Calendario
Info da proba

A Guarda

27/12/2015 9:30 - 12:00
Regulamento IV REUNIÓN ATLÉTICA SOLIDARIA
27 de Decembro do 2015 - Porto da Guarda

Regulamento:
1º – O Concello da Guarda coa colaboración da Sociedade Atlética do Trega e das asociacións locaiss de Conrazones, Asociación San Vicente Paúl, Servizos Sociais do Concello e Club de Remo Robaleira, celebrarase a IV Reunión Atlética e Andaina Solidaria o día 27 de Decembro do 2015 no porto da Guarda.

2º A inscrición gratuíta cada atleta participante aportará os alimentos perecedoiros e non perecedoiros que desexe. Agradecemos en especial a entrega de leite, azucre, cacao, chocolate, conservas, embutidos, produtos envasados ó baleiro, aceite e produtos de uso diario como champú e xel.

3º Convidamos os deportistas que a título individual ou colectivo queiran sumarse a esta iniciativa e á cidadanía en xeral, a colaborar na doazón de alimentos que serán recollidos na secretaría da carreira.

3º Os horarios de saída das carreiras populares (federados e non federados) serán os seguintes:

9:30-12Km
ANDAINA Todas as idades

10:15-10km
Sénior mulleres e homes 93 e antes
Veteranos mulleres e homes 35 a 39 anos
Veteranos mulleres e homes 40 a 44 anos
Veteranos mulleres e homes 45 e antes
Promesas mulleres e homes 94/95/96/97/98/99/2000

11:20-1.500m
Carreira menores 2001/2/3/4/5/6/7/2008

11:45-150m
Pulgas mulleres e homes 2009/10/11/12/13/2014

Entrega premios 12:00

4º As inscricións efectuaranse a través na páxina http://www.reunalia.com/349996. Os participantes deberán enviar os seguintes datos: nome, apelidos, DNI, nº ficha (federados), club, residencia, data nacemento completa e teléfono).
Tamén se pode acceder ao enlace: http://www.reunalia.com/349996 a través de http://deporteaguarda.blogspot.com.es ou Deporte A Guarda no facebook.

5º - O prazo de inscricións péchase o día antes da celebración da proba.

6º O percorrido para a carreira júnior e sénior será o seguinte: saída e chegada no Porto da Guarda, Fernández Albor, Senda Litoral ata o Puntal, Praia O Muíño, Lamiña, Armona, Lagoas, Puntal, Senda Litoral, Fernández Albor e Porto da Guarda. Para o resto de categorías adaptaranse dous circuítos no entorno do paseo Marítimo do Porto Guardés.

7º Na carreira Promesa/Senior e veteranos realizarase unha clasificación por categorías de ambos os dous sexos que estarán dispoñibles nas páxinas de facebook Deporte A Guarda, http://deporteaguarda.blogspot.com.es/ e http://www.trega.es/.

8º Entregaranse medallas/trofeos para os tres primeiros clasificados das categorías promesa, sénior e veteranos.

9º A andaina, as carreiras de menores e pulgas non son competitivas, non haberá clasificación por categorías nin trofeos. Todos os participantes,menores e pulgas, polo feito de participar, recibirán un agasallo. Os nen@ poderán ir acompañados por adultos.
O circuíto de 1.500 será de ida e volta dende a estatua do pescador ata a Atalaia.

10º Haberá avituallamento líquido: no 5º Km da carreira e 10 Km e en meta.

11º O remate das carreiras haberá chocolate e rosca para todos os participantes.

12º Todos os dorsais dos atletas serán entregados polo club organizador no momento da confirmación, que se realizará como mínimo media hora antes do comezo de cada carreira, debendo os atletas respectar, de habela, a publicidade impresa. Unha vez rematada a proba terán que ser entregados en meta.

13º Os participantes nas carreiras deberán pasar por cámara de chamadas ata 15 minutos antes da hora de comezo das súas carreiras.

14º Os participantes poderán ducharse nas instalacións do Club de Remo ROBALEIRA.

15º Tanto a organización como o seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasione a participación nesta carreira.

16º Dado o carácter popular non se admiten reclamacións. Admitiranse propostas e criticas, agradecendo que sexan por escrito.



P.D. calquer dúbida podedes enviala a trega@trega.es