Calendario
Info da proba

Vigo+11

09/11/2014 11:11 - 13:41
Regulamento
Vigo +11

Data: 9 de novembro de 2014.
Hora: 11:11 h.
Lugar: saída e meta na Praza Compostela, Vigo.
Distancia: 11.000 m.
Organiza: Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo.
Inscrición: ata o 5 de novembro en Carreiras Galegas



:: Comenta o Vigo +11 neste tema do foro ::


REGULAMENTO
A delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo organiza a Carreira Popular Vigo+11-Trofeo El Corte Inglés, co patrocinio de El Corte Inglés, Concello de Vigo e Faro de Vigo.

A Carreira Popular Vigo+11-Trofeo El Corte Inglés, encontrase integrada entre as carreiras que conforman o circuito de carreiras populares do Concello de Vigo.

Data e hora:
9 de novembro de 2014 ás 11:11 horas.

Percorrido: Distancia aproximada de 11 km, con saída e meta na Praza de Compostela, co seguinte circuito: Praza de Compostela, García Olloqui, Montero Ríos, Carral, Marqués de Valladares, Colón, Areal, Isaac Peral, García Barbón, Colón, Praza de Compostela, García Olloqui, Cánovas del Castillo, Beiramar, As Ánimas, Tomás A. Alonso, Coruña, Arquitecto Bar Boo, Camelias, Álvaro Cunqueiro, Camelias, Venezuela, Gran Vía, Urzáiz, Colón, Praza de Compostela.

Por cuestións organizativas o tempo máximo para finalizar a proba é de 1h e 20 minutos. Pasada esa hora os corredores que permanezcan en carrera deberán retirarse do circuito.

CATEGORÍAS (homes e mulleres)
Junior, nados/as en 1996 e 1997
Promesa, nados/as en 1993, 1994 e 1995
Sénior, nados/as desde 1992 ata veteranos
Veteranos A: de 35 a 39 anos cumpridos ata o día da proba
Veteranos B: de 40 a 49 anos cumpridos ata o día da proba
Veteranos C: de 50 a 59 anos cumpridos ata o día da proba
Veteranos D: a partir de 60 anos de idade cumpridos ata o día da proba.

Cronometraxe: A carreira será cronometrada por sistema de chip electrónico que levará cada participante no seu dorsal.

Inscricións: As inscripcións dos atletas faranse a través da inscrición online da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.org ou na Planta de Deportes de El Corte Inglés ata o día 5 de novembro ás 22:00 h. non se aceptarán inscricións fora de plazo, con datos incompletos o sen tódolos datos obligatorios. Cuota da inscrición: 5 €. Tódolos atletas teñen a obriga de comprobar que a súa inscrición está correctamente formalizada unha vez rematado o plazo na páxina da Federación Gallega de Atletismo www.carreirasgalegas.org

Entrega de dorsais e chips: Efectuarase na planta de deportes de El Corte Inglés o sábado día 8 de novembro, desde as 11:00 ás 14:00 horas e desde as 17:00 ás 21:00 horas, e o día da Carreira na zoa de saída de 9:00 a 10:30 horas.

Camiseta conmemorativa:
Todos os inscritos, recibirán unha camiseta conmemorativa da carreira, entregarase coa retirada do dorsal.

Trofeos:
Entregaranse trofeos os tres primeiros clasificados da xeral (homes e mulleres) e o primeiro/a de cada categoría (homes e mulleres).

PREMIOS EN METÁLICO
150 € | 1º absoluto masculino | 1ª absoluta feminina
100 € | 2º absoluto masculino | 2ª absoluta feminina
50 € | 3º absoluto masculino | 3ª absoluta feminina

Establecerase un punto de avituallamento durante o percorrido e na línea de meta.

Tódolos corredores deberán levar o dorsal visible na parte de diante.

O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuíces.

As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

A organización contratou un seguro de responsabilidade civil e accidentes para tódolos atletas que participen.

Haberá servizo de duchas no Real Club Náutico de Vigo a disposición de tódolos atletas.

O percorrido poderá ser alterado por causas de forza maior o por requerimiento das autoridades locais.

Ó inscribirse os participantes dan o seu consentimento para que El Corte Inglés trate automáticamente e con finalidade exclusivamente deportiva, promocional ou comercial os seus datos de carácter persoal. De acordo co que se establece na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro da Protección de Datos de Carácter Persoal. O participante pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación dirixíndose a El Corte Inglés, S.A. Ref. L.O.P.D. rúa Hermosilla, 112, 28009 – Madrid, nos términos legalmente previstos.

Así mesmo, e de acordo aos intereses deportivos de promoción e explotación da carreira VIGO+11 (reproducción de fotografías da proba, publicación de listados clasificatorios, etc.) mediante calquer dispositivo (internet, publicidade,etc.) e sen límite temporal, os inscritos ceden de maneira expresa a organización o dereito a reproducir o nome e apelidos, o sitio obtido na clasificación xeral, a categoría, a marca e a súa imaxe.

Todo o non disposto neste reglamento resolverase pola normativa da Federación Galega de Atletismo, RFEA, ou IAAF, por este orden.

Realizaranse carreiras de menores cos seguintes horarios, categorías e distancias:
- 12:30. Categoría xuvenil (nados nos anos 1998/1999) masculino e feminino. 2600 m aproximadamente.
- 12:45. Categoría cadete (nados nos anos 2000/2001) masculino e feminino. 2600 m aproximadamente.
- 13:00. Categoría infantil (nados nos anos 2002/2003) masculino e feminino. 1600 m aproximadamente.
- 13:10. Categoría alevín (nados nos anos 2004/2005) masculino e feminino. 800m aproximadamente.
- 13:20. Categoría benxamín (nados nos anos 2006/2007) masculino e feminino. 800m aproximadamente.
- 13:30. Pitufos (nados 2008 e posteriores). 150m aproximadamente
- Tódalas saídas e metas terá lugar nas inmediacións da saída da carreira absoluta. Os participantes deberán situarse nesta zona 5 minutos antes da prueba.

Saída: Concepción Arenal, Alameda, García Olloqui, Montero Ríos, Castelar, Luis Taboada, Pablo Morillo, Montero Ríos, Concepción Arenal, Meta.

Trofeos: Entregaranse trofeos ós tres primeiros clasificados de cada categoría.

As inscricións (gratuitas) realizaranse a través do formulario da páxina web da Federación Galega de Atletismo (www.carreirasgalegas.org). Non se admitirá ningún corredor/a sen estar inscrito e sen o correspondente dorsal.



:: Comenta o Vigo +11 neste tema do foro ::