Calendario
Info da proba

CUVI, Vigo

10/03/2013 9:30 - 13:30
Regulamento
VII Carreira / Andaina 10 Km Cidade Universitaria, Vigo

Data: domingo, 10 de marzo de 2013.
Hora: 11:00 h.
Lugar: Campus Lagoas - Marcosende, Vigo.
Distancia: 10.000 m.
Andaina de 17 km.
Organiza: Servizo de Deportes da Universidade de Vigo
Inscrición: ata as 14:00 h do martes 5 de marzo.
Web: Servizo de Deportes da Universidade de Vigo



:: Participa no foro de carreiras populares ::


O vindeiro 10 de marzo no Campus Lagoas - Marcosende. Inscricións ata as 14:00 h do martes 5 de marzo.

> Que é?
A carreira e andaina 10 KM CIDADE UNIVERSITARIA 2013 é unha iniciativa do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo na que colaboran a Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo e o Círculo Mercantil de Vigo.

> Información xeral
A VII edición da carreira a pé desenvolverase o vindeiro 10 de marzo no campus de Vigo e nela agárdase ter unha participación cercana ás 800 persoas. Este ano o circuito da carreira mantense sen cambios respecto da edición do 2012 e consistirá en dúas voltas de 5 quilómetros.

Tamén nesta edición, e por segunda vez dende que se realiza o evento, organizarase de xeito paralelo unha andaina de 17 km de lonxitude e que transcorrerá polo entorno do Campus Universitario chegando ata o Alto do Galiñeiro. Tralo éxito desta iniciativa o ano pasado agárdase unha participación dunhas 150 persoas.

> Inscricións:
Aberta ás persoas nadas no ano 1995 ou anteriores (no caso da carreira) ou no ano 2000 ou anteriores (no caso da andaina).

Prazo e modos de inscricións
>O prazo de inscrición estará aberto ata o martes 5 de marzo ás 14.00 horas.

>Procedemento para a carreira : única e exclusivamente a través do sitio web www.deportes.uvigo.es con enlace á paxina de www.championchipnorte.com. So poderán participar os nacidos en 1995 ou anos anteriores.

As categorías establecidas para esta proba son: júnior (nacidos nos anos 1994 e 1995), promesa (nacidos nos anos 1991, 1992 e 1993), sénior (nacidos entre 1973 e 1990), veteranos A (entre 40 e 49 anos cumpridos no día da competición), veteranos B (50 ou máis anos) e universitarios (membros da comunidade universitaria: alumnos, PDI e PAS).

>Procedemento para a andaina : achegando o formulario de inscrición nas actividades do Servizo de Deportes a deportes@uvigo.es

>No caso das persoas universitarios, deberán sinalar ademais na inscrición o campus, o centro ao que pertencen, e se son alumnado, PDI ou PAS.

Taxas
>Para a carreira: a taxa de inscrición será de 3 € para as persoas pertencentes á comunidade universitaria de Vigo e de 5 € para o resto de participantes. Farase efectiva exclusivamente a través do web www.championchipnorte.com

>Para a andaina: a taxa de inscrición será de 3 € e farase efectiva no código 26 de Novagalicia Banco. No caso de necesitar transporte dende os Campus de Pontevedra e Ourense, o prezo será o establecido para o resto de rutas do programa de Rutas Culturais (10 € para a comunidade universitaria e 15 € para as persoas acompañantes externas).

Agasallos
>As persoas participantes recibirán como agasallo unha prenda conmemorativa.
>Entre as persoas participantes que asistan á entrega de trofeos sortearase material deportivo e lotes de produtos aportados polos patrocinadores.
>Premios en metálico de 400, 300 e 200 euros para as tres primeiras persoas clasificadas na clasificación xeral (feminina e masculina) da carreira.

> Horarios:
- Acreditación para a andaina: entre 9.00 h e 10.30 h na Área Comercial do Campus.
- Saída da andaina: ás 09:30 h dende a Praza Miralles.
- Acreditación e recollida de dorsais para a carreira: entre as 9.00 h e as 10.30 h na Área Comercial.
- Saída da carreira: ás 11:00 h dende a Piscina Universitaria (CDU AQUA - Vigo)
- Entrega de trofeos e agasallos: ás 12:30 h no Teatro Vidal Bolaño.

> Circuítos:



> Prepara os 10 KM con nós:
Tes dúbidas sobre como preparar os teus adestramentos para unha carreira de 10 Km? Non sabes cómo afrontar o reto? O Servizo de Deportes ofréceche unha solución!

Consulta na web da proba cómo podemos axudarche a preparar a proba e que contes con axuda técnica cualificada.


:: Participa no foro de carreiras populares ::