Calendario
Info da proba

Illa de Ons

17/05/2015 All Day Event
Regulamento II Carreira Pedestre Volta á Illa de Ons


O clube Corredoiras de Bueu coa colaboración do Concello de Bueu organizan a II Volta a Illa de Ons o vindeiro 17 de Maio de 2015. Este ano as inscripcións faránse a través da páxina web do Clube:
corredoirasbueu.wordpr...cripcion/.
O Prazo de inscricion estará aberto dende o 9 de Abril as 00:00 ata o 9 de Maio as 24:00 horas cun límite de 350 participantes, todos aqueles que desexen participar deben ser maiores de 18 anos o día da proba e deberán aboar 15€ en concepto
de inscrición, esta cuota inclúe o dorsal, bolsa de agasallos con camiseta conmemorativa, froita e bebidas e información turística e medioambiental da Illa. O método de pago será mediante transferencia bancaria,
os datos se facilitarán por correo electrónico unha vez feita a preinscripción. En paralelo a esta proba tamén se celebrará unha andaina da cal damos información máis abaixo.
Na mesma páxina do clube mostrarase información acerca da compra dos billetes para desprazarse en barco ata a Illa de Ons. Os prezos dos billetes terán unha rebaixa especial co gallo da carreira, sendo de só 8€
para os participantes e para todas aquelas persoas que queiran acompañar ou simplemente vixitar esta fermosa Illa.

Máis Información:
CATEGORIAS
Absoluta masculina e feminina.
ENTREGA DE DORSÁIS
O día anterior á proba na sala Amalia Domínguez Búa de Bueu na Rúa Eduardo Vincenti Nº2 (Horario por confirmar) e o mesmo día da proba no peirao de Bueu a partir das 8:00h da mañán.
DISTANCIA
O percorrido estará sinalizado e balizado ao longo dos 19 kilómetros discurrindo por camiños afastados das zonas sensibles respecto da flora e fauna. O desenvolverse a proba nun Parque Nacional,
queda prohibido saír das zonas habilitadas como roteiros.
TROFEOS:
Para os tres primeiros clasificados das categorías masculina e feminina.
Data: Domingo 17 de Maio de 2015 Hora: 11:30 Lugar: Illa de Ons O control da proba pecharase ás 14.00 horas
ACTIVIDADE “ANDAINA”:
Dificultade BAIXA. Distancia entre 5 e 7 km. Duración aproximada 2h. Saída despois de que comece a carreira. A actividade é gratuíta excepto o barco que custa 8 € por persoa (ida e volta).
Forma de inscrición: a través do formulario da páxina web do clube: corredoirasbueu.wordpr...-andaina/. A inscrición nesta actividade pode facerse de maneira colectiva.
SERVICIOS:
Disporase de servicio de duchas en gardaroupa para os participantes da carreira.
COMIDA:
Para quen o desexe ofertarase un menú a 8 € tanto en Casa Checho e en Casa Acuña.
RESERVA DO MENÚ:
Recoméndase ás persoas interesadas en comer nos restaurantes colaboradores (tanto corredores/as como acompañantes e participantes na andaina), que fagan a correspondente RESERVA nos seguintes teléfonos:
CASA CHECHO: 639 563 572
CASA ACUÑA: 986 32 00 48
As reservas poden facerse do menú de 8 €, especialmente ofertado con motivo da carreira, ou en relación a calquera outro que se queira encargar.
RESERVA BILLETES:
Próximamente informaremos da venda dos billetes e os horarios para reservar directamente coas navieras.
NORMAS:
O día da proba non está permitido o uso de bicicletas (excepto pola organización) na Illa, polo que non será posible subilas ao barco.
Contacto: corredoirasbueu.wordpr.../contacto/
Correo electrónico: clubcorredoirasbueu @ gmail.com
Información da Carreira no foro
Reglamento da carreira