Calendario
Info da proba

Bueu

09/11/2014 10:00
Regulamento
XIX CARREIRA PEDESTRE DE SAN MARTIÑO BUEU 2014

O Club Atletismo Corredoiras de Bueu, organiza o día 9 de novembro de 2014, a partires das 10 horas, a XIX Carreira Pedestre de San Martiño.


REGULAMENTO

1. XERAL
Participación:
Totalmente aberta. Poderán participar tanto atletas federados como non federados.

Normativa:
a) Tanto a saída coma a meta estarán situadas nas inmediacións do Museo Massó, na Avda. de Montero Ríos, agás nas categorías de Chuepetes e Minibenxamíns que realizarán a saída na mesma rúa pero á altura do Hotel Incamar.
b ) A clasificación será absoluta. Nas categorías de Chupetes a Cadete, somentes se tomará a referencia dos tres primeiros clasificados.
c) Os participantes deberán colocarse na líña de saída cando así o estableza a organización.
d) Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. O incumprimento desta norma levará a descalificación do atleta acompañado.
e) O dorsal deberá ser colocado de xeito totalmente visible na parte dianteira d@ corredor/a, sen que se poida facer modificación algunha nel.
f) A organización contará coa colaboración de persoal municipal competente para regulación do tráfico ao longo de todo o percorrido, sendo de obrigado cumprimento a indicacións dos mesmo.
g) Na proba absoluta será obrigado a utilización do chip de cronometraxe ofrecido pola organización, non podendo ser desgrapado ata cruza-la meta, que será o momento de entrega do mesmo.
h) Todol@s corredor@s deberán engregar o chip ó finaliza-la proba, sendo motivo de descalificación de non facelo.
i) Tanto a organización como o seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasione a participación nesta carreira.
j) A organización da proba resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada no presente regulamento.
k) Dado o espíritu deportivo e popupar desta proba, non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a acpetación do regulamento.


2. HORARIOS E LUGARES

• Data: Domingo, 9 de novembro de 2014
• Lugar: Avda. de Montero Ríos, á altura do Museo Massó

Categoría Nacidos en
CHUPETE 2010 a 2012
MINIBENXAMÍN 2008 e 2009
BENXAMÍN 2006 e 2007
ALEVÍN 2004 e 2005
INFANTILE 2002 e 2003
CADETE 2000 e 2001
XUVENIL 1998 e 1999
SENIOR 1974 a 1997
VETERÁN “A” 1959 a 1973
VETERÁN “B” 1958 e anteriores


• Distancias e horarios aproximados

CATEGORIA DISTANCIA HORARIO *
Alevín feminino 800 metros 10:00
Alevín masculino 1.500 metros 10:10
Infantil masculino/feminino 2.000 metros 10:20
Benxamín feminino 500 metros 10:35
Benxamín masculino 500 metros 10:45
Cadete masculino/feminino 3.000 metros 10:55
Minibenxamín Masculino 300 metros 11:15
Minibenxamín Feminino 300 metros 11:25
Chupete (conxunta) 100 metros 11:35
Absoluta 6.000 metros 12:00
* Os horarios son totalmente orientativos, podendo variar ata en + - 10' segundo vaia o desenrolo das probas.

3. INSCRICIÓNS
• De chupetes a cadetes (DE BALDE), ata 30' antes de comenzar a proba. Tamén poderán facelo via telefónica ó núm. 658491908 ata o venres día 7, ás 22:00 horas ou e-mail a outeiro55@yahoo.es (recomendable)
• Resto de categorías:
5 € na páxina www.cronotec.es, quen se encargará tanto das inscricións coma dos dorsais, chips e clasificacións da carreira absoluta.
• Prazo máximo: Ate ó mércores día 5, ás 20:00 horas.
• Nons e admitirán inscricións por outro medio ou fora de prazo.


4. PERCORRIDO
• Circuíto urbano (asfalto, totalmente plano) de 1 km. de percorrido ao longo la Avda. de Montero Ríos (orillamar)

5. PREMIOS
• Chupetes: Medallas para todol@s participantes.
• Resto de categorías: Trofeo para @s tres primeir@s clasificad@s
• Absoluta: Ademáis dos correspondentes trofeos, recibirán os seguintes premios en metálico, tanto nas categorías feminina como masculina:

1º Clasificad@: 100 €
2º Clasificad@: 70 €
3º Clasificad@: 30 €

• AGASALLOS: Entregarase unha bolsa a cada participante da categoría absoluta, que conterá:
- Camiseta conmemorativa
- Froita
- Auga
- Barra enerxética
- Outros pequenos detalles que poideran aportar as casas colaboradoras.





Organiza: Clube Atletismo CORREDOIRAS de Bueu