Calendario
Info da proba

Toffe , Rianxo

01/11/2014 11:00 - 14:00
Regulamento
II Carreira Popular "Toffe - Concello de Rianxo"

Data: Sábado, 1 de novembro de 2014
Horario: Menores 11:00 h.
Adultos 12:00 h.
Organiza: Concello de Rianxo
Colabora:
Club Atletismo Rianxo
Patrocina: Cafetería Toffe



:: Comenta a II Carreira do Toffe neste tema do foro ::


REGULAMENTO

1.­ CATEGORÍAS (masculinas e femininas).

Menores
Xoubas 2009­2010­2011 (saída por ano de nacemento).
Sardiñas 2007-­2008.
Benxamín 2005-­2006.
Alevín 2003-­2004.
Infantil 2001-­2002.
Cadete 1999-­2000.
Absoluta
Xuvenil 1997-­1998.
Júnior 1995-­1996.
Promesa 1992-­1993-­1994.
Sénior 1980-­1991.
Veteranos A 1967-­1979.
Veteranos B 1954-­1966.
Veteranos C 1953 e anteriores.

2.­ PERCORRIDO

Saída e chegada: Praza Castelao.
Distancias:
Xoubas: 100 m.
Sardiñas: 500 m.
Benxamín 750 m.
Alevín/infantil: 1.500 m.
Cadete: 6.600 m.
Xuvenil/Júnior/
Promesa/Sénior e Veteranos: 10.000 m.

3.­ TROFEOS

Menores

Trofeo ós tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.
Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias).
Absoluta

Trofeo ós tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.
Trofeo e premio para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na
proba, tanto en categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios:

Masculino Feminina

1º Trofeo + 150 € 1º Trofeo + 150 €
2º Trofeo + 100 € 2º Trofeo + 100 €
3º Trofeo + 50 € 3º Trofeo + 50 €

Trofeo “Xosé Neira Hermida” ó primeiro e primeira corredor/a locais.
Todos os participantes na categoría absoluta recibirán un agasallo técnico.

4.­ INSCRICIÓNS

Ata o mércores 29 de outubro de 2014 ás 24:00 horas na web www.emesports.es
Non se aceptarán inscricións fora de prazo ou con datos incompletos.
A inscrición é gratuíta para o carreira menores.
A inscrición para carreira absoluta é de 6 €.
Haberá un límite de 500 inscritos en categoría absoluta.

5.­ RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS

Realizarase o mesmo día da proba a partires das 10:00 h. e ata o inicio da mesma na
Praza Castelao.
Control con chip: agás os participantes nas categorías xoubas e sardiñas, os demais
participantes estarán controlados a través dun chip que se entregará a cada participante
xunto co dorsal. Deberá colocarse na zapatilla antes da saída.

6.­ OUTRAS CONSIDERACIÓNS E INFORMACIÓN

Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de
apoio. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas
acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder
facer ningunha modificación no mesmo.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.
En caso de cancelación do evento por causas alleas a organización, non se devolverá o
importe da inscrición.
Servizo de gardarroupa: no pavillón polideportivo de Rianxo.
Vestiarios e Duchas: pavillón polideportivo e piscina Municipal.
Aparcadoiros: arredores do pavillón polideportivo, aparcadoiro municipal e nas
inmediacións da zona portuaria.
Os resultados oficiais das probas poderán consultarse nas web:


www.concelloderianxo.es

www.emesports.es

:: Comenta a II Carreira do Toffe neste tema do foro ::