Calendario
Info da proba

Vigo

29/04/2012 10:00 - 13:30
Regulamento
XXXV Trofeo de Campo a Través en San Miguel de Oia, Vigo

Data: domingo, 29 de abril de 2012.
Hora: a partires das 10:00 h.
Lugar: campos Loureiro – Camiño da Verdella de San Miguel de Oia.
Distancia: de 100 a 8.000 m.
Organiza: Sociedade Deportiva Atletismo San Miguel de Oia.
Inscrición: Ver punto 5 do regulamento.





:: Participa no foro de carreiras populares ::


REGULAMENTO
A Sociedade Deportiva Atletismo San Miguel de Oia , ten o privilexio de convidalos a participar no XXXV Trofeo de Campo a Través que se celebrará o vindeiro 29 de abril de 2012 a partires das 10:00 da mañá nos campos Loureiro – Camiño da Verdella de San Miguel de Oia, dacordo coas seguintes normas:

1º A participación e aberta a atletas federados ou non federados con excepción dos atletas extranxeiros agas os portugueses que non teñan sido internacionais nos últimos cinco anos.

Celébranse varias carreiras e a hora de saida e distancias a percorrer das probas serán:

HORA CATEGORÍA ANO VOLTAS DISTANCIA
10:00 CADETE FEMININO 1997-1998 1 volta p + 1 volta g 2.100 m.
10:15 CADETE MASCULINO 1997-1998 2 voltas g 3.150 m.
10:35 INFANTIL FEMININO 1999-2000 1 volta g 1.575 m.
10:50 INFANTIL MASCULINO 1999-2000 1 volta p + 1 volta g 2.100 m.
11:00 ALEVÍN FEMININO 2001-2002 2 voltas p 1.075 m.
11:10 ALEVÍN MASCULINO 2001-2002 2 volta p 1.075 m.
11:20 CARREIRA POPULAR (Ambos sexos) 1989- e anteriores 5 voltas grandes 8.000 m
12:10 XUVENIL E JUNIOR (ambos sexos) 93-94-95-96 1 volta p + 2 voltas g 3.700 m.
12:30 BENXAMÍN FEMININO 2003-2004 2 volta p 1.075 m.
12:40 BENXAMÍN MASCULINO 2003-2004 2 voltas p 1.075 m.
12:50 PREBENXAMÍN FEMININO* 2005-2006 1 volta p 527 m.
13:00 PREBENXAMÍN MASCULINO* 2005-2006 1 volta p 527 m.
13:05 OLÍMPICOS FEMININO* 07-08-09-10 CIRCUITO CHAN 100 m.
13:10 OLÍMPICOS MASCULINO* 07-08-09-10 CIRCUITO CHAN 100 m.
13:30 ENTREGA DE PREMIOS

*Estas carreiras son de promoción non oficiais.

Volta grande (1.575 m)


Volta pequena (527 m)


2º As carreiras están baixo o control técnico do Comité de Xuices da Delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo.

3º Os dorsais serán facilitados pola organización e deberán levarse en toda sua extensión, sen dobreces que dificulten a sua visión po los Xuices, sendo o contrario motivo de descalificación.

4º Tódolos clubes, centros escolares ou agrupacións teñen que estar representados por un delegado que deberá presentarse en secertaría como mínimo media hora antes da hora prevista para o inicio da competición a fin de retirar os dorsais e documentación da mesma.

5º As inscripcións faránse a través do e-mail do clube: sanmigueldeoya@hotmail.com ou no fax da Delegación da FGA: 986 441 216, tendo como fecha límite o día 25 de abril ás 20:00 horas, farase constar obrigatoriamente na mesma: Nome e dous apelidos e data de nacemento, no caso de atletas federados incluirán tamén, nº de licencia e clube.

Premios . Para as categorías hasta cadetes entregaránselle trofeo os tres primeiros de cada categoría e sexo, e medalla ó resto dos participantes, solo na carreira escolar.

Nas categorías Xuvenil e Junior feminimo e masculino, entregaranse trofeos os tres primeiros clasificados de cada categoría.

Na carreira popular entregaranse trofeos os tres primeiros das seguintes categorías, tanto feminino como masculino:
A - Nados entre os anos 1990 e 1977.
B - Nados entre os anos 1976 e 1968.
C - Nados entre os anos 1967 e 1959.
D - Nados entre os anos 1958 e 1954.
E - Nados entre os anos 1955 e 1944
F - Nados entre os anos 1943 e anteriores.

7º Os premios individuais non serán acumulables.

8º A proba está cubierta cun seguro de responsabilidade civil obligatorio e seguro de accidentes.

9º A organización desta proba non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasiones os participantes desta carreira, así como das negligencias que poidan cometer durante o seu transcurso.

10º As reclamacións sobor de este regulamento e outras incidencias non contempladas no mesmo faranse de acordó cos regulamentos da IAAF, RFEA e FGA en vigor.

11º A inscripción nesta competición implica a aceptación do presente regulamento.

Localización


:: Participa no foro de carreiras populares ::