Calendario
Info da proba

Illas Cíes

21/06/2015 9:00 - 21:00
Regulamento Andaina Illas Cíes

Día: 21 de Xuño de 2015
Saída e chegada: Porto Deportivo – RIBEIRA (A Coruña) // Saida: 9:00 h. (embarque) // Chegada: 21:00 h. (aprox.)
Inscricións:
- Persoas de 13 anos a diante 18 €;
- Nenos de 3 a 12 anos incluidos 13 €;
- Nenos menores de 3 anos gratis.
A organización poderá comprobar a idade do menor esixindo a presentación dun documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)
Prazas: 190
Páxina web oficial: www.arousa.com
E-mail: contacto@arousa.com

Roteiro de sendeirismo pola Illa do Medio e do Faro pertencente ao arquipélago das Illas Cíes (Parque Nacional das Illas Atlánticas). A saida será do Porto Deportivo de Ribeira ás 9:00 h. e chegarase ás Illas Cies ás 10:45 h. (aprox.). Unha vez alí iniciarase unha andaina que pasará polos seguintes puntos: Praia de Rodas, Pedra da Campá, Faro de Cíes, Faro da Porta, praia da Nosa Señora, cunha distancia arpx.de 7 km. e de unhas dúas horas (aprox.). A ruta será guiada por monitores e recoméndase seguir as instruccións que faciliten. A dificultade é media sendo apta para calquer idade.