Calendario
Info da proba

Vedra

23/11/2014 11:00 - 13:30
Regulamento X CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE VEDRA
Carballeira do Souto- San Fins de Sales (Vedra)
Domingo 23 de novembro de 2014

Organiza:
Club Olímpico de Vedra
Colabora:
Concello de Vedra



Información das probas:

CARREIRA ABSOLUTA

Distancia: 7500 metros
Hora Saida: 11:00 horas
LIMITADA A 300 INSCRITOS

CATEGORIAS
VM3 Veteráns III, nados en 1958 e anteriores
VF3 Veteranas III, nadas en 1958 e anteriores
VM2 Veteráns II, nados entre 1968 e 1959
VF2 Veteranas II, nadas entre 1968 e 1959
VM1 Veterans I, nados entre 1979 e 1969
VF1 Veteranas I, nadas entre 1979 e 1969
SM Sénior masculino, nados entre 1992 e 1980
SF Sénior femenina, nadas entre 1992 e 1980
PM Promesa masculino, nados en 1993,1994 e 1995
PF Promesa femenina, nadas en 1993, 1994 e 1995
JM Junior masculino, nados en 1996 e 1997
JF Junior femenina, nadas en 1996 e 1997

CARREIRAS MENORES
LIMITADAS A 300 INSCRITOS

CARREIRA CADETE XUVENIL
Distancia: 3000 metros
Hora Saida: 12:00 horas

CATEGORÍAS
CM Cadete masculino, nados en 2000 e 2001
CF Cadete femenina, nadas en 2000 e 2001
XM Xuvenil masculino, nados en 1998 e 1999
XF Xuvenil femenina, nadas en 1998 e 1999

CARREIRA ALEVÍN INFANTIL
Distancia: 2000 metros
Hora Saida: 12:30 horas

CATEGORÍAS
AM Alevín masculino, nados en 2004 e 2005
AF Alevín femenina, nadas en 2004 e 2005
IM Infantil masculino, nados en 2002 e 2003
IF Infantil femenina, nadas en 2002 e 2003

CARREIRA BENXAMÍN
Distancia: 1000 metros
Hora Saida: 12:50 horas

CATEGORÍAS
BM Benxamín masculino, nados en 2006 e 2007
BF Benxamín femenina, nadas en 2006 e 2007

CARREIRA PREBENXAMÍN
Distancia: 200 metros
Hora Saida: 13:10 horas

CATEGORÍAS
PBM Prebenxamín masculino, nados en 2008 e posteriores
PBF Prebenxamín femenina, nadas en 2008 e posteriores

INSCRICIÓNS
CARREIRA ABSOLUTA 4,00 €. LÍMITE 300 INSCRITOS
CARREIRAS CATEGORÍAS MENORES 2,00 €. LÍMITE 300 INSCRITOS

Inscripcións Ata as 14:00 do mércores 19 de novembro de 2014 na páxina www.olimpicodevedra.org ou populardevedra.galitiming.com.

Non se admitirán inscricións fora de prazo.
Tódos /as os/as deportistas recibirán un agasallo conmemorativo da proba.

RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais recolleranse a partir das 9 da mañá do día da carreira no lugar habilitado ao efecto.

PREMIOS E TROFEOS
Haberá un recordo para tódolos atletas e trofeo para os tres primeiros clasificados absolutos masculinos e femininos e para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría. Os trofeos non son acumulativos. NON HABERÁ PREMIOS ECONÓMICOS.

A entrega de trofeos será as 13:30 horas. Tódolos premiados deberán estar presentes na entrega de trofeos, en caso contrario perderán o dereito ao mesmo.