Calendario
Info da proba

Curtis

12/05/2024 10:30 - 12:00
Regulamento V Carreira/Andaina Popular e solidaria 'Axuda contra o cancro 11km'

O Concello de Curtis, en colaboración coa Asociación de Axuda contra ó Cancro, e a federación galega de atletismo organizarán o domingo 12 MAIO 2024 a partir das 10:30 horas, a V Carreira Solidaria de Axuda contra o Cancro que conectará a localidade de Curtis coa de Teixeiro.

A proba levarase a cabo no Concello de Curtis (A Coruña) e estará baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo. A proba estará suxeita o seguinte regulamento:

REGULAMENTO
1. PARTICIPANTES:
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

2. SAÍDA E META:
Horario de saída carreira: 10:30.
Horario de saída andaina: 10:35.
A saída da proba (10:30): Rúa Mestre Eduardo Fariña s/n (diante do pavillón polideportivo municipal de Curtis)
A meta estará ubicada, na Praza de España na localidade de Teixeiro.

3. CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN:
As categorías de competición serán as seguintes:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
Sub 20 atletas nados/as no 2005 e 2006
Sub 23 promesa atletas nados/as no 2002, 2003, 2004
SENIOR atletas nados/as entre 1990 e 2001
MASTER 1 atletas nados/as entre 1985 e 1989
MASTER 2 atletas nados/as entre 1975 e 1984
MASTER 3 atletas nados/as entre 1965 e 1974
MASTER 4 atletas nados/as en 1964 e anteriores

4. DISTANCIAS E HORARIOS.
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10:30 h Sub 20, Sub 23, Senior e Máster 11000 m aprox
12:15 h ENTREGA DE PREMIOS

5. INSCRICIÓNS
Os participantes deberán realizar a súa inscrición na páxina web www.carreirasgalegas.com. Máis información na web www.atletismo.gal con data límite o mércores 8 de maio ás 23:59 horas.

PREZOS DA INSCRICION:
- PROBA ABSOLUTA (de sub 20 en adiante): 5,00 €
- Andaina: 3,00€
*nenos menores de 8 anos serán gratis.

O pago da inscrición poderá realizarase pola pasarela de pago da páxina www.carreirasgalegas.com.

6. PREMIOS e AGASALLOS
Outorgaranse os seguintes premios:
- Trofeo aos tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no regulamento da proba.
- Trofeo o/a primeiro/a clasificado/a local da carreira absoluta.
- Trofeo ós/ás tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta
- Agasallo conmemorativo para todos/as os/as participantes.
OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS

7. RETIRADA DE DORSAIS
Realizárase o día da proba na praza municipal de Teixeiro (lugar de chegada) de 8:30h a 9:20h e posteriormente no polideportivo de Curtis lugar de saída da proba de 9:30 a 10:00.

O dorsal-chip entregado deberá levarse en toda a súa extensión, colocado na zona anterior do corpo e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descalificado.

8. SERVIZO DE AUTOBUSES:
A organización habilitará un servizo de autobuses que trasladará aos atletas dende a praza municipal de Teixeiro ( lugar de chegada ) a partir das 9:30 horas ata o pavillón de Curtis (lugar de chegada) o polideportivo municipal de Curtis (Lugar de saída).

O mesmo tempo, tamén se ofrecerá este servizo o rematar a carreira/andaina no sentido contrario, é dicir de Teixeiro a Curtis unha vez finalice a entrega de premios (avisárase por megafonía, cun horario aproximado das 13:00)

9. DESCALIFICACIÓNS
Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos FGA e RFEA en vigor referentes a probas en ruta, será descualificado a criterio do Xuiz Árbitro da Competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO DA COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.

O longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos estando autorizados para descalificar a calquer participante que incumpra as ditas normas de competición ou que cometa algunha irregularidade atentando contra a seguridade individual ou colectiva durante a proba.

10. SERVIZO DE DUCHAS.
Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no polideportivo e ximnasio municipal de Teixeiro, sitos o finalizar a proba, na rúa: Faragullas s/n Así coma un servizo de gardaroupas no baixo esquerdo do concello.

11. REGULAMENTO:
Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da FGA e RFEA en vigor.

12. A participación implica a total aceptación deste regulamento e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.