro ::


Art. 1) A Federación Galega de Atletismo e o Concello da Coruña organizarán o vindeiro 9 de outubro de 2011, en A Coruña, a IV Carreira Urbana Concello da Coruña e o Campionato Galego, absoluto e das categorías junior, promesa e veteranos, de 10 km en Ruta.

Art.2) No Campionato Galego poderán intervir todos aqueles atletas das citadas categorías, que se atopen en calquera das seguintes condicións:
1. Atletas que teñan fichado ó longo da tempada actual (2010/11) por algún Club pertencente á Galicia.
2. Atletas con ficha pola F.G.A., ainda que pertezan a Clubes doutras Comunidades Autónomas.
3. Atletas non galegos convidados expresamente pola Federación Galega de Atletismo, que non reúnan ningunha das dúas anteriores condicións.

Según acordo de Asemblea para optar a medalla os atletas estranxeiros deben cumprir as seguintes condicións:
a. Ter ficha por un club galego a lo menos nas tres últimas tempadas (incluída a actual).
b. Estar censados nalgún concello de Galicia.
c. Ter licencia pola FGA

Art.3) A saída da proba terá lugar nas inmediacións do Obelisco as 11 horas.

Art.4) INSCRICIÓNS: Ata o xoves 6 de outubro ás 22:00 horas. A través da páxina Web da Federación Galega de Atletismo http://www.atletismogalego.org

Tódolos impresos que non estean debidamente cubertos rexeitaranse.

CUOTA DE INSCRIPCIÓN: Os participantes na distancia de 10 km sin licencia pola FGA terán que abonar unha cuota de inscripción de 5 euros, que deberá ingresarse na seguinte conta: 0049-0007-27-2212107370. O resgardo de pago deberá presentarse na recollida do dorsal.

No ingreso deberá figurar o nome do-a participante, poñendo en observacións A Coruña 10.

Art.5) RETIRADA DE CHIPS E DORSAIS:
Poderase efectuar ó longo do sábado 8 de Outubro na tenda de Deportes El Corte Inglés (Rúa Manuel Murguía, na Casa do Auga) dende as 10:00 horas ata as 22:00 horas.

Tamén se poderá recoller o dorsal e o chip na zona de saída o domingo 9 de Outubro dende as 9:00 horas ata as 10:30 horas

Art.6) Todos os atletas inscritos recibirán unha camiseta conmemorativa.

Art.7) PERCORRIDO (10 kms homologados pola FGA)
Saída: Cantóns (Zona Obelisco)
Percorrido: Cantón Grande. Avenida da Mariña. Avenida de Montoto. Porta Real. Paseo da Dársena. Paseo do Parrote. Paseo Xeneral Sir John Moore, dirección Castelo de San Antón. Paseo de Ánimas. Paseo Marítimo (Orillamar, Pelamios, Club do Mar, Cidade deportiva da torre, Casa dos Peixes, Casa do home). Matadoiro (Hotel Melia María Pita). Avda. Pedro Barrié da Maza. Buenos Aires(ida). Praza de Portugal (ida). Paseo de Ronda/Pazo de Deportes (ida). Rotonda das Escravas (ida). Manuel Murgía (ida). Casa do Auga (xiro). Manuel Murgía (volta). Paseo de Ronda/Pazo de Deportes (volta). Praza de Portugal (volta). Buenos Aires (volta). Avda. Rubine. Praza de Pontevedra (carril bus). San Andrés. Santa Catalina. Cantón Grande (ida). Avenida da Mariña (ida). Avenida de Montoto (ida). Rotonda de Porta Real. Avenida de Montoto (volta). Avenida da Mariña (volta). Cantón Grande (volta).

Meta: Cantóns (Zona Obelisco)



Art.8) PREMIOS CLASIFICACIÓN ABSOLUTA (HOMES E MULLERES)

Premios non acumulables. Abonarase o de maior cuantía. Exemplo: Se o primeiro corredor galego quedase segundo na clasificación xeral abonaríaselle 600 euros e non 600 € + 400 €

Xeral:
1º Clasificado/a: Trofeo e 800 €
2º Clasificado/a: Trofeo e 600 €
3º Clasificado/a: Trofeo e 500 €
4º Clasificado/a: 400 €
5º Clasificado/a: 300 €
6º Clasificado/a: 250 €
7º Clasificado/a: 200 €
8º Clasificado/a: 150 €

Galegos (premio non acumulable):
1º Clasificado/a Galego/a: 400 €
2º Clasificado/a Galego/a: 300 €
3º Clasificado/a Galego/a: 200 €
4º Clasificado/a Galego/a: 100 €

Art.9) PREMIO ESPECIAL RECORD DA PROBA (premio acumulable): O atleta que gañe a carreira e que bata o record da proba tanto na categoría masculina (28:09) como na feminina (31:40) obterá un premio de 1.000 euros.

Art.10) Os participantes deberán levar en todo momento o dorsal (no peito) e o chip (na zapatilla) proporcionado pola organización. A non visibilidade do dorsal supón a retirada do atleta do circuito e non levar o chip supón a descalificación do atleta

Art. 11) Non se permite o acompañamento dos participantes con ningún tipo de medio humano ou técnico.

Art. 12) Os atletas situaranse na saída 15 minutos antes da hora prevista da carreira

Art. 13) Na carreira popular de 10 km estableceranse as seguintes categorías tanto en homes coma en mulleres:
Júnior: nados en 1992 e 1993
Promesa: nados en 1989, 1990 e 1991
Sénior: nados en 1988 ata veteranos
Veteranos 1: de 35 a 40 anos cumplidos ata o día da proba.
Veteranos 2: de 41 a 49 anos cumplidos ata o día da proba
Veteranos 3: de 50 a 59 anos cumplidos ata o día da proba
Veteranos 4: A partir de 60 anos de idade cumplidos ata o día da proba

Os tres primeiros clasificados de cada categoría na carreira popular recibirán trofeo.

Os tres primeiros clasificados no Campionato Galego, tanto da clasificación absoluta, como das categorías junior, promesa e das de veteranos recibirán unha medalla conmemorativa do campionato.

Art. 14) A organización establecerá distintos controis polo circuito para controlar o paso dos participantes.

Art. 15) Tódalas persoas inscritas na proba deberán devolver o chip ó rematar á mesma. A non devolución ou pérdida do mesmo implica o pago da cuota de 5 euros á FGA así como o non dereito de recibir regalo algún e aparecer na clasificación.

Art. 16) Estableceranse puntos de avituallamento durante o percorrido para favorecer a hidratación dos participantes.

Art. 17) O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuices. Tódalas reclamacións deberán facerse directamente ó xuiz árbitro da proba.

Art. 18) A entrega de premios realizarase na zona próxima ó Obelisco a partir das 13:30 horas. A non presentación do propio atleta para recoller o premio será motivo da perda do mesmo. Non se entregará o premio a outra persoa que non sexa o propio atleta.

Art. 19) O peche da meta producirase unha hora despois da entrada en meta do primeiro clasificado.

Art. 20) A Organización poderá pedir a presentación de algún documento de identidade (DNI ou pasaporte) a todos os atletas que obtivesen algún premio. A non presentación deste documento implicará a non entrega do premio.

Art. 21) A organización terá a disposición dos atletas un servicio de masaxe e fisioterapia ademais de persoal sanitario e ambulancia.

Art.22) Haberá duchas para todos os participantes no Pazo dos Deportes de Riazor, así como aseos na zona de saída e meta.

Art. 23) A organización ten contratado un seguro de responsabilidade civil, así como un seguro de accidentes para todos os atletas que participen.

Art. 24) Todo o non disposto neste regulamento resolverase pola normativa da Federación Galega de Atletismo, ou no seu caso, pola propia Real Federación Española de Atletismo.

Art. 25) Todos os atletas que se inscriban nesta proba dan por aceptado e deben cumplir todos os aspectos reflexados neste regulamento.

CARREIRA DE MENORES -A- 4.000 metros (Categorías infantil, cadete e xuvenil)
Art. 26) A saída e meta terá lugar nas inmediacións do Obelisco ás 12:30 horas. Os participantes deberán situarse nesta zona 5 minutos antes da proba.

Art 27) As categorías serán as seguintes: infantil nados no 1998/99, cadete nados no ano 1996/97 e xuvenil nados no ano 1994/95.

Art 28) A carreira terá un percorrido de 4000 metros aprox. Saída, xiro en Porta Real e ó chegar ó sinal de meta nos Cantóns quedarán dúas voltas.

Art. 29) Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto en nenos coma en nenas.

CARREIRA DE MENORES -B- 1.200 metros (Categorías benxamín e alevín)
Art. 30) A saída terá lugar na zona do Obelisco ás 13:00 horas. Os participantes deberán situarse na zona de saída 5 minutos antes da proba.

Art. 31) As categorías serán as seguintes: Benxamín: nados no 2002/03, alevin nados no 2000/2001.

Art. 32) A carreira terá un percorrido de aproximadamente 1.200 metros. Saída, xiro en Porta Real e chegada a meta nos Cantóns.

Art. 33) Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto en nenos coma en nenas.

CARREIRA DE PITUFOS 150 metros (Nados no ano 2004 e posteriores)
Art. 34) A saída e meta será nas proximidades do Teatro Colón ás 13:15 horas. Os familiares poderán acompañar ós nenos en todo o percorrido. Os participantes deberán situarse na zona de saída 5 minutos antes da proba. A carreira terá un percorrido de 150 metros.

Art. 35) Haberá unha única categoría pitufo (nados no ano 2004 e posteriores), entregaranse agasallos ou medallas a todos os nenos que cheguen á meta.


:: Segue o Coruña 10 no foro ::