Calendario
Info da proba

Couzadoiro

03/03/2024 9:30 - 14:30
Regulamento REGULAMENTO E PROGRAMA
“VII CARREIRA DE MONTAÑA "MONTES DE COUZADOIRO 2024”
1) PRESENTACIÓN.
A Peña Ciclista Santa Marta de Ortigueira, a Concellería de Deporte de Ortigueira,
e a Asociación de Veciños e Veciñas de Couzadoiro, organizarán o domingo 3 de
marzo do 2024 a VII carreira e andaina de montaña "Montes de Couzadoiro
2024".
As probas, tomarán a saída na zona da pista polideportiva da parroquia de
Couzadoiro (Santa Marta de Ortigueira) ás 9:30 h da mañá.
2) PERCORRIDOS.
2.1. Carreira de longa distancia (federados e non federados) 24,5 kms:
3ª Proba da Copa Xunta de Galicia de Carreiras por Montaña da Federación
Galega de Montañismo (FGM) nas categorías: Absoluta, promesa e subcategoría
veterana.
A proba estará aberta a calquera depor�sta (federado e non federado) que teña
os 18 anos cumpridos o día da carreira.
Celébrarase sobre a distancia de 24,5 kms, e cun desnivel positivo de 1300
metros.
Avituallamentos:
• Km 7, liquído + sólido
• Km 15 líquido + sólido
• Km 19 líquido + sólido
O peche de control será ás 14:30 horas en meta, o participante que no kilómetro
16 (Porto de Ínsua) supere as 2h 45min de carreira deberá abandonar a proba de
forma obrigatoria ou ben quedará excluído da proba, pasando baixo a súa propia
responsabilidade a ser un/unha usuario/a normal das vías públicas se decidise
continuar o percorrido ata rematar.
2.2. Carreira de media distancia (federados e non federados) 16 kms:
1ª proba da Copa Xunta de Galicia de Carreiras por Montaña da Federación
Galega de Montañismo (FGM), categoría Junior (19, e 20 anos, é dicir, que non
cumpra os 21 anos o ano de referencia).
A proba estará aberta a calquera deportista (federado e non federado) que teña
os 18 anos cumpridos o día da carreira.
Celébrarase sobre a distancia de 16 kms, e cun desnivel positivo de 850 metros.
Avituallamentos:
• Km 7, liquído + sólido
O peche de control será ás 14:30 horas en meta.
2.3. Carreira de curta distancia (UNICAMENTE CADETES E XUVENÍS FEDERADOS)
(10 kms):
2ª proba da Copa Xunta de Galicia de Carreiras por Montaña da Federación
Galega de Montañismo (FGM), categoría cadete e xuveníl.
A proba estará aberta a calquera depor�sta FEDERADO nacido no ano 2011 ou
anterior para a categoría cadete.
A proba estará aberta a calquera depor�sta FEDERADO nacido no ano 2007 ou
anterior para a categoría xuvenil.
Celébrarase sobre a distancia de 10 kms, e cun desnivel positivo de 850 metros.
Avituallamentos:
• Km 4, liquído + sólido
O peche de control será ás 14:30 horas en meta.
2.4. Andaina (non competitiva):
Celébrarase sobre a distancia de 12 kms, e cun desnivel posi�vo de 400 metros.
A proba estará aberta a calquera persoa independentemente da idade cá
excepción de os/as menores de 16 anos, os/as cales terán que ir acompañadas
dunha persoa adulta.
Avituallamentos:
• Km 6,5 líquido e sólido.

3) PROGRAMA:
Sábado 02 de Marzo do 2024
16:00 - Engrega de dorsais para as carreiras e para a andaina
Domingo 03 de Marzo do 2024
08:00 - Apertura da dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais na
carpa situada na saída da proba.
09:15 - Fin da entrega de dorsais para as diferentes carreiras.
09:30 - Saída da carreira de longa distancia 24,5kms.
10:05 - Saída da carreira de media distancia (16,5kms) e curta distancia
(10kms).
10:15 - Fin da entrega de dorsais para a andaina.
10:20 – Saida da andaina.
13:30 - Cerimonia de entrega de premios.
4) PARTICIPACIÓN E MATERIAL OBLIGATORIO (CARREIRA/ANDAINA):
4.1. - Cada participante deberá ser consciente da lonxitude e dificultade da proba,
que pode desenvolverse baixo condicións climáticas de frío, choiva e vento,
polo cal deberá prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados
para a práctica de carreiras de montaña. A realización da inscrición implica que
os/as corredores/as leron, entenderon e aceptan as condicións do presente
regulamento e participan baixo a súa enteira responsabilidade, afirman posuír
unhas condicións físicas suficientes para a realización da proba.
4.2. - Material obrigatorio nas carreiras:
Nas carreiras de longa, media e curta distancia, todos os participantes estarán
obligados a levar o seguinte material:
 Chaqueta cortaventos con capucha e manga longa.
 Manta térmica.
 Vaso ou recipiente similar (non se repartirán vasos nos avituallamentos).
 Reserva de auga (mínimo 1 litro).
 Teléfono móbil encendido e con batería suficiente.
 Gorra, viseira ou bandana.
 Chifre.
O material recomendado e obrigatorio poderá variar en función da climatoloxía,
polo que se informará da relación definitiva na mesma semana da proba.
O material obrigatorio poderá ser requirido polos árbitros da FGM no control de
dorsais e nas partes do percorrido destinadas a tal efecto, e todos os corredores
están obrigados a someterse a este control, baixo pena de sanción ou
descualificación da carreira.
O uso de bastóns será voluntario, pero no caso de saír con eles, deberán levalos
durante toda a proba.
4.3. Material obrigatorio ou recomendado na andaina:
O material recomendado (tendo en conta a climatoloxía do mes de febreiro):
 Chubasqueiro ou cortaventos.
 Reserva de auga de 1⁄2 litro.
 Reserva de alimentos. Material obrigatorio:
 Teléfono móbil con carga suficiente.
 Vaso ou recipiente similar (non se repartirán vasos nos avituallamentos).
O material recomendado ou obrigatorio pode variar en función da climatoloxía,
polo que se informará da relación definitiva na mesma semana da proba
4.4. percorrido estará sinalizado pola organización con cinta plástica de cores
branca e vermella, pintura ecolóxica, carteis indicadores ou outros elementos
de sinalización. É responsabilidade de cada participante localizar a sinalización
e seguila.
4.5. Os tramos que discorran por estradas non estarán cortados ao tráfico rodado,
debendo as persoas participantes respectar as normas de tráfico e indicacións
da organización.
4.6. Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis
regulamentarios establecidos.
4.7. A organización non se fará responsable dos obxectos de valor extraviados polos
corredores.
4.8. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola
organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes,
seguir aos/as corredores/as en moto, bicicleta, ou outro medio por todo o
percorrido.
4.9. A organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no
percorrido, incluso a suspensión da proba, se as condicións meteorolóxicas así
o aconsellan.
4.10. O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza, polo
que non debemos ensucialos nin deterioralos, tirando desperdicios fóra das
áreas de control.
4.11. O/A participante presta o seu consentimento á organización da “VII
Carreira por Montaña Montes de Couzadoiro 2024”, para que poida ser
utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de toda as formas
posibles. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización expresamente,
previa comunicación por escrito dirixida ao Club P.C. Santa Marta de Ortigueira
a través do seu enderezo electrónico: pcsantamartaortigueira@gmail.com
Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma.
A organización garantirá o pleno cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de
Protección de Datos de Carácter Persoal, e de acordo co disposto en dita lei, o
firmante queda informado e presta seu consentimento para a incorporación dos
seus datos persoais aos ficheiros automatizados da organización e ao
tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación con xestións
administrativas, comerciais e outras actividades propias da mesma. A persoa
participante poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición, mediante escrito dirixido ao Club P.C. Santa Marta de Ortigueira a
través do seu enderezo electrónico: pcsantamartaortigueira@gmail.com
5) INSCRICIÓNS:
As inscricións poderanse formalizar a par�r do mércores 3 de xaneiro do 2024, a
través da páxina web: htps://www.gali�ming.com/ cubrindo o formulario habilitado
para tal efecto e efectuando o pago correspondente.
5.1. Carreira longa distancia, 24,5 kms
Dende o 02/01/2024 ata o 15/02/2024 (ata as 23:59 h): 20€
Dende o 16/02/2024 ata o 29/02/2024 (ata as 23:59 h): 23€
Inclúe o chip de cronometraxe, un agasallo, os avituallamientos e a comida post
carreira.
5.2. Carreira media distancia, 16 kms:
Dende o 02/01/2024 ata o 15/02/2024 (ata as 23:59 h): 18€
Dende o 16/02/2024 ata o 29/02/2024 (ata as 23:59 h): 21€
Inclúe o chip de cronometraxe, un agasallo, os avituallamientos e a comida post
carreira.
5.3. Carreira curta distancia, 10 kms:
Dende o 02/01/2024 ata o 15/02/2024 (ata as 23:59 h): 15€
Dende o 16/02/2024 ata o 29/02/2024 (ata as 23:59 h): 18€
Inclúe o chip de cronometraxe, un agasallo, os avituallamientos e a comida post
carreira.
5.4. Andaina, 12 kms:
Dende o 02/01/2024 ata o 15/02/2024 (ata as 23:59 h): 15€
Dende o 16/02/2024 ata o 29/02/2024 (ata as 23:59 h): 18€
Inclúe un agasallo, os avituallamientos e a comida post carreira.
Para todas as probas a data límite de inscrición será o día 29 de febreiro.
Non se fará a devolución das inscricións feitas dende o día 29 de febreiro (incluido).
6) ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
6.1. Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba na carpa
situada xunto a saída (pistas polideportivas de Couzadoiro), dende as 8:00h ata
as 10:15h, e o día antes na Pizzería do Baleo dende as 16:00h (recomendable
retirar o dorsal o día antes).
6.2. Poderán existir controis de tempo ao longo do percorrido. Só aparecerán na
clasificación aqueles participantes que realicen a carreira co dorsal e co chip
que facilita a organización e rexistren o seu paso por todos os controis
establecidos.
6.3. A clasificación xeral oficial publicarase na web da empresa de cronometraxe
htps://www.gali�ming.com/.
7) ENTREGA DE PREMIOS.
7.1. Carreira longa distancia 24,5 kms:
Trofeos aos tres primeiros/as de cada unha das categorías:
• Categoría absoluta masculina e feminina.
• Veteranos (nacidos no 1984 e anteriores) masculina e feminina (non
acumulable co podio absoluto.
7.2. Carreira media distancia 16,5 kms:
Trofeos aos tres primeiros/as de cada unha das categorías:
• Categoría absoluta masculina e feminina.
• Veteranos (nacidos no 1984 e anteriores) masculina e feminina (non
acumulable co podio absoluto.
Molón SEGUROS:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes
e responsabilidade civil, polo que é necesario que no momento da inscrición figure
con claridade e exactitude o nome e apelidos de cada participante.
Estarán excluídos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia,
inobservancia das leis, etc. Tamén quedarán excluídos os producidos polos
desprazamentos particulares dende/ata o lugar no que se desenvolve a proba.
Quedarán excluídos os producidos polos desprazamentos particulares dende/ata o
lugar no que se desenvolve a proba.
9) OUTRA INFORMACIÓN:
A organización disporá de servizos de:
• Asistencia médica/ambulancia e protección civil.
• Duchas e servizos.
A participación na VII CARREIRA DE MONTAÑA MONTES DE COUZADOIRO 2024 leva
consigo a total aceptación do presente Regulamento.