Calendario
Info da proba

Magalofes, Fene

21/06/2015 11:30 - 14:00
Regulamento
III Rompepernas Magalofes 2015, Fene

Data: domingo, 21 de xuño de 2015.
Hora: 11:30 h.
Lugar: Parroquia de Magalofes, Fene.
Distancia: 10.300 m.
Organiza: AAVV San Xurxo de Magalofes
Inscrición: En Carreirasgalegas ata o 17 de xuño ás 19:00 h e limitada a 400 participantes.



:: Comenta a Carreira de Magalofes neste tema do foro ::


REGULAMENTO
- A proba disputarase nas parroquias de Magalofes (Fene) e Laraxe (Cabanas). A saída e chegada da proba farase a carón do local Social da Asociación de Magalofes e o circuíto estará debidamente sinalizado.

- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Ferrol.

- A inscrición da proba poderá realizarse nas webs http://www.fgatletismo.es/ferrol/ e www.carreirasgalegas.com con data límite o Mércores 17 de Xuño ás 19 horas e estará limitada a 400 participantes.

- O prezo da inscrición será de 5€ que serán aboados mediante a pasarela de pago no formulario de inscrición.

- Os dorsais retiraranse previo pago da inscrición na secretaría da organización ubicada no local da asociación, a carón da SAIDA da proba, e con prazo límite 30 minutos antes do comezo da proba.

- Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de xeito correcto na zona do peito, será automaticamente descalificado.

- Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da proba.

- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa presentación do DNI ou pasaporte.

- Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.

- O horario da saída poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba.

- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.

PREMIOS
- Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento, masculinos e femininos

- Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.

CATEGORÍAS
CATEGORIA ANO DE NACEMENTO HORA DISTANCIAS
Xuvenil 1996-1997 11.30 10,3 Km
Junior 1994-1995 11.30 10,3 Km
Promesa 1991-1992-1993 11.30 10,3 Km
Senior 1990-1979 11.30 10,3 Km
Veterano Nados entre 1978 e anteriores 11.30 10,3 Km

CIRCUITO
O circuíto esta detallado no rutómetro Adxunto.


:: Comenta a Carreira de Magalofes neste tema do foro ::