Calendario
Info da proba

Coruña 21

24/02/2013 10:30 - 13:00
Regulamento
V Medio Maratón Coruña21

Data: domingo, 24 de febreiro de 2013.
Hora: 10:00 h.
Lugar: saída e meta do Cantón Grande, A Coruña.
Distancia: 21.097 m (3 voltas a un circuito de 7 km).
Organiza: Concello da Coruña e Federación Galega de Atletismo.
Inscrición: Na web da proba ou presencial. Ver artigo 4 do regulamento.
Web: Federación Galega de Atletismo



:: Comenta o Coruña21 neste tema do foro ::


REGULAMENTO

Art.1).- A Federación Galega de Atletismo e o Concello da Coruña organizarán o vindeiro 24 de Febreiro de 2013 na Coruña o V Medio Maratón Coruña21. A saída da carreira terá lugar ás 10:00 horas no Cantón Grande da Coruña, sendo a chegada na mesma zona.

Art.2).- A proba celebraráse sobre a distancia de 21.097´50 metros. O percorrido está medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo e ten un perfil totalmente chan e por asfalto na súa totalidade. A proba disputarase nun circuito totalmente urbán completamente pechado ao tráfico rodado na súa totalidade.

Realizaranse 3 voltas ó seguinte percorrido (ver plano ao final da páxina):
Saída en Cantón Grande diante do Obelisco. Cantón Pequeno (ida). Praza de Mina (ida). Sánchez Bregua (ida). Praza de Ourense (ida). Linares Rivas (ida). Primo de Rivera (ida). Praza da Palloza (ida). Avda. do Exército (ida). Xiro en Casa do Mar á Estrada do Porto (ida). Rotonda Porta de San Diego (ida). Estrada do Porto (ida). Entrada e saída ó Porto Pesqueiro de Oza.

Estrada do Porto (volta). Rotonda Porto San Diego (volta). Saída da Estrada do Porto pola Casa do Mar (volta). Avda. do Exército (volta). Praza da Palloza (volta). Primo de Rivera (volta). Linares Rivas (volta). Praza de Ourense (volta). Sánchez Bregua (volta). Praza de Mina (volta). Cantón Pequeno (volta). Cantón Grande (volta). Avda. da Mariña (ida). Avda. de Montoto (ida). Rotonda Porta Real. Avda. de Montoto (volta). Avda. da Mariña (volta). Cantón Grande (volta).

A Meta estará situada 97´50 metros diante do devandito punto de Saída.

Art.3).- O tempo máximo para percorrer a distancia é de 2 horas e 30 minutos, polo que o control de chegada pecharase ás 12:30 horas. Pasada esa hora os corredores que permanezan en carreira deberán retirarse do circuíto.

Art.4).- Os atletas poderán realizar as inscripcións da seguinte maneira:

a. A través da pasarela de pago insertada na páxina online da Federación Galega de Atletismo www.atletismogalego.org. Estará operativa dende as 20:00 horas do 21 de Xaneiro ata ás 20:00 horas do 19 de Febreiro de 2013. Non se aceptarán inscricións fóra de prazo.

b. Cubrindo o formulario de inscripción e abonando a correspondente cuota, no Departamento de Deportes de El Corte Inglés, dende o 25 de Xaneiro ata ás 22:00 horas do 19 de Febreiro de 2013.

Ubicación dos Centros El Corte Inglés (A Coruña)
Centro Ramón y Cajal
- Departamento de Deportes (7ª planta)
- Ramón y Cajal, 57 e 59
Centro Casa del Agua
- Tienda de Deportes
- Av. Manuel Murgía, s/n (Casa del Agua)
Centro Comercial Marineda City
- Departamento de Deportes (2ª planta)
- Carretera Baños de Arteixo, s/n. Polígono Industrial de La Grela
Cuota da inscripción:
- 15 € para os poseedores de chip amarelo
- 18 € para o resto dos participantes

Art.5).- O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuices. Todas as reclamacións deberán facerse verbalmente ó Xuiz Árbitro da proba ata 30 minutos despois da publicación dos resultados. Serán descualificados os corredores/as que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, Xurado, Servizos Médicos ou membros da Organización debidamente identificados.

Art.6).- CATEGORÍAS (homes e mulleres)
- Júnior, nados/as en 1994 e 1995
- Promesa, nados/as en 1991, 1992 e 1993
- Senior, nados/as dende 1990 ata veteranos
- Veteranos 1: de 35 a 40 anos cumplidos ata o día da proba.
- Veteranos 2: de 41 a 49 anos cumplidos ata o día da proba
- Veteranos 3: de 50 a 59 anos cumplidos ata o día da proba
- Veteranos 4: A partir de 60 anos de idade cumplidos ata o día da proba

Art.7).- A recollida de dorsais poderase efectuar ó longo do sábado 23 de febreiro no centro comercial El Corte Inglés (c/ Ramón y Cajal 57-59) dende as 10:00 ás 14:00 e desde as 16:00 ás 20:00 horas. Tamén se poderá recoller o dorsal e o chip na zona de saída o domingo 24 de febreiro dende as 08:00 horas ata as 09:00 horas. Non se entregará ningún dorsal fóra destes prazos.

Art.8).- O dorsal deberá estar colocado no peito de forma totalmente visible, sin dobreces, e así deberá levarse durante toda a proba. A participación sin dorsal ou chip, co correspondente a outro corredor ou con outro que no sexa o oficial da proba está totalmente prohibida e supondrá a exclusión inmediata da proba por parte do Xurado ou membros da Organización.

Art.9).- O cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips. Habrá varios puntos de control de chips ó longo de todo o percorrido. Os participantes que non cumplan con o paso por tódolos puntos quedarán descalificados e non aparecerán nos resultados finais. O chip terá que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas ou no nocello. Lembramos ós non propietarios do chip, a obrigatoriedade de devolvelo unha vez rematada a carreira, nos puntos de recollida sinalizados na zona de chegada. No caso de esquecelo de forma involuntaria, contactar co Servizo Municipal de Deportes.

Art.10.- Premios :

PROBA ABSOLUTA
Categoría Homes Posto Trofeo Premio Condición (1)
Absoluta Si 1º Si 1200 € Realizar 1:05:16 o menos (2)
Absoluta Si 2º Si 800 € Realizar 1:05:16 o menos
Absoluta Si 3º Si 600 € Realizar 1:05:16 o menos
Absoluta Si 4º 400 € Realizar 1:05:16 o menos
Absoluta Si 5º 200 € Realizar 1:05:16 o menos
Absoluta Si 6º 100 € Realizar 1:05:16 o menos
(1) En caso contrario, aplicarase unha rebaixa do 50%.
(2) Marca número 10ª do Ránking de España da tempada 2011/12.

Categoría Mulleres Posto Trofeo Premio Condición (1)
Absoluta Si 1º Si 1200 € Realizar 1:16:04 o menos (2)
Absoluta Si 2º Si 800 € Realizar 1:16:04 o menos
Absoluta Si 3º Si 600 € Realizar 1:16:04 o menos
Absoluta Si 4º 400 € Realizar 1:16:04 o menos
Absoluta Si 5º 200 € Realizar 1:16:04 o menos
Absoluta Si 6º 100 € Realizar 1:16:04 o menos
(1) En caso contrario, aplicarase unha rebaixa do 50%.
(2) Marca número 10ª do Ránking de España da tempada 2011/12.

ATLETAS GALEGOS (3)
Categoría Homes Posto Trofeo Premio Condición (1)
Absoluta Si 1º Si 300 € Realizar 1:09:21 o menos (2)
Absoluta Si 2º Si 200 € Realizar 1:09:21 o menos
Absoluta Si 3º Si 100 € Realizar 1:09:21 o menos
(1) En caso contrario, aplicarase unha rebaixa do 50%.
(2) Marca número 50ª do Ránking de España da tempada 2011/12.
(3) Serán considerados atletas galegos aqueles que presenten un certificado de empadroamento en algún dos concellos de Galicia.

Categoría Mulleres Posto Trofeo Premio Condición (1)
Absoluta Si 1º Si 300 € Realizar 1:23:43 o menos (2)
Absoluta Si 2º Si 200 € Realizar 1:23:43 o menos
Absoluta Si 3º Si 100 € Realizar 1:23:43 o menos
(1) En caso contrario, aplicarase unha rebaixa do 50%.
(2) Marca número 50ª do Ránking de España da tempada 2011/12.
(3) Serán consideradas atletas galegas aquelas que presenten un certificado de empadroamento en algún dos concellos de Galicia.

ATLETAS CORUÑESES (4)
Categoría Hombres Puesto Trofeo Premio Condición
Absoluta Si 1º Si 100 €
Categoría Mujeres Puesto Trofeo Premio Condición
Absoluta Si 1º Si 100 €
(4) Empadroados no Concello de A Coruña. Para recoller os premios aos mellores coruñeses deberáse remitir a secgeneral@fgatletismo.com certificado de empadronamento.

Os premios en metálico non serán acumulativos . En caso de duplicidade, abonarase a cuantía mais alta. Para poder recoller os premios deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos atletas, por medio do DNI os españois ou documento legal en vigor (pasaporte) os estranxeiros.

Co obxecto de poder revisar as condicións estipuladas e atender a calquera posible reclamación, á organización resérvase a posibilidade de facer entrega dos premios en metálico a partír do luns seguinte á data da competición.

Os premios en metálico estarán suxeitos ás retencións legais vixentes.

Asemade entregaránse trofeos aos tres primeiros/as de cada unha das categorías indicadas no artigo 6.

Art.11).- Os participantes deberán colocarse na zona acotada que lles corresponda na Saida, segúndo el dorsal que teñan asignado. Deberán estar nos seus postos 10 minutos antes do disparo oficial de Saida.

Art.12).- Estableceranse puntos de avituallamento durante o percorrido e na liña de Meta para favorecer a hidratación dos participantes. Calquer avituallamiento fora da zona marcada pode supoñer a descualificación da proba. Asemade se porá a disposición dos corredores contenedores suficientes para a recollida dos residuos, que son de uso obrigado, polo que a non utilización por parte dos atletas, porá suponer a descalificación.

Art.13).- A proba contará cos servizos médicos regulamentados. Asemade a organización terá á disposición dos atletas un servicio de podólogos e fisioterapia.

Art.14).- Haberá duchas para todos os participantes no Pazo dos Deportes de Riazor, e facilitarase un servizo de bus que faga viaxes de ida e volta desde a Rúa de San Andrés, na Praza de Santa Catalina, ata o Pazo dos Deportes de Riazor. Tamén haberá a disposición dos corredores baños portátiles na zona de saída e meta e outras partes do circuíto.

Art.15).- Os participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sin axudas materiais de ningún tipo. Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á Organización. Nin bicicletas, patins ou personas non inscritas na proba que podan acompañar, avituallar ou marcar ritmos os participantes.

Non se permite a participación con coches ou sillas de nenos, nin correr acompañados de menores ou animais en ningún momento da proba.

Art.16).- A Organización non se fai responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os corredores/as por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o atleta declara ter realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións para realizar a proba e faino baixo a súa responsabilidade, eximindo a organización das posibles consecuencias derivadas desta circunstancia.

Art.17).- Todos os corredores/as polo feito de realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e ou internet. Mediante a súa inscrición, o corredor consente expresamente que os seus datos sexan utilizados pola organización (FGA e Concello da Coruña) para comunicacións sobre as súas actividades.

En todo caso, e tal e como establece a Lei de protección de datos, o/a interesado/a pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante un escrito ou correo electrónico ao Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña, Rúa Manuel Murguía (Palacio Municipal de Deportes de Riazor) s/n. 15011 A Coruña; deportes@coruna.es, ou ben á Federación Galega de Atletismo secgeneral@fgatletismo.com.

Art.18).-Esta proba pertence ao calendario oficial da Real Federación Española de Atletismo e mediante a sua inscrición, o corredor consiente expresamente que os seus datos sean cedidos ao programa Carnet Corredor da devantida federación e as compañías participantes no mesmo para as suas campañas promocionais. A titularidade do Carnet del Corredor Plus e/ou a organización da proba garantizarán que
o corredor participa cubierto por un seguro de responsabilidade civil e de accidentes en calquer proba do calendario oficial da RFEA na que toma parte. As condicións xerais do programa Carnet Corredor e os seus medios promocionais poden consultarse na páxina web: www.carnetcorredor.es. En todo o caso, e tal e como establece a Ley de Protección de Datos, o interesado pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico ao Programa Carnet Corredor de la Real Federación Española de Atletismo. Avda. de Valladolid, 81 – 28008 Madrid. rfea@rfea.es."

Art.19).- ENTREGA DE PREMIOS A entrega de premios realizarase na zona do Palco da Música (Jardines de Méndez Núñez), a partir das 13:00 horas.

Os atletas premiados deberán situarse na zona próxima á entrega de premios no momento en que polar megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha das categorías.

Con carácter xeral, os atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega, perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podium os atletas premiados. Non se entregará o premio a ninguén que non sexa o propio atleta.

Agradecémoslles aos responsables dos clubs que teñan constancia de que o atleta non está presente, que o comuniquen na zona de premios, para evitar esperas innecesarias.

Para aqueles que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega, deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos.

Art.20).- Todo o non disposto neste regulamento resolverase pola normativa da Federación Galega de Atletismo, ou no seu caso, pola propia Real Federación Española de Atletismo.

Art.21).- Todolos atletas que se inscriban nesta proba dan por aceptado e deben cumplir todolos aspectos reflexados neste regulamento.

ANEXO: PLANO E CARACTERÍSTICAS DO CIRCUÍTO
O plano e características do circuito é o seguinte:


O percorrido estará debidamente sinalizado, é totalmente chairo e terá marcados todos os puntos quilométricos.

A carreira terá lugar unicamente pola calzada do tráfico rodado, sen utilizar ningunha zona peonil. Está prohibido o uso como zona de carreira das beirarrúas, sebes centrais, zonas axardinadas, etc. O non cumprimento desta norma, así como recortar sobre o trazado oficial, poderá supoñer a descualificación do infractor.


:: Comenta o Coruña21 neste tema do foro ::