Calendario
Info da proba

Miño

27/06/2015 10:30
Regulamento 1ª 10 km. San Pedro Miño

www.carreirasgalegas.c...d07ff554f3

A Comisión de Festas de Miño organiza a 1ª 10k SAN PEDRO MIÑO baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo e incluida no Calendario Oficial da FGA. Unha parte do recadado será destinado a asociación española contra o cáncer, xunta local de Miño.

SAÍDA: A hora de saída da proba será as 10:30 h. diante do pavillón municipal. Os participantes deberán colocarse na liña de saída 10 minutos antes do comezo da proba. O percorrido terá unha distancia de 10,8 km. O trazado consta de zonas asfaltadas e non asfaltada (camiño de santiago)

INSCRICIÓNS: data límite mércores 24 de xuño de 2015 ás 23:59 h. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin o día da carreira.
DORSAIS: Os dorsais e os chips retiraranse na secretaría da organización ubicada no Pavillón Municipal de Miño (a carón da saída) dende as 09:00 h. ata as 10:00 h. o día da proba.
SERVIZOS:
Os participantes poderán contar cun servizo de duchas no pavillón municipal situado a carón da meta.
Situarase un punto de avituallamento na metade do recorrido, asi como na chegada.

TROFEOS:
Entregarase un trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto masculino coma feminino.
Asemade tamén se entregará ao primeiro e primeira clasificado/a do concello de Miño (farase constar na inscripción) e ao participante máis veterano e para a máis veterana.
Asemade farase entrega duns vales de compra para os clasificados nas posicións comentadas anteriormente.