Calendario
Info da proba

Moaña

21/09/2014 10:00 - 13:30
Regulamento
XI Carreira Pedestre Concello de Moaña

Data: domingo, 21 de setembro de 2014.
Hora: a partir de las 10:00 categorias menores. Carreira Maiores 11:00 horas
Lugar: Moaña.
Distancia: ata 10.000 m.
Organiza: Club Atletismo Samertolameu.
Inscrición: -



:: Comenta a Carreira de Moaña neste tema do foro ::


A Concellería de Deportes do Concello de Moaña, coa colaboración e dirección técnica do Club Atletismo Samertolameu, organizan o domingo 21 de setembro a partir das 10:00 horas, a XI Carreira Pedestre Concello de Moaña.
A carreira conta co patrocinio do Concello de Moaña, e a colaboración da Policia Local e Protección Civil.

A zona de saida, control, e recollida de dorsais estará situada nas pistas de atletismo do Concello de Moaña.

REGULAMENTO

1. PARTICIPACIÓN

Poderán participar atletas federados e non federados, sin importar condición, sexo ou nacionalidade, sempre atendendo o regulamento da proba. O control da carreira estará a cargo do Club Atletismo Samertolameu.

2. CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN

Para a XI Carreira Pedestre Concello de Moaña as categorías de competición serán as seguintes, na sua modalidade masculina e femenina respectivamente:

PITUFO Nados do 2009 en adiante
PREBENXAMIN Nados en 2007 e 2008
BENXAMIN Nados en 2005 e 2006
ALEVIN Nados en 2003 e 2004
INFANTIL Nados en 2001 e 2002
CADETE Nados en 1999 e 2000
XUVENIL/JUNIOR Nados entre 1995 e 1998
PROMESA/SENIOR Nados entre 1994 e anteriores ata cumprir 35 anos
VETERANOS A, 35 a 44 anos
VETERANOS B, 45 a 54 anos
VETERANOS C, mayores de 55 anos

3. DISTANCIAS E HORARIO

O percorrido das probas consta de varios circuitos, adaptándose a cada categoria.
O percorrido da proba popular, será totalmente chan, e ainda que non homologado, é de 10km medidos tanto por GPS como por roda topográfica.

10.00 h ALEVÍN, 1000 m aprox.
10.15 h INFANTIL 2000 m aprox.
10.30 h CADETE 3000 m aprox.
11:00 h CARREIRA POPULAR (xuvenil, junior,promesa, senior, veteranos A, B e C) 10 km
12.15 h PITUFOS, 100 m aprox.
12.25 h PREBENXAMIN, 400 m aprox.
12.35 h BENXAMÍN, 800 m aprox.
13:00 h ENTREGA DE PREMIOS (Pistas de Atletismo Concello de Moaña)

A saida da carreira popular (10 km) terá lugar frente as pistas de atletismo o domingo 21 de setembro as 11.00 h, quedando a meta dentro das pistas de atletismo. O tempo máximo de duración da proba será de 1 hora 25 min.
O percorrido da proba estará indicado, controlado, e sinalizado cada kilómetro. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ao longo do percorrido.
A carreira popular poderáse realizar tamen por relevos, duas postas de 5 km. Estos relevos poderán ser masculinos, femeninos, ou mixtos, competindo todos na mesma categoria.

4. INSCRICIONS

NON SE ACEPTARÁN INSCRIPCIÓNS O DIA DA PROBA.

CATEGORIAS INFERIORES (ata cadetes): ata o venres 19 de setembro ás 22:00 horas das siguientes formas:

INSCRICIÓN POR TELÉFONO: 610516242 - 620067070
INSCRIPCION POR EMAIL: clubatletismosamertolameu@gmail.com

Datos obrigatorios: NIF (si ten), nome, apelidos, sexo, data completa de nacemento, nome do Club (si ten), Localidade, Provincia, mail e teléfono de contacto

ADULTOS (de xuvenil a veteráns) ata o mércores 17 de setembro ás 00:00 horas das seguintes formas:

- Na web www.cronotec.es (sitio preferente para inscribirse)
- Si ten dificultades para facer a inscripción na web, poderáse facer no seguinte e-mail: clubatletismosamertolameu@gmail.com
Datos obrigatorios: NIF, nome, apelidos, sexo, data completa de nacemento, nome do Club si ten, Localidade, Provincia, mail e teléfono de contacto.
Facendo transferencia ó número de conta seguinte:
Club Atletismo Samertolameu

ES57 1465 0290 8719 0007 8953

E enviando xustificando de pago.

Non se aceptarán inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatorios.
O PREZO das inscricións das carreiras (a proba absoluta estará controlada a través dun CHIP) será o seguinte:

- CATEGORIAS INFERIORES: GRATUITA
- CATEGORÍAS XUVENIL E POSTERIORES: 6,00 €

A pre-inscricion non se completará se non se fai o pago no momento de inscribirse. Haberá un límite de 1000 inscritos na proba popular absoluta.

Teléfonos de información: 610516242 – 620067070

5. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS

Realizarase o día da proba dende as 9.00 horas, nas pistas de atletismo, ata 30 minutos antes do inicio da mesma.
CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal. O finalizar a proba, tódolos atletas deberán devolver o chip.

6. TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS

Na XI Carreira Pedestre Concello de Moaña, outorgaranse os seguintes premios:

CATEGORIAS INFERIORES
- Medallas aos 3 primeiros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo.
PROBA ABSOLUTA. CARREIRA POPULAR.

- Trofeo aos 3 primeros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo.
Outorgaranse premios en metálico aos 3 primeiros/as clasificados da Carreira Popular

› 1º/ª Clasificado/a: 150 €
› 2º/ª Clasificado/a: 100 €
› 3º/ª Clasificado/a: 75 €

PREMIOS ESPECIAIS DA CARREIRA POPULAR

- Trofeo o/a 1º/ª Corredor/a local da proba absoluta (solicitarase DNI para acreditalo)
- Trofeo para o gañador da proba por relevos.
- Distintos sorteos para tódolos atletas que finalicen a proba popular

O PAGAMENTO DOS PREMIOS EN METÁLICO REALIZARASE UNHA VEZ QUE REMATEN AS PROBAS E DESPOIS DA ENTREGA DE PREMIOS. (EXPORASE COA MAIOR BREVIDADE POSIBLE UN LISTADO DE CLASIFICACIÓNS PROVISIONAL). PARA PODER PERCIBIR O PREMIO SERÁ OBRIGATORIO A PRESENTACIÓN DO DNI OU DOCUMENTO ACREDITATIVO DA IDENTIDADE.

7. SERVIZOS A DISPOSICIÓN DOS PARTICIPANTES

Haberá Servizo de Duchas no Polideportivo frente as pistas de atletismo.
Haberá servizo de fisioterapia ó finalizar a proba absoluta.
Haberá avituallamento durante a proba absoluta, aproximadamente no km 5.
Entregarase bolsa do corredor con camiseta a tódolos participantes que rematen a proba absoluta (10 k)

Poderán consultar os resultados oficiais e toda a información relativa ás probas nas webs:

- www.cronotec.es
- www.correrengalicia.org

8. SEGUROS

Os participantes da proba estarán amparados por un seguro de responsabilidade civil concertado por o Concello de Moaña, e por un seguro de accidentes contratado por a organización.

9. Toda persoa que corra SIN estar inscrita, o fará baixo a sua responsabilidade, e non poderá participar de trofeos, premios, nin obsequios. Ademais, non estará amparada por o seguro da proba.

10. O percorrido estará debidamente controlado, indicado, e sinalizado cada km, ademais, existirá un posto de avituallamento aproximadamente no km 5.

11. Os servizos sanitarios e ambulancia estarán ubicados na zona de saida.

12. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados por a organización.
Non está permitido o acompañamento dos participantes nas distintas carreiras.

13. Durante a proba levarase o dorsal na parte dianteira, de forma visible e sin dobrar. A non observancia ou pérdida do dorsal será causa de descalificación.

14. A organización reservase o dereito de modificar este regulamento si as circunstacias o aconsellan (informando oportunamente)
Calquer circunstancia acontecida que non esté recollida en este regulamento, resolverase según o criterio da organización, e a sua decisión será inapelable.

15. Tódolos participantes debidamente inscritos, por o mero feito de tomar a saida, aceptan o presente regulamento, e en caso de dúbida, ou de xurdir algunha circunstancia non recollida no mesmo, aceptarán as decisións do comité organizador.

16. O Concello de Moaña e a Organización non se fan responsables dos danos morais ou materiais que poidan sufrir os participantes da proba, salvo aqueles que queden amparados por as polizas de seguros contratadas por a organización (a cobertura destas polizas estará a disposición de tódolos participantes que así o desexen)


DESCALIFICACIÓNS:

Todo corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será descualificados a criterio do Xuiz Árbitro da Competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO DA COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.

Todo atleta que non realice o percorrido completo.
Todo atleta que non leve visible o dorsal.
Todo atleta que mostre comportamentos antideportivos.
Todo atleta que sexa acompañado durante a proba.
Todo atleta que non leve o dorsal claramente visible na parte dianteira.




:: Comenta a Carreira de Moaña neste tema do foro ::