Calendario
Info da proba

Ori-Eclipse

20/03/2015 10:30 - 12:30
Regulamento
Ori-Eclipse - Areeiras da Limia
III Circuíto de Orientación Limiactiva 2015

Data: venres, 20 de marzo de 2015.
Hora: 10:30 h.
Lugar: Areeiras da Limia, Xinzo de Limia.
Organiza: Asociación Deportiva Limiactiva.
Inscrición: na web da proba. Ata o día 18 de marzo ás 20:00 h.
Web: Limiactiva (máis información e inscricións)

:: Comenta a Carreira no foro de Montaña e Orientación ::

Regulamento Circuíto de Orientación Limiactiva

1. O III CIRCUITO DE ORIENTACIÓN LIMIACTIVA 2015, estará composto por a lo menos 6 probas a celebrar nas sedes que se darán a coñecer según se vaian acercando as datas de cada unha delas.
A organización poderá modificar o número de probas a disputar, en función das datas dispoñibles. As modificacións serán debidamente comunicadas ós participantes inscritos no circuito a través da paxina web www.limiactiva.com ou do perfil de Facebook da A. D. Limiactiva.

2. CATEGORÍAS:
O circuito queda aberto para as categorías seguintes, tanto masculina como femenina:
- BENXAMÍN (2005-2006-2007)
- ALEVÍN (2003-2004)
- INFANTIL (2001-2002)
- CADETE (1999-2000)
- ÉLITE (Sen límite de idade)
- D/H-45 (Nados no 1970 e anteriores)
- D/H-55 (Nados no 1960 e anteriores)

A organización poderá programar diferentes percorridos en función da categoría elexida, sendo a categoría ÉLITE a de percorridos mais longos.
Non necesariamente se organizarán probas con diferentes circuitos, esto quere decir que será posible que tódalas categorías participen cun único mapa ou percorrido.

A A. D. Limiactiva ten solicitado á FEGADO a organización de duas probas de Liga Galega, que tamén formará parte do noso circuito. Esta proba terá unhas cuotas de inscrición diferentes ás do circuito, ó tratarse dunha proba oficial do calendario galego.

3. CLASIFICACIÓNS:
- Para optar á clasificación final, será necesario ter participado en n-2 xornadas do circuito, sendo n o número total de probas organizadas.
- A entrega de premios realizarase na primeira proba do Circuito Limiactiva 2016.

4. INSCRICIÓNS:
- Tódalas inscricións realizaranse a través do formulario que figura na web www.limiactiva.com ou enviando un correo electrónico co nome e apelidos, data de nacemento, localidade e teléfono de contacto á dirección limiactiva@gmail.com.
- Será necesario inscribirse en cada unha das probas a realizar.
- A cuota de inscrición será de 3 euros por proba, a pagar o día da competición, no momento da recollida da tarxeta de control.
- A inscrición será gratuita para as categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.
- Tamén será de balde para os ORI-Socios e Socios Atletas da Asociación Deportiva Limiactiva.

5. RESULTADOS.
- Ós resultados provisionais exporanse na web www.limiactiva.com.

6. SEGURO.
- A A. D. Limiactiva dispón dun seguro de Responsabilidade Civil e contratará un seguro de accidentes para cada participante en cada unha das probas organizadas.

7. ACEPTACIÓN DAS NORMAS.
Tódolos participantes inscritos aceptarán as normas de esta competición, que esixen un riguroso respeto o Medio Ambente, ós competidores e ó material empleado nas competicións (balizas e pinzas de control), sendo descalificado o corredor que sexa sorprendido modificando o lugar das balizas.


:: Comenta a Carreira no foro de Montaña e Orientación ::