Calendario
Info da proba

Vimianzo

26/06/2015 20:30 - 22:30
Regulamento 1ª LEGUA IRMANDIÑA CONCELLO DE VIMIANZO

REGULAMENTO I LEGUA IRMANDIÑA
VIMIANZO, VENRES 26 DE XUÑO DE 2015
1. IDEOLOXÍA
Ao abeiro da festa do Asalto ao Castelo, a celebrar no seu día central o sábado
4 de xullo de 2015, e con motivo da súa XX edición, foi demanda popular
atendida artellar unha carreira popular vertebrada co Castelo e cunha distancia
baseada nas antigas unidades de medida.
Por suposto, a carreira nace imbuída do espírito do Asalto, de tal xeito que a
chegada ao Castelo estará ambientada e decorada, máis alá dese momento
final monumento e da competición organizada no morrer do día.
Tamén por suposto, todas as idades terán acubillo nas distintas categorías que
conforman a carreira.
Xa por último, esta actividade deportiva entróncase con outra cultural que terá
lugar xusto a continuación: un concerto de presentación do CD Irmandiño Son,
a cargo dos artistas protagonistas; por tanto, haberá festa tras a carreira.
2. CATEGORÍAS-DISTANCIAS-HORARIOS-PERCORRIDOS
Categorías Benxamín e Alevín (aprox. 800 m.): 20h 30´
Regulamento I Legua Irmandiña
Categorías Infantil, Cadete e Xuvenil (aprox. 1500 m.): 20h 45´
Categoría Pitufos –nados entre 2008 e 2011– (aprox. 300 m.): 21h 10´
Regulamento I Legua Irmandiña
Categorías Absolutas (aprox. 5888 m.): 21h 30´
Volta vermella: volta inicial, con saída e paso por diante da praza do concello.
Volta azul: volta final, con meta no Castelo.
3. NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE
1. Rexerase pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da
Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos
para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto
1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de
decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto
849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de
responsabilidade civil e de accidentes).
2. Cada proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do
concello de Vimianzo. Tamén contará cun seguro de accidentes que terá
as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/1993.
3. Contará cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e
un médico, como proba que non supera os 750 participantes.
4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou
percorridos, así como aprazar ou suspender a carreira se así o estima
oportuno por razóns de seguridade.
5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta
laranxa a proba será suspendida automaticamente. Buscarase unha data
adecuada para desenvolvela e non se devolverán os cartos da inscrición.
6. Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo
delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira,
considéranse a todos os efectos usuarios normais da vía.
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade
e non poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará
Regulamento I Legua Irmandiña
amparada polos seguros da proba.
8. Debido ao carácter estritamente deportivo e popular da proba non se
admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícito a aceptación
do Regulamento Xeral da proba. O Concello de Vimianzo, así como a
Comisión Organizadora non se farán responsables dos danos físicos, morais
ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. O non recollido no
mesmo resolverase segundo o criterio da comisión organizadora, sendo as
súas decisións inapelables.
9. A organización porá a disposición dos participantes na carreira unha
instalación para que se poidan cambiar e duchar, así como un servizo de
garda roupa.
10.Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola
organización.
11.Descualificacións:
O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba
a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
Todo atleta que non realice o percorrido completo.
O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en
protestas ante a organización.
4. DEREITOS DE IMAXE, USOS DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente
regulamento e calquera posible modificación.
A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir
acompañada dunha autorización paterna segundo o modelo establecido pola
organización. Dito modelo poderase descargar da páxina web do concello
organizador así coma de www.championchipnorte.com.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os
compromisos que a continuación se expoñen:
O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os
pertinentes recoñecementos de saúde.
Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...)
deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.
O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a
súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet, (…) para a
promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización
da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.
5. SISTEMA DE CRONOMETRAXE, CHIPS E RECOLLIDA DE DORSAIS
Para controlar as probas estableceranse controis de cronometraxe por chip
(deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas). Todas as probas, agás as de
categoría pitufo serán cronometradas por Championchipnorte.
Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías (facilitado pola
organización), agás pitufo.
Regulamento I Legua Irmandiña
Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola
organización).
O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación.
O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a
dirección de carreira.
O horario de apertura das mesas: a mesa de recollida de dorsais abrirá ás
19:00 e estará ubicada na Casa do Concello. Os dorsais e chips poderanse
recoller ata 30 minutos antes do inicio da proba.
 A retirada de dorsal e chip (no caso de non posuílo) deberá realizarse
como mínimo con 30 minutos de antelación ao inicio da carreira.
Os chips son persoais e intransferibles polo que a suplantación da
personalidade dos atletas, sancionarase coa descalificación do portador e
do/a atleta suplantado, anulando todos os dereitos adquiridos na inscrición.
6. INSCRICIÓNS
O prazo de inscrición para todas as categorías pecharase o mércores 24
de xuño ás 24:00h., e non se aceptará ningunha inscrición unha vez
rematado dito prazo.
As inscricións para os atletas das categorías absolutas realizaranse a
través da páxina web www.championchipnorte.com
Cotas de inscrición:
3€ para atletas con chip en propiedade (chip amarelo).
5€ para aqueles corredores que deban alugar o chip (chip branco).
Inscricións de Categoría Base:
A inscrición para os atletas de categorías base, dende pitufo a xuvenil,
serán gratuítas.
As inscricións para os atletas benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil
poderán realizarse a través de:
1) Plataforma Championchip ( www.championchipnorte.com. ) A
autorización paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente
cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá
ser descargada en www.championchipnorte.com ou na páxina do
concello de Vimianzo.
2) Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de
Deportes do concello organizador.
Os/as atletas de categoría Pitufo deberán facer a inscrición do seguinte
xeito:
1) Enviando un email ao Departamento de Deportes
(deportes@vimianzo.gal) coa autorización paterna cuberta e asinada. Á
hora de recoller o dorsal deberá presentarse impresa e asinada dita
autorización paterna.
2) Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de
Deportes do concello de Vimianzo.
Regulamento I Legua Irmandiña
O prazo de inscrición para todas as categorías pecharase o mércores
24 de xuño ás 24:00h., e non se aceptará ningunha inscrición unha vez
rematado dito prazo.
7. AGASALLOS
As persoas inscritas con pago de por medio, isto é as categorías absolutas,
recibirán unha camiseta histórica do Asalto (ata esgotar existencias e coas
tallas limitadas a existencias).
Ao remate da carreira poderán recibir un avituallamento líquido e sólido.
8. CLASIFICACIÓNS, TROFEOS/MEDALLAS e ENTREGA DE PREMIOS
Clasificacións da proba absoluta:
 Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
 Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as
clasificados/as na categoría xeral (os tres primeiros/as que entren na
meta).
Clasificacións das probas de base:
 Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as
clasificados/as en cada unha das categorías (benxamín, alevín, infantil,
cadete e xuvenil).
 Ademais nas categorías pitufo, benxamín e alevín recibirán medalla
conmemorativa todos os participantes na proba.
Entrega de premios:
 A entrega de premios está prevista para ás 22h 30´ na Praza do Concello
de Vimianzo, lugar no que se habilitará un podio.





LUGAR DE INSCRIPCIÓN:
https://championchipnorte.com