Calendario
Info da proba

A Silva

10/11/2012 16:00 - 19:00
Regulamento
VIII Carreira Popular A Silva, Cerceda

Data: sábado, 10 de novembro de 2012.
Hora: a partir das 16:00 h. Proba absoluta ás 17:40 h.
Lugar: A Silva, Cerceda.
Distancia: 10.000 m. (novo percorrido)
Organiza: Club Atlética A Silva e Concello de Cerceda.
Inscrición: Ver punto 4 do regulamento.



:: Participa no foro de carreiras populares ::


O clube ATLÉTICA A SILVA, xunto co CONCELLO DE CERCEDA, organizan o sábado 10 de novembro, de 16 a 19 horas, a VIII Carreira Popular Pedestre "A Silva 2012" con saída e chegada no campo da feira de A Silva (a 9 km de Cerceda e a 17 km de Órdes), discurrindo toda por terreo asfaltado.

REGULAMENTO DA PROBA
1. Poderán participar atletas federados e non federados.

2. CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN (feminina e masculina):
-*CHUPETE: nacidos no 2008 e posteriores
-*PITUFO: nacidos no 2007-2006
-BENXAMÍN: nacidos no 2005-2004
-ALEVÍN: nacidos no 2003-2002
-INFANTIL: nacidos no 2001-2000
-CADETE: nacidos no 99-98
-XUVENIL: nacidos no 97-96
-JUNIOR: nacidos no 95-94
-PROMESA: nacidos no 91-92-93
-SENIOR: nacidos no ano 1990 e anteriois, ata veterán.
-VETERANS: a partir de 1977 e agrupados de 5 en 5 años.
-DISCAPACITADOS: (correrán na categoría que lle corresponda por idade).
-AFECCIONADOS: nacidos no 1994 e anteriois (nesta categoría so poderán participar atletas non federados).
*As categorías CHUPETE e PITUFO non son categorías federativas.

3. HORARIOS e DISTANCIAS:
16:00 h CHUPETE (100 metros)
16:10 h PITUFO (300 metros)
16:20 h BENXAMÍN (800 metros). 2 voltas ao campo da feira.
16:30 h ALEVÍN (1200 metros). 3 voltas ao campo da feira.
16:45 h INFANTIL (1800 metros). 1 volta ao circuito grande.
17:10 h. CADETE – XUVENIL – AFECCIONADOS (2200 metros).
1 volta campo da feira (400 m) + 1 volta ao circuito grande (1800 m).
17:40 h ABSOLUTA - SENIOR-JUNIOR-PROMESA.-VETERANS (10.000 metros).
1 volta ao novo circuito.
18:40 h. ENTREGA DE TROFEOS e SORTEOS.

4. INSCRIPCIONS CARREIRA:
- Inscrición SÓ de menores que non teñan DNI : Gratuita, no correo ceip.celso.emilio.ferreiro@edu.xunta.es ata o martes 6 de novembro
- Inscricións en categorías menores para nenos con DNI e tamén para a carreira absoluta de 10.000 m: Championchip Norte

PREZOS DE INSCRICIÓN
CARREIRA ABSOLUTA/CADETE/XUVENIL/AFECCIONADOS:
*Prezo ata o Martes 6 de novembro =
3 € : propietarios chip.
5 €: no propietarios chip (2€ polo alquiler do chip).
*Prezo mércores 7 e xoves 8 de novembro = 6€ propietarios chip. 8€ no propietarios.

CARREIRAS CATEGORÍAS MENORES DENDE PITUFOS A
INFANTIL INCLUSIVE:
*Prezo ata o Martes 6 de novembro = GRATUITA
*Prezo mércores 7 e xoves 8 de febrero = 3€
Aqueles que marquen descontos que non lles correspondan, serán borrados da inscricción.

¡Non se admitirán inscricións despois do xoves 8 de novembro!

Deberán indicar os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento completa, sexo, DNI-NIF, club, dirección, localidade e teléfono.

5. PREMIOS e OBSEQUIOS
Os trofeos non serán acumulativos. Se entregará:
- Trofeo aos 3 primeiros homes e mulleres, da carrera ABSOLUTA.
- Trofeo aos 3 primeiros de cada categoría e sexo.
- Camiseta conmemorativa (debuxo orixinal concurso escolar 2012) aos 400 primeiros que cheguen a meta.
- Trofeo ao mellor atleta local de cada categoría (sempre e cando non estea entre os 3 primeros da súa categoría).
- Trofeo ao atleta de maior idade, tanto feminino como masculino.
- Bebidas e froita e demais agasallos, ao término de cada proba.
- Obsequio especial aos primeiros atletas masculino e feminino da carreira Absoluta e mellor clasificado local, tamén da absoluta.

6. SAÍDA - META: Campo da feira de A Silva.

7. DORSAIS : A tódolos participantes facilitaráselle dorsal correspondente a súa categoría, colocandoo no seu peito de forma visible para a súa identicicación durante a proba e a chegada. O feito de non levalo dará lugar á descalificación do corredor. A RECOLLIDA do dorsal faráse o mesmo día 10 de novembro, dende 1 h antes do comezo de cada proba ata media hora antes de cada categoría.

8. CHIP: os atletas, dende cadete, estarán ademais, identificados a través dun chip que se entregará a cada corredor (excepto aos propietarios de chip amarelo) e que deberán colocar nas zapatillas antes da saída. Chegar a meta sin chip, será obxeto de descalificación. Todos os que non sexan propietarios do chip, teñen a OBRIGA de devolvelo ao finalizar a proba.

9. CONTROIS: O longo do percorrido, a organización establecerá controis que estimen oportunos, os cales poderán ser descalificantes para o que cometa algunha irregularidade.

10. Avituallamiento : entregaráse auga no km 5 da carreira absoluta.

11. A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes destas carreiras, se ben, en todo momento
estará disposto un equipo de Protección Civil.

12. Dado o carácter estrictamente popular, festivo e deportivo desta proba, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espíritu deportivo.

13. O descoñecemento deste regulamento, non exime do seu cumprimento.

14. ANEXO : Percorridos






:: Participa no foro de carreiras populares ::