Calendario
Info da proba

Ribeira

17/02/2013 10:30 - 13:00
Regulamento
I Carreira Trail de San Alberte, Ribeira

Data: domingo, 17 de febreiro de 2013.
Hora: 10:30 h.
Lugar: saída e chegada da Ermita de San Alberte, Ribeira (Polígono industrial Xarás)
Distancia: 9.000 m.
Organiza: Escuela de Boxeo "El Canario".
Inscrición: Na web da proba.
Web: Arousa Natureza e Ocio

[Incluída no Circuíto de Montaña 2012-13 - Coeficiente 2,80 (1,75 x 1,60)]

:: Comenta a carreira de San Alberte neste tema do foro ::

A I CARREIRA DE SAN ALBERTE organizada pola escuela de boxeo "El Canario" en colaboración con Arousa Natureza e Ocio, Centro Recreativo de Artes e Asociación de Veciños de Carreira, celebrarase o 17 de febreiro de 2013 ás 10:30 horas da mañá. A proba estará suxeita ó seguinte:

REGULAMENTO XERAL
1. A saída darase no lugar na ermita de San Alberte (Ribeira), ás 10:30 horas.

2. Os atletas deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comenzo da proba.

3. O percorrido desenrolarase íntegramente en piso de terra e será de 9.000 m debidamente sinalizado.

A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido que se atopará debidamente sinalizado. Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer.

Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.

4. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

5. Ó longo do percorrido a organización establecerá un posto de avituallamento (auga) que vai estar situado aprox. no kilómetro 5.

Despois do avituallamento imos ter varios recipientes donde será obrigatorio depositar os envases.

Tamén haberá un avituallamento final con bebida e comida.

6. A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal , que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal.

7. O CONTROL DA CHEGADA PECHARASE AS 11:55 h.

8. A inscrición é de 5 € que se formalizará únicamente a través da web www.arousa.com realizando o pago polos medios especificados no formulario da web. O prazo para a mesma vai dende o 14 de xaneiro ata o 14 de febreiro as 14.00 h. Calquer erro na inscrición non comunicado antes do inicio da proba pode conlevar a descalificación do corredor, para elo o corredor debe validar os seus datos no listaxe de inscritos.

DATOS NECESARIOS PARA A INSCRICIÓN:
Nome e apelidos, dni, data de nacemento, sexo, poboación e teléfono.

NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS O DÍA DA PROBA.

RETIRADA DE DORSAIS: O mesmo día da proba en no lugar da saída entre as 9.30 e as 10.15 h.

9. TROFEOS:
* 10 primeiros masculinos da xeral
* 5 primeiras femeninas da xeral
* Vale de fisioterapia ós 3 primeiros corredores do concello de Ribeira

10. CALQUER TIPO DE RECLAMACIÓN DEBERÁ SER REALIZADA INMEDIATAMENTE DESPOIS DO REMATE DA PROBA PARA NON ENTORPECE-LO DESENVOLVEMENTO DA MESMA E SERÁ NECESARIO XUSTIFICAR DOCUMENTALMENTE Á ORGANIZACIÓN A AQUEL CORREDOR QUE SE LLE REQUIRA.

11. Polo emplazamento da saida/chegada non se dispondrá de duchas.

12. A Escuela de Boxeo "El Canario" non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.

13. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

Descalificarase a toda aquela persoa que non cumpla o presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, transite por fora dos camiños marcados, non manteña unha aptitude de respecto cara o medio ambiente e os membros da organización, tire botellas de auga fora dos recipientes preparados para elo ou incumpla a súa obriga de auxiliar a un participante que o solicite.

Temos á vosa disposición un teléfono de información (non inscricións, esas débense facer só a través desta web): 638 811 000

CÓMO CHEGAR
Chegando pola Autovía do Barbanza (AG-11) ata o remate da mesma en Ribeira (Xarás), na primeira rotonda en dirección Noia, e na segunda rotonda en dirección ó polígono industrial (Avd. Ramiro Carregal). Ó final do polígono hai un aparcadoiro publico (subindo á man dereita, logo dun desguace de vehículos) no que deixar os coches para acceder andando (200 m.) ata a ermita (alí xa estarán os da organización dando indicacións).

Agradecemos a colaboración das seguintes entidades:
* CENTRO RECREATIVO DE ARTES
* ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CARREIRA
* AROUSA NATUREZA E OCIO

Nos vindeiros días trataremos de ir ampliando e facilitando información a través da web.




:: Comenta a carreira de San Alberte neste tema do foro ::