Calendario
Info da proba

Vigo - Entroido

15/02/2015 11:00 - 13:00
Regulamento I Carreira do Entroido, Concello de Vigo

REGULAMENTO

Art. 1: O Concello de Vigo organiza por primeira vez, o 15 de febreiro de 2015, a “I Carreira do Entroido” con saída e chegada na Porta do Sol. Evento que, enmarcado dentro da programación do Entroido de Vigo, terá un carácter sobre todo festivo, polo que se anima a todo o mundo a vir disfrazado.

Art.2: Poderán participar na mesma, atletas federados e non federados; dándose unha clasificación conxunta dos mesmos.

Art. 3: DISTANCIAS e HORARIOS

SAÍDA CARREIRA ANOS/ IDADES DISTANCIA
11:00 Absoluta 1999 e anteriores 8.888 m
11:15 Rapaces 2000, 2001, 2002 1200 m aprox.
11:30 Nenos 2003, 2004, 2005 600 m aprox.
11:40 Pequenos 2006, 2007, 2008 250 m aprox.
12:00 Pequerrechos 2009, 2010, 2011 60 m aprox.

* O control da carreira absoluta cerrarase ás 12:30.


Art. 4: PREMIOS

■ Na carreira Absoluta:

- Haberá un premio especial ó chegar a meta para todos aqueles que corran disfrazados.

- Darase un premio económico de 150 € ó mellor grupo/conxunto de máis de 5 persoas (que inscribíndose como tal) corran disfrazados. Para determinar cal de tódolos grupos é o mellor a organización disporá dun xurado a pé de rúa, que valorará a orixinalidade, sintonía do grupo e graza.

- Daranse premios en metálico ós 3 primeiros clasificados absolutos en ambos sexos: 1º Clasificado/a 300 €, 2º Clasificado/a 200 €, 3º Clasificado/a 100 €.

- Ademais entregaranse premios ós 3 primeiros de cada un dos sexos das distintas categorías establecidas no cadro seguinte:

CATEGORÍA ANOS/ IDADES
Xuvenil 1999, 1998
Júnior 1997, 1996
Promesa 1995, 1994, 1993
Veteranos +40 con 40 e máis
Veteranos +50 Con 50 e máis
Veteranos +55 Con 55 e máis

- Así mesmo tódolos participantes da carreira absoluta recibirán un obsequio conmemorativo da proba ó recoller o seu dorsal, dentro da súa bolsa de corredor.


■ No resto de carreiras (menores):

- Haberá premio para os 3 primeiros de cada un dos sexos nas categorías que seguen:

CATEGORÍA ANOS/ IDADES
Rapaces 2000, 2001, 2002
Nenos 2003, 2004, 2005
Pequenos 2006, 2007, 2008

- Na carreira de Pequerrechos (2009, 2010, 2011), que terá carácter unicamente participativo, daranse medallas a tódolos participantes.


Art. 5: PERCORRIDO

As carreiras de Rapaces, Nenos, Pequenos e Pequerrechos desenvolveranse na peonil Rúa do Príncipe. Con saída e punto de encontro no final desta rúa con Praza Porta do Sol.

A carreira absoluta con saída na Porta do Sol, fará un percorrido por Rúa Elduayen, Paseo de Alfonso XXI, Rúa Pi y Margall, Rúa Tomás A. Alonso, Praza da Industria, Rúa Tomás A. Alonso, Rúa Simancas, Avda. de Beiramar, Rúa Cánovas del Castillo, Rúa Montero Ríos, Rúa Concepción Areal, Rúa Isaac Peral, Avda. García Barbón, Rúa Policarpo Sanz e remate de novo en Porta do Sol.


Art. 6: INSCRICIÓNS

O prazo de inscrición remata o martes 10 de febreiro ás 24:00 horas. Tódalas inscricións realizaranse a través da web championchipnorte.com
A inscrición en calquera das carreiras É GRATUÍTA. Na carreira absoluta está limitada a 1000 participantes dándose dorsais por estrito orde de inscrición.
Rógase que debido ó límite de prazas só se inscriban aqueles que con seguridade vaian participar, pois senón farase perder a praza de outra persoa.

Art. 7: RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS


Sábado 14 De 17:00 a 20:00 Sede da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo Teléfono: 886 13 96 70 Rúa do Ecuador, 34 C.P. 36203 Vigo, Pontevedra

Domingo 15 De 9:30 a 10:30 Inmediacións saída


Art.8: SERVIZOS
A organización porá un servizo de asistencia, que velará pola saúde dos atletas.
Contará tamén cos correspondentes seguros de Responsabilidade Civil e Accidentes, válidos durante o transcurso do evento.

Art. 9: Todo corredor que non entre en meta co seu dorsal e chip correspondentes ou que incumpra as normas do presente regulamento poderá ser desclasificado.

Art. 10: Queda totalmente prohibido levar calquera tipo de lenda con publicidade que conteña mensaxes de carácter político ou doutrinal, de signo partidario ou confesional, as que atenten contra os principios constitucionais, os dereitos humanos ou a lexislación vixente.

Art. 11: Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización. Nin bicicletas, patíns ou patinetes, nin persoas non inscritas na proba.

Art. 12: As reclamacións ós resultados oficiais deberán realizarse verbalmente, despois de terse feito públicos e como mínimo 20 minutos antes da entrega do premio, ante calquera membro do Comité Organizador.

Art. 13: Todo o non previsto neste regulamento resolverase mediante o consenso dos membros do Comité Organizador da carreira.

Art. 14: O feito de inscribirse nesta carreira implica a total aceptación do presente regulamento. Dando vostede autorización ós organizadores a rexistrar total ou parcialmente a súa participación mediante fotos, vídeos, televisión ou calquera outro medio de difusión.