Calendario
Info da proba

O Barco de Valdeorras

22/02/2015 12:00 - 13:30
Regulamento
IV Carreira Popular por Parellas "O Barconamora"

Data: domingo, 22 de febreiro de 2015.
Horarios e distancia:
12.00H PARELLAS ABSOLUTAS MASC. e FEM. Dende o 99 en adiante 5.000 M
13.00H CADETE - INFANTIL MASC.e FEM. 2000-2001/2002 e 2003 1000 M
13.10H ALEVIN MASC. E FEM. 2004 e 2005 500 M
13.15H BENXAMIN MASC. e FEM. 2006 e 2007 300 M
13.20H PITUFOS MASC.e FEM. 2008 e anteriores 100 M
13.25H ENTREGA DE TROFEOS
Lugar: O circuíto consta de unha volta de 5.000 m.
SAIDA e META estará situada na Praza José Otero do Concello de O Barco.
Organiza: Centro Comercial Aberto O Barco.
Inscrición: en Carreiras Galegas. Ver outras formas no regulamento.
Web: Delegación Valdeorresa de Atletismo



:: Comenta a Carreira de "O barconamora" neste tema do foro ::



O Centro Comercial Aberto O Barco, en colaboración coa Delegación F.G.A en Valdeorras e o Club ADAS-Proinor organiza a IVª Carreira Popular por Parellas “O barconamora”, que se desenrolará o vindeiro 22 de Febreiro do 2015.

As distancias son orientativas e non homologadas, o circuíto urbano consta de unha volta de 5.000 mts. aproximadamente.

INSCRICIÓNS:

1º.- As inscricións para a carreira e a andaina se realizará a través dun formulario de inscrición na páxina web da Delegación Valdeorresa de Atletismo (http://www.fgatletismo.es/valdeorras/), en el teléfono 988 321 150 o nas oficinas do Centro Comercial Aberto, Praza de España, O Barco.

2º.- As INSCRICIONS deberán estar en poder da Organización antes das 20.00 h.do martes 19 de Febrero.

3º.- As inscricións para a carreira serán de gratuítas.

4º.- Poderase inscribir no mesmo dia ata 1 hora antes do comezo da proba.

5º.- As inscricións dos cativos Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete, faranse ata 30 minutos antes do inicio das probas, na propia secretaría da proba, sendo esta inscrición gratuíta.

6º.- .-A retirada de dorsais realizarase na secretaría habilitada para tal fin, na Praza José Otero no Concello de O Barco, de 10 a 11.30 h.

REGULAMENTO:
1º.-Tódolos participantes terán asignado un dorsal, este irá situado no peito e terá que ser visible no desenrolo da proba.
As parellas que participen na Carreira absoluta irán atadas polos pulsos cun lazo que se entregará, xunto cos dorsais.

2º.-Faranse control de paso en varios puntos do circuíto que a organización establecerá durante o transcurso da proba polos cales terán que pasar os participantes para non ser descalificados.

3º.- O peche do control será 1 hora despois de que entre o 1º clasificado en meta.

4º.-As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 40 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. Se son desestimadas por este poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 30 euros ao Xurado de Apelación.

5º.-Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, manipular o dorsal, falsificar datos persoais.

6º.- Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores

7º-Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de saír acepta o presente regulamento, e responsabilizase de calquer accidente que poida surxir durante a súa participación na proba, inda que a organización poñerá todos os medios o seu alcance para que non ocorran.

8º- Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, excluidos os casos derivados de un padecemento latente, imprudencia o inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluidos os casos producidos polo desprazamento; o lugar da competición ou dende o mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo axeno a organización, estando estes últimos debidamente identificados.

9º.- A organización dispondrá de SERVICIOS MÉDICOS E AMBULANCIA dende una hora antes do comenzo da carreira e ata media hora dispois de pechar o acto. Os Servicios médicos, están facultados para retirar da carreira a cualquier participante que manifestase un mal estado físico durante o desarrollo da mesma. Así mesmo, recomendase a todos os inscritos, leven a cabo antes de tomar parte na carreira un reconocemento de aptitud médico deportivo que descarte calquer patoloxía que impida a sua participación.


OUTRAS OBSERVACIÓNS:

Podrán participar nas distintas probas todos aqueles atletas que o desexen, por norma xeral en competicións do calendario autonómico non podrán participar atletas españois con axuda económica da RFEA nin atletas extranxeiros que houbesen feito unha marca igual o mellor ca que se indica no seginte cuadro longo da presente tempada ou as 2 anteriores:

Proba Homes Mulleres 800m 1'48"50 2'05"00 1500m 3'42"00 4'17"00 3000m 8'10"00 9'30"00 5000m 13'45"00 15'55"00 10000m 28'50"00 33'50"00 3000m.obst 8'50"00 10'25”00 10km.ruta 29'10" 33'50" Medio Maratón 1h03'00" 1h13'30" Maratón 2h12'00" 2h34"00
En ambos casos, esta prohibición non afectará as probas do Calendario Autonómico por la que o atleta teña licencia. A RFEA, atendendo as especiais circunstancias deportivas, podrá autorizar, previa solicitud e de manera excepcional, a participación de atletas extranxeiros (ou españois con axuda económica) nas probas dos respectivos Calendarios Autonómicos. As probas que teñan unha participación de atletas extranxeiros no residentes superior o 5% do total de inscritos deberán obrigatoriamente estar incluidas no Calendario Nacional.

O descoñecemento de este regulamento non exime do seu cumprimento.
Todo o non previsto na presente normativa se rexirá polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o reglamentado por instancias superiores.

PREMIOS:
- Trofeos as tres primeiras parellas da categorías.
- Medalla para todos os nenos que rematen a proba.
- Sorteos entre os participantes.


CATEGORIAS:
Na carreira absoluta, que será por parellas, establécense as seguintes categorías:

Dende 1999 en adiante.
- Categoría parella mixta (home+muller).
- Categoría parella masculina (home+home)
- Categoría parella feminina (muller+muller)


HORARIO E DISTANCIAS:
12.00H PARELLAS ABSOLUTAS MASC. e FEM. Dende o 99 en adiante 5.000 M
13.00H CADETE - INFANTIL MASC.e FEM. 2000-2001/2002 e 2003 1000 M
13.10H ALEVIN MASC. E FEM. 2004 e 2005 500 M
13.15H BENXAMIN MASC. e FEM. 2006 e 2007 300 M
13.20H PITUFOS MASC.e FEM. 2008 e anteriores 100 M
13.25H ENTREGA DE TROFEOS


CIRCUITO:

O circuíto consta de unha volta de 5.000 m.
SAIDA e META estará situada na Praza José Otero do Concello de O Barco.



:: Comenta a Carreira de "O barconamora" neste tema do foro ::