Calendario
Info da proba

O Barco de Valdeorras

17/02/2013 12:00 - 14:00
Regulamento
II Carreira por Parellas "Obarconamora"

Data: domingo, 17 de febreiro de 2013.
Hora: a partires das 12:00 h.
Lugar: saída e meta da rúa José Otero, O Barco de Valdeorras.
Distancia: de 100 a 5.000 m.
Organiza: Asociación Centro Comercial Aberto O Barco.
Inscrición: ata o 15 de febreiro na we da proba.
Web: Delegación Valdeorresa de Atletismo



:: Participa no foro de carreiras populares ::


A Asociación Centro Comercial Aberto O Barco, en colaboración coa Delegación F.G.A en Valdeorras o Clube ADAS-Proinor e Asociación Trotadas de Valdeorras, organiza a II Carreira por Parellas "obarconamora", proba oficial da FGA, que se desenrolará o vindeiro 17 de Febreiro do 2013.

- Poderán participar nas distintas probas todos aqueles atletas nacionais que o desexen, non se autorizará a participación de atletas federados estranxeiros agás os portugueses que non houberan sido internacionais co seu pais. As distancias son orientativas e non homologadas.

- As INSCRICIONS deberán estar en poder da Organización antes do día 15 de febreiro, so en casos excepcionais poderanse facer o mesmo dia ata 1 hora antes da carreira.

- Todas as inscricións realizaranse a través da páxina web da Delegación Valdeorresa de Atletismo

Na categoría pitufos deberanse inscribir ata 30'antes do comezo da proba.

-A retirada de dorsais realizarase na carpa habilitada para tal fin na Praza José Otero, de 10 a 11.30 h.

As parellas que participen na Carreira absoluta irán atadas polos pulsos cun lazo que se entregará, xunto cos dorsais.

PREMIOS
Trofeos as tres primeiras parellas de cada categoría.
Medalla para todos os nenos que rematen a proba.
Sorteos entre os participantes.

CATEGORÍAS
Na carreira absoluta, dende 1998 en adiante, será por parellas, establécense as seguintes categorías:
1. Categoría parella mixta (home+muller).
2. Categoría parella masculina (home+home).
3. Categoría parella feminina (muller+muller).

As categorías de menores, as carreiras son individuais.

HORARIO-DISTANCIA
12.00H.....PARELLAS ABSOLUTAS MASC. e FEM. (Dende o 98 en adiante).....5000 M
13.00H..... INFANTIL MASC.e FEM. (2001 e 2000)..... 1000 M
13.10H..... ALEVIN MASC. E FEM. (2003 e 2002).....500 M
13.15H..... BENXAMIN MASC. e FEM. (2004 e 2005).....300 M
13.20H..... PITUFOS MASC.e FEM. (2006 e anteriores)......100 M
13.25H ENTREGA DE TROFEOS




:: Participa no foro de carreiras populares ::