Calendario
Info da proba

Padrón

07/03/2015 16:30 - 19:30
Regulamento
XIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PADRÓN 10 KM.




Data: sábado, 7 de marzo de 2015.
Hora: a partir das 18:00 h probas adultos. Escolares a partir das 16:30 horas
Lugar: Concello de Padrón.
Distancia: de 200 a 10.000 m.
Organiza: Concellería de Deportes de Padrón e FgA.
Inscrición: www.emesports.es y www.carreirasgalegas.com

A Concellería de Deportes de Padrón organiza o sábado 7 de marzo de 2015 a partir das 16:30 horas, a XIII Carreira Popular Concello de Padrón.
A proba absoluta se disputará sobre unha distancia de 10 km homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA). As probas levaranse a cabo na localidade de Padrón (A Coruña) e estarán baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Gallega de Atletismo. As probas estarán suxeitas o seguinte:
REGULAMENTO
• Poderán participar atletas federados e non federados. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

• CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN:
Para a XIII Carreira Popular Concello de Padrón as categorías de competición serán as seguintes:

CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
PITUFO Atletas nados no 2011 e posteriores*
PREBENXAMÍN Atletas nados nos anos 2008, 2009 e 2010*
BENXAMÍN atletas nados no 2006 e 2007
ALEVÍN atletas nados no 2004 e 2005
INFANTIL atletas nados no 2002 e 2003
CADETE atletas nados no 2000 e 2001
XUVENIL atletas nados no 1998 e 1999
JUNIOR atletas nados no 1996 e 1997
PROMESA atletas nados no 1993, 1994 e 1995
SENIOR atletas nados entre 1981 e 1992
VETERANOS A atletas nados entre 1970 e 1980
VETERANOS B atletas nados entre 1960 e 1969
VETERANOS C atletas nados en 1959 e anteriores
VETERANAS A atletas nadas entre 1970 e 1980
VETERANAS B atletas nadas en 1969 e anteriores
* As categorías Pitufo e Prebenxamín non son categorías federadas


• DISTANCIAS E HORARIOS:
O percorrido da proba absoluta estará homologado pola RFEA e as marcas entrarán a formar parte do ranking galego e nacional da distancia de 10 km en ruta. A SAÍDA DAS PROBAS ESTARÁ SITUADA NO CAMPO DO SOUTO. Na proba absoluta haberá caixóns de saída dependendo das marcas realizadas na distancia (só en probas homologadas na presente ou na pasada tempada).

HORA CATEGORÍA DISTANCIA
16:30 h PITUFOS 200 m aprox.
16:40 h PREBENXAMÍN 500 m aprox.
16:50 h BENXAMÍN 1000 m aprox.
17:00 h ALEVÍN 1000 m aprox.
17:15 h INFANTIL – CADETE 3500 m aprox.
18:00 h. XUVENIL 5 km homologados pola RFEA
(1 volta circuíto Grande)
18:00 h. JUNIOR / PROMESA /
SENIOR e VETERÁN 10 km homologados pola RFEA
(2 voltas circuíto Grande)
19:15 h ENTREGA DE PREMIOS PROBAS ESCOLARES (AUDITORIO MUNICIPAL)
19:45 h ENTREGA DE PREMIOS PROBA ADULTOS E CAMPEONATO GALEGO (AUDITORIO MUNICIPAL)

O percorrido da proba absoluta estará indicado, controlado e sinalizado cada kilómetro. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ao longo do percorrido.

• INSCRICIONS
 ADULTOS (de xuvenil a veteráns): ata o mércores 4 de marzo de 2015 ás 22:00 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición). Deberán indicar a marca en 10 km homologados na anterior tempada ou na presente.

 ESCOLARES (ata cadetes): ata o mércores 4 de marzo de 2015 ás 22:00 horas a través da plataforma online web www.emesports.es (única forma de inscrición) onde deberán indicar os datos da inscrición requeridos.

 Teléfono de información: 627 008 584 en horario de 9 a 14 horas.

Non se aceptarán inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatórios presentes no formulário de inscrición online.

> O PREZO da inscrición (a proba absoluta estará controlada a través dun CHIP) será o seguinte:
- CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes): GRATUITA
- ADULTOS (xuvenil e superiores): 5,00 €

A pre-inscricion de adultos non se completará se non se fai o pago no momento de inscribirse na web www.emesports.es. Haberá un límite de 1000 inscritos na proba absoluta.
Calqueira dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono: 627 008 584 en horario de 9 a 14 horas.

• RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS
Realizarase o día da proba no AUDITORIO MUNICIPAL a carón do Centro Social (Campo do Souto) en horario de 11:30 a 13:30 horas (recomendable); tamén poderán recollerse dende as 15:00 horas ata media hora antes do inicio de cada proba.
O dorsal outorgado pola organización deberá levarse colocado na parte anterior do corpo (zona próxima ao peito), en toda a súa extensión e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descualificado a criterio do xuiz árbitro da competición.
CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.
TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA

DESCUALIFICACIÓNS: Todo corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos FGA e RFEA para probas en ruta, será descualificado a criterio do Xuiz Árbitro da Competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO DA COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.

• TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS
› PROBAS ESCOLARES
- Trofeos aos 3 primeiros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo, agás nas
categorias pitufo e prebenxamín onde non haberá clasificación.
- Medallas a todos os participantes.
- Agasallos según disponibilidade e ata fin de existencias.
› PROBA ABSOLUTA
- Trofeo aos 3 primeros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo.
- Trofeo especial aos 3 primer@s da clasificación xeral Masculina e Feminina.

Entregarase un agasallo conmemorativo da proba a cada participante, tanto escolar como absoluta, ata fin de existencias. Pendente de confirmar agasallos puntuais por firmas colaboradoras.

PREMIOS EN METÁLICO DA PROBA ABSOLUTA
› 1º/ª Clasificado/a: 400 €
› 2º/ª Clasificado/a: 300 €
› 3º/ª Clasificado/a: 200 €
› 4º/ª Clasificado/a: 100 €


PREMIOS A CLUBES
› 1º Equipo Clasificado: 300 €
› 2º Equipo Clasificado: 200 €
› 3º Equipo Clasificado: 150 €

A clasificación por clubes será establecida a través dos 10 primeiros corredores en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 10º compoñente. Os equipos poderán ser mixtos.
SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METÁLICO, que terán que remitir o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente ó correo FGAsantiago@gmail.com no prazo de inscrición da proba absoluta. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.
Os premios en metálico estarán suxeitos as correspondentes retencións legais.
PREMIOS ESPECIAIS DA CARREIRA POPULAR
- Trofeo o/a 1º/ª Corredor/a local da proba absoluta.
- Trofeo Participación, o colexio/clube con máis corredores inscritos que finalizen a proba.
- Trofeo Benxamín, o corredor/a de menor idade.
- Trofeo Superveterán ao corredor con maior idade que finalize a carreira popular.
- Trofeo Superveterana á corredora con maior idade que finalize a carreira popular.
- 3 invitacións para 2 persoas ó Aquaform do Balneario de Cuntis ós 3 primeros/as
clasificados/as da carreira popular absoluta.
- 3 cestas de productos EROSKI valoradas en 60, 30 y 20 euros ós 3 primeros/as clasificados/as da carreira popular absoluta e do campeonato de España de 10 km en ruta.

O PAGAMENTO DOS PREMIOS EN METÁLICO REALIZARASE POR TRANSFERENCIA BANCARIA, PARA O CAL E UNHA VEZ QUE REMATEN AS PROBAS, OS ATLETAS E CLUBES PREMIADOS DEBERÁN RELLENAR UN DOCUMENTO COS DATOS REQUERIDOS (PRESENTACIÓN DO DNI OU DOCUMENTO ACREDITATIVO DA IDENTIDADE, ENTIDADE BANCARIA E Nº DE CONTA, DOMICILIO E TF DE CONTACTO).

• OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS

A participación de atletas estranxeiros en competicións de ruta autonómicas rexerase polas regras de competición 2015 publicadas no sitio web oficial da RFEA , e en especial o artigo 3.4 (páxina 72 do manual) , artigo que se pode consultar no seguinte enlace:

http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2015/00Reglamentacion2015.pdf

Haberá Servicio de Duchas nos Polideportivos do Souto (só para homes) e do Grupo Escolar (para homes e mulleres). O horario de apertura de ambos será de 15:30 h – 19:30 horas.

Poderán consultar os resultados oficiais e toda a información relativa ás probas nas webs:
- www.carreirasgalegas.com
- www.atletismogalego.org
- www.fgatletismo.es/santiago/
- www.emesports.es
- www.correrengalicia.org