Calendario
Info da proba

Vigo - Valadares

28/12/2014 10:00 - 14:00
Regulamento
I Canicross e Trail Inocentada de Valadares, Vigo

Data: domingo, 28 de decembro de 2014.
Hora:
09:30 Bikejoring
10:00 Canicross
10:45 Canicross popular
11:00 Trail
11:15 Cadete
11:35 Infantil
Lugar: saída e meta enfronte do CEIP Sobreira de Valadares, Vigo.
Distancia: Trail: 14,800 km.
Organiza: Club Alejandro Gómez - Purina
Inscrición: ata o 25 de decembro ás 20:00 h en Cronotec.

[Incluída no Circuíto 2014-15]

:: Comenta o Trail de Valadares neste tema do foro ::

:: Comenta a Canicross de Valadares neste tema do foro ::

REGULAMENTO

Artigo 1:

O Club Alejandro Gómez - Purina organiza o día 28 de decembro de 2014 o I CANICROS E TRAIL INOCENTADA DE VALADARES con saída e meta enfronte do CEIP Sobreira de Valadares (Vigo).

Esta proba nas modalidades de Canicross e Bikejoring forma parte da Liga Galega de Mushing 14/15 co nome de “1º Canicross e Bikejoring de Valadares (Pontevedra)”

Artigo 2:
COMITÉ ORGANIZADOR
Director Organización: Club Alejandro Gomez- Purina
Cronometraxe: Cronotec
Xuíces: A designar
Delegado Técnico: Bra. Dª Patricia Diéguez
Veterinarios: A designar
Secretaría: Cronotec / Club Alejandro Gomez- Purina

Artículo 3:
Trail:
Esta carreira está aberta a toda clase de corredores, federados ou non federados, sen distinción de sexo, lugar de orixe ou condición social sempre que non se encontren sancionados para a práctica do atletismo por algunha Federación de Atletismo, e estean inscritos correctamente.
Mushing:
A proba está abierta a todos los deportistas federados, e aos non federados no Canicross Popular, na modalidade de Mushing. Só optarán aos puntos para a LGM os que teñan licenza da FGDI (ou por outra Federación Territorial) na tempada 2014/2015.

Artigo 4:
Condicións de participación.
A inscripción só é válida cando o participante encha o boletín de inscrición, o entregue no lugar designado e abona a cuota de inscrición. Non se considera válido un boletín que non teña os datos identificativos correctos ou non se teña aportado xustificante de pago.
Os participantes comprométense a:
- Aceptar estrictamente todos os artigos do presente regulamento.
- Aceptar as posibles modificacións no regulamento da proba ás que a organización véxase obrigada por causas alleas á súa vontade. Informaríanse deses cambios a través da páxina web de Cronotec.
A inscripción da carreira é persoal e intransferible.
A organización resérvase o dereito a rexeitar cualquera inscripción que non acepte os termos e condicións do evento que queden expostos no presente regulamento. No caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo aceptarase o que dispoña a organización.

Os dorsais son persoais e intransferibles, debendo ir colocados no peito, sen manipular nen dobrar.

Artigo 5:
As inscripcións realizaranse a través da páxina de Cronotec http://www.cronotec.es/ onde será obrigatorio cubrir os datos solicitados. Para os menores será gratuita e nas categorias absolutas deberán realizar o pago de 10€. A data límite é o xoves 25 ás 20:00h.

Artigo 6:
Os participantes nesta carreira fano voluntariamente, polo que son responsables do seu estado físico, e polo tanto das causas que o esforzo da carreira poidera causar neles. A organización declina toda a responsabilidade dos diferentes perxuizos que a participación nesta carreira poida ocasionar aos inscritos. Os participantes renuncian a toda acción legal, non limitada ao risco de lesións, que poidan derivarse da participación na carreira.

Artigo 7:
Todos os participantes serán incluidos nun seguro de accidentes deportivo e de responsabilidade civil que cubrirá aos mesmos nos posibles accidentes que se produzan como consecuencia do desenvolvemento da carreira, e nunca como derivación dun padecemento ou tara latente, lesión, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis e do articulado do Regulamento, indicacións da organización, etc., nin os producidos nos desprazamentos ao e dende o lugar no que se desenvolva a carreira.

Artículo 8: Categorías e horarios

Categorías Menores:

- Cadete (1999/2000): 2400 metros aprox.
- Infantil (2001-2002): 1200 metros aprox.
- Alevin (2003-2004)
- Benjamin (2005-2006)
- Chupetes (2007 e posteriores)

Trail: 14,800 km

Categorías Canicross e Bikejoring distancia aprox. 6 km

- DCJ1M/W - Canicross Junior 1 Home/Muller (1999 a 2001)
- DCJ2M/W - Canicross Junior 2 Home/Muller (1998 a 1995)
- DCM/W - Canicross Senior Home/Muller (1994 a 1976)
- DCMV40/WV40 - Canicross Veteráns 40 Home/Muller (1975 a 1966)
- DCMV50/WV50- Canicross Veteráns 50 Home/Muller (1965 e anteriores)
- DBM/W - BikeJoring Home/Muller (1999 a 1976)
- DBMV/WV - Bikejoring Veteráns Home/Muller (1975 e anteriores)

Canicross Popular distancia aprox. 1,2 km

Para abrir categoria debe haber un mínimo de 5 participantes.
Para optar aos premios debe formalizarse correctamente a correspondente inscrición.
Se concederán os seguintes premios:
Trail
Absoluta Masculino/Femenino
Veteranos 40 Masculino/Femenino
Veteranos 50 Masculino/Femenino

- Medalla e pienso en categorias canicross, bikejoring e canicross popular
- Medalla para todos os nenos participantes

Os horarios das diferentes probas a disputar serán:
08:30 a 9:15 Control veterinario Canicross e Bikejoring
09:15 Reunion informativa Canicross e Bikejoring
09:30 Bikejoring
10:00 Canicross
10:45 Canicross popular
11:00 Trail
11:15 Cadete
11:35 Infantil
Alevin
Benjamin
Chupetes
13:00 3º Tempo: Pinchos y bebidas
14:00 Entrega premios

Artigo 9:
As probas de canicross e bikejoring estarán organizadas dacordo coa normativa da FGDI, e o especificado nas presentes instrucións.
Todos os cans deben cumprir obrigatoriamente:
- Ter 12 meses como mínimo para canicross e 18 meses para bikejoring e un máximo de 10 anos.
- Pasar o control veterinario
- Ter a cartilla de vacinación ao día selada por un veterinario colexiado (vacina antirrábica, vacina polivalente e vacina tos das canceiras posta mínimo 15 días antes da carreira)
- Ter o microchip implantado
- Tener póliza de R.C. que cubra a práctica deportiva e competición (se poderá facer seguro de un dia, enviar correo para solicitalo a alejandrogomezgalgo@hotmail.com ahí te informaremos de todo).
- Os cans que non estean en condicións de saude axeitadas para a súa participación a criterio do veterinario da proba, non serán admitidos.
- O corredor que participe con un can que non sexa da súa propiedade terá que presentar unha autorización por escrito do propietario ou que este o autorice en persoa.
- Unha vez iniciada a proba, non poderá cambiarse ningún can.
- Os participantes irán equipados obrigatoriamente co seguinte material:
- Cinto de Canicross: Para a cintura do deportista. Debe ser cómodo para o deportista permitindo acoplar a liña de tiro mediante un mosquetón que estará fixo al cinto. O mosquetón debe ser de "apertura rápida". Se admitirá calquera cinto que cumpla con estas funcións y teña un ancho mínimo de 7 cm., ainda que se recomenda material específico ou arneses lixeiro de montaña.
- Liña de tiro: Para unir o cinto do deportista ou a bicicleta ao arnés do can. Deberá dispoñer dunha zona elástica de amortiguación. A lonxitude da liña de tiro extendida con amarre, no será inferior a 2 metros nin superior a 2'5 metros en canicross nin a 3 metros en bikejoring. Para unir a liña de tiro ao arnés do can haberá un mosquetón ou un cordino, sendo recomendable o uso deste último.
O material tene que ser lixeiro, resistente e hidrófugo.
-Arnés de tiro: Arnés para o can. Debe ser de tiro e debe cumprir as seguientes especificacións:
- Deberá ser resistente para garantir que o can non o rompa e se escape.
- Deberá protexer ao can de rozaduras durante o tiro. Por eso as zonas de contacto coa pel do can serán de material non abrasivo nin cortante.
- As zonas de impacto (esternón e arredor do pescozo) deberán ser acolchadas e non tener ningún anel ou semellante de ningún material.
- Deberá permitir a extensión normal das patas do can sen impedimentos.
- Disporá dun cordino no extremo final para unilo á liña de tiro.
- Recoméndanse os arneses cruzados sobre o lombo ata a cola xa que reparten mellor a forza de tiro por todo o lombo do can.
- No terán ningún anel ou semellante de ningún material (a non ser que estean convintemente protexidas) para evitar rozaduras ou lesións ao can.
- Están prohibidos os arneses que crucen horizontalmente por diante das patas dianteiras, xa que poden provocar deformidades e impiden a extensión normal das patas dianteiras.

Artigo 10:
Serán descalificados da proba aqueles corredores que:

- Manifesten un mal estado físico
- Non realicen o percorrido completo.
- Non corran co dorsal orixinal ou alteren ou oculten a publicidade do mesmo,
- Non pasen polo punto de control establecido na meta.
- Leven o dorsal adxudicado a outro corredor.
- Manifesten comportamento antideportivo ou se reiteren en protestas ante a organización ao marxe do estipulado no articulado deste regulamento.
- Non atendan ás instrucións dos xuíces ou persoal da organización.
- Entren en meta sen dorsal.

Artigo 11:
A Organización non asumirá ningunha responsabilidade se o evento suspéndese ou aplázase por razóns de forza maior.

Artigo 12:
De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, que regula a Protección de Datos de carácter Persoal, o Club Alejandro Gómez informa que todos os inscritos serán incluidos nunha base de datos de titularidade, responsabilidade e uso exclusivamente da Organización, que tomará as medidas necesarias para garantir a súa seguridade e confidencialidade.
Dacordo coa mencionada Lei Orgánica, o participante poderá exercer o seu dereito de acceso a estos ficheiros co obxecto de rectificar ou cancelar de forma parcial ou total o seu contido; para exercer este dereito deberá solicitalo por escrito na dirección de correo electrónico alejandrogomezgalgo@hotmail.com

Artigo 13:
A participación na competición supón a aceptación do presente Regulamento. A súa interpretación e todo o que non quede expresamente regulado, será decidido pola organización.

:: Comenta o Trail de Valadares neste tema do foro ::


:: Comenta o Trail de Valadares neste tema do foro ::