Calendario
Info da proba

Barbadás

09/03/2024 11:00 - 12:00
Regulamento Reglamento Carreira Alternativa Barbadás

A primeira edición da Carreira Alternativa Barbadás 2024, será o sábado 9 de marzo as 11:00 na Valenzá, con saída do Polideportivo Municipal e pasando pola avenida de Celanova.

Participación

Poderán participar nesta proba todas aquellas mulleres, homes, nenas e nenos que o desexen, sempre e cando estén perfectamente inscritas, tanto en tempo como en forma.

Esta prohibida a participación na proba sen o dorsal oficial da proba.

Participación de menores

Os menores de 18 anos deberán acreditar unha autorización da nai/pai ou tutores para poder participar na proba.

Os menores de 12 anos deberán ir acompañados en todo momento dun adulto.

Distancia e recorrido

A proba disputarase no Concello de Barbadás polas rúas da Valenzá, facendo a saída dende o Polideportivo Municipal de Barbadás e pasando pola avenida de Celanova e terminando no parque da Liberdade.

A distancia será de 4-5 km.

Inclusión dos participantes

É unha proba inclusiva, polo tanto poderá participar todos as personas nela.

Pódese realizar a proba,correndo,camiñando, en cadeira de rodas, andador, bicicleta, patíns, patinetes,….

Inscripcións

As inscripciones será na web https://sportmaniacs.com/es.

O prezo da inscripción será de 3 para maiores de 18 anos e gratuita para menores de 18 anos.

Ultimo día para inscribirse 4 de Marzo ata as 23:59h

A totalidade da inscripción será donada o Banco de alimento de Barbadás.

Habrá un DORSAL 0 para poder facer un aporte económico e non participar na carreira, o dorsal 0 non terá dereito a camiseta da proba.

Non se admiten inscripcións no día da carreira.

Unha vez feita a inscripción, non se devolverá o importe ( de ser o caso) da mesma baixo ningunha circusntancia, exceptuando que a proba sexa suspendida polo Concello de Barbadás.

Entrega da camiseta e dorsal

A entrega será no Polideportivo Municipal de Mercores a venres de 7:00 a 13:00 e de 16:00 a 22:00.

Seguro de accidentes

Tódolos participantes estarán amparados por un Seguro Colectivo de Accidentes e Responsabilidade Civil contratado polo Concello de Barbadás. Estarán excluídos os derivados de un padecimiento lactante, imprudencia, negligencia, inobservación das leis,etc.

Tamén estarán excluídos os producidos por desplazamentos a/o desde o lugar no que se realice a proba.

Os participamntes deberán atender en todo momento as indicacións realizadas pola organización a través de voluntarios, persoal acreditado, Policía Local e Protección Civil.

Cada deportista da proba participa baixo a sua enteira responsabilidade e declara poseer o nivel de condición física suficiente para afrontar a proba. O Concello de Barbadás recomenda a todolos deportistas realizar un recoñecemento médico ou proba de esforzó antes de tomar a saída. O Concello de Barbadás declina toda responsabiliade de daños que os participantes poidan sufrir ou causar a terceiros en horas posteriores a súa participación na carreira.