Calendario
Info da proba

Carnota - Areas

23/08/2014 9:45 - 12:45
Regulamento
XXIII Carreira das Areas, Carnota

Data: sábado, 23 de agosto de 2014.
Hora: a partires das 9:45 h.
Lugar: Carnota.
Distancia: de 300 a 10.000 m.
Organiza: Concello de Carnota.
Inscrición: Ver no regulamento.


:: Comenta a Carreira das Areas no foro ::

IDEOLOXÍA DA XXIII CARREIRA DAS AREAS

A ideloxía da XXIII Carreira das Areas de Carnota é a mesma que a do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte”, ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable.

Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos).

CATEGORÍA IDADES DISTANCIAS
Pitufo Mixto 2007-2010 300m aprox.
Benxamín Mixto 2005-2006 1000m aprox.
Alevín Masculino Feminino 2003-2004 1000m aprox.
Infantil Masculino Feminino 2001-2002 3000m aprox.
Cadete Masculino Feminino 1999-2000 3000m aprox.
Xuvenil Masculino Feminino 1997-1998 5000m aprox.

Sénior 5K Masculino Feminino A partires de 1996 (incluído) 5000m aprox.
Sénior 10K Masculino Feminino 1996 ata veteranos 10000m aprox.
Veteranos M40 Masculino Feminino De 40 a 49 anos 10000m aprox.
Veteranos M50 Masculino Feminino 50 anos ou máis 10000m aprox.

- Cada atleta das categorías Veteranos (M40 e M50) competirá na que lle corresponda por idade cumprida no comezo da primeira proba que conforma o circuíto, mantendo dita categoría ata a última proba.

NORMATIVA XERAL DE SEGURIDADE

1. A XXIII Carreira das Areas de Carnota rexerase pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).

2. A proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do Concello de Carnota. Tamén contará cun seguro de accidentes que terá as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/1993.

3. A proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e un médico se a proba non supera os 750 participantes.

4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios, aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.

5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba será suspendida automaticamente.

6. Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos usuarios normais da vía.

7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.

8. Debido ao carácter estritamente deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. O Concello de Carnota non se fará responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. O non recollido no mesmo resolverase segundo o criterio da comisión organizadora, sendo as súas decisións inapelables.

9. A organización pon a disposición dos participantes na carreira o Pavillón Polideportivo Municipal de Carnota para que se podan cambiar e duchar.

10. Haberá servizo de garda roupa que estará sito na Casa Consistorial.

11. A Organización porá a disposición dos participantes da carreira 10k e 5k un Servizo de fisioterapia en colaboración co Colexio Oficial de Galicia de Fisioterapeutas.

12. Na carreira 10k existirá 1 posto de avituallamiento aproximadamente no quilómetro 5, máis o especial de meta.

13. Na carreira 5k haberá o avituallamento especial de meta.

14. @s participantes adultos participantes nas probas 10k e 5k recibirán un agasallo cando rematen as súas probas.

15. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.

16. Descualificacións:

-Servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
-Todo atleta que non realice o percorrido completo.
-O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante a Organización.


DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS

-Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación.

-A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización. Dito modelo poderase descargar da páxina web do Concello de Carnota www.concellodecarnota.es así coma en www.championchipnorte.com

-A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:

-O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.

-Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.

-O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.


SISTEMA DE CRONOMETRAXE / CHIPS E DORSAIS

-Para controlar as probas estableceranse controis de cronometraxe por chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas).

-Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías (facilitado pola organización), agás pitufo.

-Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola organización).

-O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación da proba nin lle computará na clasificación do circuito.

-O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de carreira.

-Os corredores de circuíto que participan na liga deberán usar obrigatoriamente o “chip amarelo”. Do mesmo xeito empregarán un único dorsal para todas as probas do circuíto.

-A retirada de dorsale chip deberá realizarse como mínimo con 30 minutos de antelación ó inicio de cadacarreira dende ás 9.00h.

-No caso da perda do chip o atleta deberá mercar outro a través da páxina de Championchip.

-No caso da perda ou rotura do dorsal, poderá solicitar outro á organización. Non haberá posibilidade de solicitar un terceiro dorsal.

-Os corredores de carreira e os corredores de categorías base usarán o “chip de carreira”, que deberán devolver á organización ó remate da mesma.

-Estes corredores deberán recoller o seu dorsal e chip antes da carreira na casa do Concello de Carnota ata 30 minutos antes do inicio de cada proba dende as 9.00h.

-Os chips son persoais e intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos atletas, sancionarase coa expulsión do circuíto do portador e do/a atleta suplantado, anulando todos os dereitos adquiridos coa inscrición no circuito.

INSCRICIÓNS

-As inscricións para os atletas de categorías sénior e veteranos realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com, data límite mércores 20 de agosto ás 24h.

-O prazo de incrición para os Corredores de circuito está pechado dende a celebración da terceira proba puntuable, por conseguinte so poden realizarse inscricións para esta proba do circuito.


OS CORREDORES DE CARREIRA PODERÁN INSCRIBIRSE NA PROBA 10 K OU NA PROBA 5 K.
-Non participan na liga.
-Deberán realizar a inscrición para aquelas probas nas que queiran participar.
-Deberán correr cun chip que se lles facilitará no momento da recollida do dorsal e quedeberán devolver ó remate da proba.


Inscricións de Categoría Base:

A inscrición para os atletas de categorías base,dende pitufo a xuvenil, serán gratuítas.

As inscricións para os atletas benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil poderán realizarse a través de:

- Plataforma championchip ( www.championchipnorte.com. ) A autorización paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com ou na páxina do Concello de Carnota.


@s atletas de categoría Pitufo poderán facer a inscrición do seguinte xeito:

- Enviando un email a maria.silva@carnota.es coa autorización paterna cuberta e asinada, ou chamando o 981 857032 (departamento de deportes) Á hora de recoller o dorsal deberán presentar impresa e asinada dita autorización paterna, poderá descargarse na páxina do Concello de Carnota.
- Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de Deportes do Concello de Carnota.


Cotas de inscrición para adultos:

- A inscrición para os atletas de categorías base (pitufo a xuvenil) será gratuíta.
- A inscrición para os atletas adultos (sénior e veteranos) para unha proba determinada terá un custo de 5 € para aqueles corredores que posúan chip, e de 6 € para aqueles corredores que deban alugar o chip independentemente que participen nas probas 5K ou 10K.

PERCORRIDOS E HORARIOS DAS CARREIRAS DAS DIFERENTES CATEGORÍAS

- Xuvenil 1998-1997 e Absolutos 5K a partir de 1996, é dicir, que cumpran 18 anos oumáis en 2014 (9´45) Percorrido: 5Km aprox.

- Absoluta 10 KM APROX. ÁS 10.30H. Tempo máximo de remate da proba 1h e 15´.
- Sénior: 1996 ata veterán.
- Veterán M40: de 40 a 49 anos.
- Veterán M50: de 50 ou máis anos.

IDADE O DÍA DA CARREIRA.
- Infantil: 2002-2001 e Cadete 1999-2000: (11´45h) Percorrido: 3km aprox.
- Alevín: 2004 e 2003 e Benxamín 2005-2006 (12´30h) Percorrido: 1km aprox.
- Pituf@s: 2010, 2009, 2008, 2007 (12´45). Percorrido: 300m aprox.


CALIFICACIÓNS E TROFEOS/MEDALLAS E A SÚA ENTREGA

- Clasificacións da proba 10 K:

- Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
- Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ó podio os tres primeiros/as clasificados/as nacategoría xeral (os tres primeiros/as que entren na meta).
- Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ó podio os tres primeiros/as clasificados/as encada unha das categorías (sénior, M40 e M50), independentemente da súa condición decorredores de carreira ou de corredores de circuíto.
- Recibiran trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira calificad@ empadroad@ do Concello de Camariñas da proba.

- Clasificacións da proba 5 K:

- Optan a esta clasificación todos os/as atletas inscritos na proba 5K.
- Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ó podio os tres primeiros/as clasificados/as na categoría xeral (os tres primeiros/as que entren na meta).


- Clasificacións das probas de base:
- Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as encada unha das categorías (infantil, cadete e xuvenil).

- En categorías benxamín e alevín recibirán medallas todos os participantes na proba, aínda que só subirán ó podio unicamente os tres primeiros clasificados en cada categoría.
- En categoría pitufo recibirán medalla conmemorativa todos os participantes na proba e subirán o podio todos xuntos.
- Todas as categorías recibirán os trofeos e/ou medalla ao remate da proba da categoría Pitufos

- A entrega de trofeos farase, se o tempo o permite, no exterior e no suposto que non fose así no salón de actos da Casa do Concello.

- Clasificacións do circuíto e Clasificación por equipos:

- Rexerase pola normativa do regulamento xeral do circuíto de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte”

A organización desta carreira aproveita a ocasión para agradecer a súa participación.

:: Comenta a Carreira das Areas no foro ::