Calendario
Info da proba

Ourense

16/11/2014 11:00 - 13:00
Regulamento
XXXVIII San Martiño 2014




:: Comenta o XXXVIII San Martiño 2014 neste tema do foro ::

A XXXVIII Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense, celebrarase o domingo día dezaseis de novembro de 2014.

IMPORTANTE:

RECOLLIDA PRESENCIAL: NON SE ENTREGARÁN DORSAIS O PROPIO DÍA DA CARREIRA. A recollida de chips (agás os que teñen chip en propiedade), dorsais e camisetas é o venres día 14 de novembro de 16h a 20h e o sábado día 15 de novembro de 9h a 20h na Cancha Central do Pavillón dos Remedios.
No mesmo horario terá lugar:

Feira do Corredor
Entrega de productos non perecedeiros para o Banco de Alimentos
Sábado ás 19:00 h: Entrega de premios do Correndo por Ourense.
A ter en conta:

Poderás solicitar o envío a un domicilio ou a recollida anticipada do dorsal, chip e camiseta nun lugar cercano á túa casa se te inscribes antes do 31 de outubro.
Precio especial chip amarelo San Martiño 2014: 15,00 € (Entregarase co dorsal)
Os participantes na SM2014 terán á súa disposición, de xeito gratuito, o parking do Centro Comercial Ponte Vella, a poucos metros da meta.
Na saída, é preciso que os corredores se coloquen no lugar que lles corresponde en función da súa marca:
Caixón negro: para os/as atletas que teñan unha marca inferior a 35 minutos (homes) e 40 minutos (mulleres) na carreira do SM2013.
Caixón vermello: para os/as atletas que teñan unha marca entre 35 e 40 minutos na carreira do SM2013.
Caixón amarelo: para os/as atletas que teñan unha marca entre 40 e 48 minutos na carreira do SM2013.
Caixón verde: Popular.


http://www.deportesourense.com/novas/xxxviii-carreira-pedestre-san-martino-2014/

http://www.championchipnorte.com/evento/detalle/id/300/xxxviii-carreira-pedestre-popular-san-martino-2014

:: Comenta o XXXVIII San Martiño 2014 neste tema do foro ::