Calendario
Info da proba

Chantada

18/05/2024 19:00 - 20:30
Regulamento XIII Carreira Popular de Chantada
10 km no corazón

Data: sábado, 18 de maio de 2024.
Hora: proba absoluta ás 19:00 h.
Distancia: ata 5 ou 10 km na proba absoluta.
Inscricións: Champion Chip Norte

:: Le e comenta a Popular de Chantada no foro de Carreiras Populares ::

REGULAMENTO
1.- O Concello de Chantada e o Clube Atletismo Chantada organizan a décimo terceira edición da Carreira Popular de Chantada que terá lugar o sábado 18 de maio de 2024.

2.- CATEGORÍAS. Establécense as seguintes categorías, tanto masculinas como femininas:
• Categorías de menores:
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO
SUB 8 (110m.) 2017 / 2018 / 2019 / 2020 / 2021 / 2022
SUB 10 (950m.) 2015 e 2016
SUB 12 (950m.) 2013 e 2014
SUB 14 (1900m.) 2011 e 2012
SUB 16 (1900m.) 2009 e 2010

• Carreira absoluta (10kms)*:
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO
SUB 23 entre 2002 a 2008
SÉNIOR entre 1990 e 2001
VETERÁN/A +35 entre 1980 e 1989
VETERÁN/A +45 entre 1970 e 1979
VETERÁN/A +55 1969 e anteriores
*na carreira de 5 kms. non se establecerá clasificación por categorías.

3.- PERCORRIDO, HORARIOS E DISTANCIAS. A saída e meta de todas as carreiras estará situada na Praza do Mercado.
CARREIRA ABSOLUTA: Consiste en percorrer unha distancia de 5 ou 10 kms., dando unha ou dúas voltas a un circuíto de 5 mil metros.
Hora: 19:00h.

CARREIRAS MENORES: A carreira 1 consiste nun percorrido de 110m. con saída no final da Rúa do Comercio e chegada no arco de meta situado na Praza do Mercado.
- CARREIRA 1: SUB 8
Hora: 17:30
Distancia: 110m.

O resto de carreiras de menores será nun circuito de 950 m. con saída e chegada no arco de meta situado na Praza do Mercado, seguindo as seguintes rúas: Praza
do Mercado, Rúa Dous de maio, Rúa Formoso Lamas, Alameda, Paseo do Río, Parque das Piscinas, Rúa Serra do Faro, Avda. de Ourense, Rúa Mariano Cedrón e Rúa do Comercio.

- CARREIRA 2: SUB 10
Hora: 17:45h.
Distancia: 950m. (1 volta)

- CARREIRA 3: SUB 12
Hora: 18:00h.
Distancia: 950m. (1 volta)

- CARREIRA 4: SUB 14 e SUB 16
Hora: 18:10h.
Distancia: 1900m. (2 voltas)

4.- CLASIFICACIÓNS.
CARREIRA ABSOLUTA: Clasificación xeral absoluta masculina e feminina nas carreiras de 10kms. e 5kms. e clasificación por categorías só na carreira de 10kms.

CARREIRAS MENORES: Clasificación por categorías masculina e feminina, agás na carreira de categoría SUB 8, na que non haberá clasificacións.
5.- PREMIOS. Os premios non son acumulables a excepción dos premios especiais. A entrega e premios das carreiras de menores será ás 18:30h. e a entrega de premios da Carreira Absoluta terá lugar ao remate da mesma.

• Premios por categorías:
- Trofeo conmemorativo do evento aos/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada unha das categorías establecidas no artigo segundo, tanto na carreira absoluta de 10kms. como nas carreiras de menores, agás na categoría SUB 8.
- Na carreira absoluta de 5 kms. non haberá premios por categorías.
- Todos/as os/as atletas participantes nas carreiras de menores que crucen a liña de meta recibirán unha medalla.

• Premios clasificación xeral: os/as tres primeiros/as clasificados/as das carreiras absolutas, 5kms. e 10 kms., tanto en categoría masculina como feminina, recibirán trofeo.

• Premios especiais:
- 3 primeiros/as clasificados/as locais (empadroados en Chantada) na carreira absoluta de 10kms. e 5kms., tanto en categoría masculina como feminina.
o Persoa participante de maior idade.

6.- INSCRICIÓN.
• A inscrición é gratuita en todas as categorías de menores.
• O prezo de inscrición na Carreira Absoluta é 8 euros .
• As incricións para participar tanto na carreira absoluta como nas carreiras de categorías menores efectuaranse na web www.ccnorte.com
• Os nenos e nenas matriculados no CEIP Xóan de Requeixo ou CEIP Eloísa Rivadulla, ambos de Chantada, poderán facer a súa inscrición a través do formulario que lle será entregado no colexio, e que poderán depositar cuberto nun lugar habilitado para elo no propio colexio.
• O peche das inscricións en todas as categorías será o mércores 15 de maio ás 23:59h.
• Baixo ningún concepto se inscribirá a ningún atleta fora de prazo.
• Para poder formalizar a inscrición correctamente será necesario aportar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición. A organización resérvase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

7.- RECOLLIDA DORSAIS. A recollida de dorsais para os/as atletas inscritos/as en todas as categorías será o sábado 18 de maio na carpa habilitada a tal efecto na Praza do Mercado.
• O horario de recollida comezará ás 12:00h.
• O dorsal poderá ser recollido ata media hora antes do comezo da carreira.

8.- DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE.
• Os dorsais son persoais e intransferibles, debendo ir colocados no peito de xeito totalmente visible durante o transcurso da carreira, sen poder facer ningunha modificación no mesmo.
• As carreiras absolutas serán controladas por un sistema de chips de cronometraxe.
• O chip deberá ir colocado no lugar indicado pola organización.
• Os propietarios de chip amarelo poderán correr con el e a organización facilitará o chip correspondente a quen non sexa propietario de chip amarelo. Quen non teña en propiedade un chip amarelo terá que aboar unha fianza de 5,00 € no momento da inscrición, que se lle volverá á semana seguinte da carreira unha vez comprobado que se procedeu á súa devolución.
• Aquelas persoas participantes na carreira absoluta que non sexan propietarias de chip deberán devolvelo obrigatoriamente ao rematar a carreira.

9.- AVITUALLAMENTO.
• Todos os nenos e nenas participantes nas probas de categorías menores recibirán avituallamento sólido e líquido unha vez rematada a súa carreira. As persoas
participantes na carreira absoluta terán un avituallamento líquido no intermedio da carreira e un avituallamento sólido e líquido na liña de meta.
• Aqueles/as atletas, de todas as categorías, que non depositen o lixo nos colectores habilitados ao efecto na liña de meta, tirando residuos ao chan, poderán ser descalificados pola organización, por comportamento inadecuado durante a proba, aínda que tiveran completado o percorrido.

10.- POSTO DE PRIMEIROS AUXILIOS. A organización disporá durante a competición unha ambulancia con técnico, ATS e médico a disposición de calquera participante que o precise.

11.- DUCHAS. Haberá duchas a disposición de corredores/as na Piscina Muncipal (Rúa Serra do Faro, s/n).

12.- RECLAMACIÓNS. Dado o espírito deportivo e o carácter popular desta proba non se admitirán reclamacións.

13.- ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO E RESPONSABILIDADE.
• A persoa participante, polo feito de inscribirse, acepta todas as cláusulas deste regulamento e manifesta atoparse en perfecto estado de saúde para a proba, non padecendo enfermidades que lle impidan tomar parte na mesma, sendo o corredor/a que ten a única responsable en caso de accidente por non cumprir o presente regulamento.

• A organización declina toda responsabilidade dos danos morais e materiais que os participantes poidan ocasionar durante a proba, tanto a si mesmos como a terceiros, por imprudencias ou neglixencias.

• Todas as persoas participantes estarán cubertas por unha póliza de responsabilidade civil e de accidentes, que cubrirán as incidencias inherentes á proba.

14.- As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas materiais de ningún tipo. Do mesmo xeito, non está permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda.

15.- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

16.- A inscrición en calquera categoría do evento implica a autorización á posible difusión dos documentos visuais que se recollan durante a realización da actividade a través das canles da entidade organizadora.



Información actualizada a 13/5/2024.