Calendario
Info da proba

Marín

27/07/2024 22:00 - 23:30
Regulamento XI EDICIÓN. +10k Marín Manuel Rosales.
DATA: Sábado, 27 de XULLO de 2024.
HORA: 20:30 - Pruebas escolares / 22:00 - 10Km.
LUGAR DA SAÍDA:
Avenida de Ourense - Estación de Autobuses.
LUGAR DA META: Calle Almuiña.
DISTANCIA: 10.000m. Homologado.
ORGANIZA: Concello de Marín.
INSCRICIÓN: ata o domingo, 19 de xullo ás 23:59 horas ou ata fin de inscrición:
www.carreirasgalegas.com
INSCRICIÓN MÁXIMA DE PARTICIPACIÓN:
500 absolutos - 400 escolares
Regulamento.
Data: Sábado, 27 de xullo de 2024.
• REGULAMENTO XERAL
O Concello de Marín organizarán o vindeiro Venres, 27 xullo de 2024 , “+10 MARÍN MANUEL
ROSALES, GRAN PREMIO CONCELLO DE MARÍN”.
• HORARIO E LUGAR DE SAÍDA.
- A proba absoluta disputarase ás 22.00 horas, e terá a saída no Paseo da Alameda –
Concello de Marín (Av. Ourense) e chegada na Alameda de Marín.
- Categorías escolares, a categoría de Biberóns (2022-2023-2024), terá que estar no punto da
saída as 20:30.
- A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e estará baixo
o control técnico do Comité Galego de Xuíces. O percorrido terá unha distancia de 10 Km,
homologado pola RFEA e totalmente planos, sen desniveis.
• CATEGORÍAS.
- As categorías Biberóns, Pitufos, Prebenxamín, Benxamín e Alevín non serán competitivas, recibirán
todos unha medalla, camiseta e bolsa do corredor.
- O resto terán premiación para os 3 primeir@s de cada categoría.
CATEGORÍA MENORES:
▪ 20:40, Carreira Xuvenil /sub18 – 1000m aprox. (2007-2008).
▪ 20:40, Carreira Cadete/sub. 16 - 1000m aprox. (2009 - 2010).
▪ 20:50, Carreira Infantil/Sub 14 - 1000m aprox. (2011 - 2012).
▪ 21:00, Carreira Alevín/Sub 12 - 500m aprox. (2013 - 2014).
▪ 21:10, Carreira Benxamín/Sub 10 - 500m aprox. (2015 – 2016).
▪ 21:20, Carreira Prebenxamín - 300m aprox. (2017 - 2018).
▪ 21:30, Carreira Pitufos - 150m aprox. (2019 – 2020 - 2021).
▪ 21:40, Carreira biberóns (100 metros) (2022 – 2023 - 2024).
• CATEGORÍA ABSOLUTA:
SAÍDA: 22:00.
- Sub 18/20/23: Nados desde 2002 ata o 2008.
- Sénior: 2001 ata 34 anos..
- Máster A: De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba.
- Máster B: De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba.
- Máster C: De 55 a 64 anos cumpridos o día da proba.
- Máster D: De 65 anos cumpridos o día da proba e anteriores.
- ABSOLUTA. 3 PRIMEIR@S DA XERAL
*(Os premios da xeral e das diferentes categorías serán acumulativos).
- Premio especial: 1º e 1ª Marinense, nado no Concello de Marín.
*So poderán correr os atletas Xuvenil/Sub 18 na categoría (Sub 18/20/23), por
invitación da organización, poñéndose en contacto con esta por correo
milerunningclub@gmail.com
• CIRCUÍTO. 10k HOMOLOGADOS
Avenida de Ourense – Escola Naval Militar – Avenida de Ourense – Rúa Almuíña.
Perfil da proba.
• INSCRICIÓNS E PRAZOS
- A proba absoluta ten un custe de 8 € a través de www.carreirasgalegas.com ata o 19 de xullo
ás 23:59h (tarifa reducida). Recollida de dorsais tenda MILER ou o propio día da carreira na
Alameda de Marín.
- Dende o 20 de xullo a o 24 de xullo 11€ a través de www.carreirasgalegas.com. As 23.59 h (peche
definitivo). Recollida de dorsais será o mesmo día da carreira na alameda de Marín.
- Menores: A inscrición e GRATUÍTA. A INSCRICIÓN da proba de menores pode realizarse
ata o 24 de xullo en www.carreirasgalegas.com
- Poderán participar atletas federados e non federados.
OFERTA ESPECIAL PACK CARMIÑA-10K MARÍN
Haberá unha oferta especial para todo atleta que desexe inscribirse nas dúas probas
Carmiña/MiniCarmiña e 10K Marín Manuel Rosales e a fecha límite sería ata o 26 de maio
as 23:59 horas.
- Carmiña/10Km Marín o prezo sería de 15€.
- MiniCarmiña/10Km Marín o prezo sería de 12€.
Por 2€ máis os 100 primeiros inscritos do PACK CARMIÑA-10K MARÍN terán a opción de
adquirir un cortavientos técnico como agasallo xunto coa bolsa do corredor.
*Nota (quedan exentos deste agasallo os atletas inscritos con praza reservada).
CLUBS DE ATLETISMO DO CONCELLO DE MARÍN
Haberá unha serie de prazas reservadas para os clubs de atletismo de Marín sempre e cando
os corredores estean empadroados no municipio, tendo en vigor a ficha federativa. Ademais haberá
prazas para os empadroados en Marín con licencia en vigor aínda que pertenzan a clubs de fora do
municipio.
O realizar a inscrición todo corredor aboará directamente a cantidade de 1€ en
www.carreirasgalegas.com, tendo que facer a inscrición antes do 14 de xullo as 23.59 h, a partir do
15 de xullo estarán sometido a inscrición normal como calquera outro deportista.
• RECOLLIDA DE DORSAIS:
Inscricións anteriores a o 19 de xullo.
- Recollida anticipada de dorsais, ‘Tenda MILER’ (horario comercial), rúa Peregrina 6, sótano,
Pontevedra, o martes, 24 de xullo de 17:00 a 20:00 e mércores 25, xoves 26 e venres 27 de xullo de
2024 de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00.
- Ou o sábado, 27 de xullo de 2024, de 12:00 a 14:00 horas e de 15:00 ata 1h antes da saída de
adultos na Alameda de Marín.
Resto de inscritos:
- O sábado, 27 de xullo de 2024, de 12:00 a 14:00 horas e de 15:00 ata 1h antes da saída de adultos
na Alameda de Marín.
Puntos de recollida previo.
- Si estás interesado en recoller o teu dorsal nun punto de recollida habilitados para o
evento, deberás marcalo no momento de realizar a inscrición.
- Este servizo estará habilitado so para os inscritos do primeiro prazo, ata o 19 de xullo.
- Os corredores que decidan esta opción, NON TERÁN OPCIÓN DE RECOLLELO O
PROPIO DÍA DA PROBA.
- O CUSTE DE ESTE SERVICIO SERÁ DE 1€.
A CORUÑA: Marathon Running Shop - Decathlon Ferrol - Decathlon Santiago.
VIGO: Bikila Vigo.
OURENSE: Runmaniak.
LUGO: Ndorfina Sports.
• SISTEMA DE CRONOMETRAXE
- A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chip-dorsal. Haberá puntos de control ao longo
do percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos de control
establecidos poderán ser descualificadas.
• SERVIZOS:
- Bolsa do corredor.
- Medalla finisher.
- Camiseta técnica.
- Avituallamento líquido (durante o percorrido), e avituallamento líquido e sólido o rematala proba.
- Espectáculo musical durante a carreira.
- Servizo de duchas (Polideportivo da Cañota).
- Fotos, durante e o final da proba.
- Servizo de Gardarroupa.
- Premios os 3ºs/3ªs de cada categoría.
- Os resultados serán expostos en www.carreirasgalegas.com
- Seguros de accidentes e de responsabilidade civil.
- Servizo de ambulancia medicalizada.
- Servizo de gardería.
• ENTREGA DE PREMIOS.
- A entrega de premios será ó finalizar a proba (23:45 h. aprox.) na Alameda Marín.
- Recibirán premio conmemorativo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada
categoría da carreira de “Adultos” e “Infantil” - “Cadete´´ - “Xuvenil”. Nas carreiras “Alevín –
Benxamín” – “Prebenxamin - Pitufos e chupete” recibirán un agasallo ao cruzar a liña de meta.
- Premio especial: 1º e 1ª Marinense, nado no Concello de Marín.
*As persoas corredoras descualificadas non terán opción aos premios.
·• CANCELACIÓNS
A inscrición da carreira é persoal e intransferible, e non se devolverá o importe da
inscrición en ningún caso salvo baixa médica acreditada, presentada antes do 7 de xullo
(incluído) e enviada a milerunningclub@gmail.com En caso contrario, non se fará o
reembolso. A devolución do importe será do 50% do importe pago.
• NORMAS XERAIS.
- A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e estará baixo o
control técnico do Comité Galego de Xuíces.
- A proba estará controlada e sinalizada en todo momento. Os corredores deberán respectar as
seguintes indicacións:
- Todo corredor/a que non entre en liña de meta co dorsal ben visible na zona do PEITO para a súa
identificación ou que cometa algunha irregularidade ou non respecte as indicacións dadas pola
organización, será automaticamente descualificado/a.
- Toda a proba estará controlada ó longo do percorrido a través dun Chip que se entregará a cada
corredor.
- Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que manifeste un
mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira ou os/as
corredores/as que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos
médicos ou membros da organización debidamente identificados.
- A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o
tráfico ó longo do percorrido.
- A organización non se fai responsable dos danos morais que a si mesmos ou a outras persoas
ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan
cometer durante o seu transcurso.
• UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
- As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas
externas.
- Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún vehículo alleo á
organización, nin bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan acompañar,
avituallar ou marcar ritmos ás persoas participantes. Así mesmo non se permite a participación con
coches ou cadeiras de nenos, animais, nin correr acompañados destes en ningún momento-
• RESPONSABILIDADE
- A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento
médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización da
devandita responsabilidade.
- A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as
incidencias inherentes á proba.
• RECLAMACIÓNS
- As reclamacións aos resultados oficiais deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, situado na
zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais