Calendario
Info da proba

Santiago

31/12/2015 18:15 - 19:15
Regulamento
III SAN SILVESTRE COMPOSTELANA


Data: 31 de decembro de 2015
Hora: 18:15 horas
Lugar: Santiago de Compostela
Distancia: 4 km aproximadamente
Inscrición: www.sansilvestresantiago.com

A Federación Galega de Atletismo organiza co patrocinio do Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes, a III Carreira San Silvestre de Santiago de Compostela que terá lugar o 31 de decembro de 2015 a partir das 18:15 horas da tarde.

Esta proba continua co labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns, tal e como se fixo no IV Circuito de Carreiras Saudables de Santiago rematado o pasado 10 de outubro.

As probas estarán suxeitas o seguinte:

REGULAMENTO

1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices (Federación Galega de Atletismo).

2. A SAÍDA da proba será ás 18:15 horas desde a Praza do Obradoiro. A zona de META estará ubicada tamén na Praza do Obradoiro.

3. A idade mínima para poder tomar parte na proba será a de aqueles atletas nados/as no ano 2006 e anteriores. A organización non se fará responsable dos atletas menores da idade mínima esixida neste regulamento (ano 2006, categoría alevín), polo que non poderán participar oficialmente na proba.

4. CATEGORIAS E HORARIOS

Haberá unha única proba:

CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIA HORA

CATEGORÍA ESCOLARES
do 2001 ó 2006 4000 m aprox. 18:15 h

CATEGORÍA
ADULTOS
2000 e anteriores 4000 m aprox. 18:15 h
ENTREGA DE PREMIOS AS 19:15 HORAS

A SAIDA DA PROBA REALIZARASE DESDE A PRAZA DO OBRADOIRO
ÁS 18:15 HORAS

5. INSCRIPCIONS

ONLINE

 As inscricións da categoría ESCOLARES (do 2001 ao 2006) poderán realizarse na web www.sansilvestresantiago.com, con data límite o luns 28 de decembro ás 23.59.

 As inscricións da categoría ADULTOS farase tamén a través da web www.sansilvestresantiago.com, con data límite o luns 28 de decembro ás 23.59 horas.

Deberán rellenar o formulario cos datos requeridos e finalizar o proceso de inscrición (poderán consultar o listado provisional de inscritos en dita web).

Máis información en www.carreirasgalegas.com e www.atletismogalego.org e www.fgatletismo.es/santiago .

PRESENCIAL

A inscrición presencial poderase realizar no seguinte punto:

 Punto de información do Centro Comercial As Cancelas en horario de luns a sábados de 11 a 22 horas.

Deberán rellenar o formulario de inscrición no lugar e presentar a copia do xustificante de ingreso da cota de inscrición na conta da Federación Galega de Atletismo de A Banca nº ES82 2080 0068 7830 4001 indicando no concepto o nome e apelidos do atleta participante (o pago da cota de 6 € farase só en caso de atletas nados en 2000 e anteriores).

PREZOS DA INSCRICION

 CATEGORIA ESCOLARES (do 2001 ao 2006 incluídos): GRATUITA

 CATEGORÍA ADULTOS (1999 e anteriores): 6 €

* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web www.sansilvestresantiago.com e www.carreirasgalegas.com e presencialmente seguindo as instruccións desta modalidade de inscrición.

Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono 981 291 799 (Federación Galega de Atletismo), ou no em@il info@sansilvestresantiago.com.

Teléfonos de información xeral da proba:

981 291 799 / 981 528 730


Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da proba.

Em@il de información info@sansilvestresantiago.com .

6. PREMIOS E AGASALLOS

Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría escolares (4 km aprox.).

Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría adultos (4 km aprox.).

Premio participación ao clube de atletismo federado masculino con máis INSCRITOS ADULTOS na proba.

Premio participación ao clube de atletismo federado femenino con máis participantes INSCRITOS ADULTOS na proba.

Premio participación ao GRUPO POPULAR con máis participantes inscritos na proba (deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).

Premio participación a EMPRESA con máis participantes inscritos na proba (deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).

Premio participación ao Centro Deportivo ou Ximnasio con máis participantes inscritos na proba(deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).

Premio ao mellor disfraz de grupo.

7. A recollida de dorsais realizarase nos seguintes prazos:

 LUGAR: Centro Comercial As Cancelas
 Horarios e días:
- 29 de decembro de 15:30 a 21:30 horas
- 30 de decembro de 11:00 a 21:30 horas
- 31 de decembro de 11:00 a 16:00 horas

Na proba todos atletas correrán cun chip que irá situado na parte traseira do dorsal que non poderá manipularse. Permitirase correr disfrazado, pero o dorsal deberá levarse de xeito visible na zona anterior do corpo.

8. CIRCUITO
O circuito será publicado previamente á proba na web www.sansilvestresantiago.com A Saída e Meta será desde a Praza do Obradoiro.

9. A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas suporá a total aceptación deste Regulamento. Queda totalmente prohibido correr na proba sen estar previamente inscrito. Prégase precaución na proba polo alto volumen de participantes na mesma. A seguridade é o primeiro.


10. Haberá servicio de duchas no polideportivo municipal de Lorenzo de la Torre (López Ferreiro). Previamente publicarase o horario de apertura nas webs da carreira.

11. Todo o non recollido no presente regulamento rexirase pola normativa de probas en ruta da FGA e da RFEA en vigor.


RESPONSABILIDADE

A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade.

A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

LOPD

Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediantea súainscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seusdereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.