Calendario
Info da proba

Lugo

13/09/2014 17:55 - 19:55
Regulamento
I Carreira Popular de Ternera Gallega
Move T

Data: sábado, 13 de setembro de 2014.
Hora: a partires das 17:55 h.
Lugar: Circuíto urbano da cidade de Lugo cunha volta por riba da muralla.
Saída e chegada na Praza Maior de Lugo.
Distancia: de 80 a 5.500 m.
Organiza: Ternera Gallega
Inscrición: ata o 10 de setembro en Championchip Norte.
Web: Ternera Gallega



:: Comenta a Carreira de Ternera Gallega no foro ::

REGULAMENTO

PARTICIPANTES

Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.

CATEGORÍAS e HORARIOS

17:55 h: Carreira de categoría Chupete (0 a 5 anos) aprox. 80 m
18:00 h: Carreira de Pitufos ( 6 a 7 anos) aprox. 150 m
18:10 h: Carreira de Benxamíns e Alevíns (de 8 a 11 anos) aprox. 600 m
18:30 h: Carreira de Infantís e Cadetes (de 12 a 15 anos) aprox. 1.200 m.
19:00 h: Carreira Absoluta de Adultos e de Xuvenís, Junior e Promesa aprox. 5.500 m.

CATEGORÍAS

MASCULINA / FEMININA
Chupete de 0 anos a 5 anos. Nados desde 2009 ata 2014
Pitufo/a de 6 anos a 7 anos. Nados desde 2007 e 2008
Benxamín de 8 anos a 9 anos. Nados desde 2005 e 2006
Alevín de 10 anos a 11 anos .Nados desde 2003 e 2004
Infantil de 12 anos a 13 anos. Nados desde 2001 e 2002
Cadete de 14 anos a 15 anos. Nados desde 1999 e 2000
Xuvenil de 16 anos a 17 anos .Nados desde 1997 e 1998
Júnior de 18 anos a 19 anos. Nados desde 1996 e 1995
Promesa de 20 anos a 22 anos Nados desde 1994 – 1993 e 1992
Sénior desde nados no 1991 ata que cumpran 35 anos.
Veteráns/ás 1 de 35 anos a 45 anos
Veteráns/ás 2 de 46 anos a 55 anos
Veteráns/ás 3 de 56 anos a 65 anos
Veteráns/ás 4 máis de 65

INSCRICIÓNS.
Faranse para as todas as categorías, Chupete, Pitufos, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil, Júnior, Promesa, Sénior e Veteráns ata as 23:59 horas do mércores 10 de SETEMBRO e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba, na web www.championchipnorte.com.

Para as categorías Chupete e Pitufos tamén se poderán facer durante o SÁBADO día 13 de setembro, de 11:30 a 14:30 e de 16:00 a 17:00 horas na carpa da organización na Praza Maior de Lugo.

ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE

Os dorsais e os chips de cronometraxe (para os que non teñan chip marelo) entregaranse o mesmo dia da proba (13 de setembro) na CARPA DA ORGANIZACIÓN situada na Praza Maior de Lugo en horario das 11:30 h ás 14: 30 e de 16:00 ás 18:00 h.

O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nela de ningún tipo. O Chip deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas.

A saída da carreira de adultos terá lugar ás 19:00 h con saída e chegada na Praza Maior de Lugo e discorrerá polo casco urbano e a Muralla cunha distancia aproximada de 5, 500 km.

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, adoptada por causas alleas á vontade da organización. A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que son maior de idade, estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións...).

Autorizo á organización á utilización da miña imaxe en publicacións, carteis, etc. para a promoción do deporte.

Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito á organización.

Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro do que é responsable a IXP Ternera Gallega. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para esta carreira así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, poderá facelo dirixíndose por escrito a consejo@terneragallega.com, achegando unha fotocopia do seu DNI.

A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento.
En caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, atenderase ao criterio da Organización.

A Organización non será responsable de lesións ou padecementos por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante.

Dado o espírito estritamente deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

A Organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.

A Organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada no presente regulamento. Todo o non previsto polo presente regulamento quedará a expensas do criterio da Organización.

DURANTE A XORNADA DA PROBA
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. O non cumprimento desta norma implicará a inmediata descualificación dos atletas acompañados.
O control da carreira pecharase 1 hora despois da chegada do primeiro clasificado.
Ao rematar a proba os/as corredores/as, unha vez entregado o CHIP de cronometraxe (os que non o teñan en propiedade) poderán acceder á zona reservada para eles onde recollerán o seu avituallamento.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 euros.

SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES
Todas as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de Seguro de Responsabilidade Civil e dun Seguro de Accidentes (non de enfermidades). Haberá ambulancia e un médico para a atención dos corredores.

AVITUALLAMENTO
Ao remate facilitarase o avituallamento sólido (Degustación de Ternera Gallega) e líquido axeitado.

DEGUSTACION DE TERNERA GALLEGA
Ofrecerase unha degustación de Ternera Gallega para todos os participantes na proba unha vez rematada a carreira de adultos. Esta degustación farase na zona habilitada para a mesma na Praza Maior. Poderán acceder os participantes na proba. No caso das categorías de nenos, estes poderán acceder cos seus pais ou acompañantes unha vez remate a carreira correspondente.
A organización reservase o dereito de admisión para aquelas persoas que non participen oficialmente na I Carreira Popular da IXP Ternera Gallega.

DESCUALIFICACIÓNS
O servizo médico da competición ou o persoal de Organización identificado, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas á Organización.

PERSOAS NON INSCRITAS
Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta polos seguros contratados pola Organización para este evento. Se é advertida a súa presenza instaráselle abandoar o circuíto.

VESTIARIOS E DUCHAS
Os participantes poderán utilizar os vestiarios e as duchas das Pistas de Atletismo da Cidade Cultural (Parque Rosalía de Castro)

TROFEOS, PREMIOS E AGASALLOS

A clasificación será por categoría absoluta: premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en cruzar a liña de meta. Os/as vencedores/as absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación.

CARREIRA ABSOLUTA MASCULINA e FEMININA
1º/1ª Clasificad@
- Trofeo e Lote de carne certificada pola IXP Ternera Gallega
2º/2ª Clasificad@
-Trofeo e Lote de carne certificada pola IXP Ternera Gallega
3º/3ª Clasificad@
-Trofeo e Lote de carne certificada pola IXP Ternera Gallega

PREMIOS POR CATEGORÍAS ADULT@S
Recibirán un agasallo oficial da IXP Ternera Gallega o 1º e 1ª calsificado@ de cada unha das categorías de adultos. No caso de que coincida cos clasificados da carreira absoluta pasará ao seguinte.

PREMIOS ESPECIAIS DA CARREIRA ABSOLUTA
Recibirán un agasallo da IXP Ternera Gallega os participantes masculino e feminino de máis idade.
Na categorías Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete recibirán un agasallo todos/as os que rematen a súa carreira.

PROTOCOLO SOBRE A ENTREGA DE PREMIOS
A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 19:45 horas na zona de degustación. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio.

PARA MÁIS INFORMACIÓN
Teléfono 981 575 786 ou no email: consejo@terneragallega.com

INFORMACIÓN E RESULTADOS:
Publicación na páxina web www.terneragallega.com e tamén en www.championchipnorte.com



:: Comenta a Carreira de Ternera Gallega no foro ::