Calendario
Info da proba

Nigrán

21/04/2024 9:30 - 14:30
Regulamento Inscripciones y toda la info en razapalleira.com

1º A actividade proxectada polo Concello de Nigrán, co nome de “Trail 5 miradoiros”, constitúe
unha proba popular que se desenvolve por algúns dos lugares máis destacado do entorno do
concello.
A saída e a meta serán na parroquia de Chandebrito (42.15982397189973, -
8.762196396987578)

2º.- Descrición da proba, lugar, data e horarios:
A proba desenvolverase dentro dos termos municipais dos Concellos de NIGRAN o sábado día
20 e o domingo día 21 de Abril e en horario aproximado de 17-19h no sábado e de 10:00 a
14:00 horas no domingo.
Trátase dunha proba de Trail no que o seu percorrido se realiza integramente a pé. De carácter
individual. Haberá 3 tipos de probas:

SABADO – Proba de ascensión con saída escalonada
½ KM VERTICAL
Distancia aproximada de 3,5 km con 400 m+

DOMINGO a proba consistirá en completar un percorrido marcado, Haberá dúas
distancias: curta e longa que coincidirán no seu percorrido sendo a primeira, parte da
segunda. A CAMIÑATA coincide co Trail curto.
TRAIL LONGO– MAX 5 HORAS
Distancia aproximada de 25 km con 1100 m+
TRAIL CURTO
Distancia de aproximadamente 13 km con 640 M+
CAMINATA – MAX 5 HORAS
Distancia aproximada de 13 km con 640 m+ •
A Organización disporá de asistencia médica no punto intermedio da proba longa e na chegada
á meta. Tamén porá a disposición dos participantes duchas e vestiarios.
Tódolos participantes oficialmente inscritos (no federados) estarán cubertos por unha póliza
de seguros concertada póla Organización que cubrirá expresamente os accidentes que se
produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
3º.- Croquis do percorrido:
info na web razapalleira.com
Domingo:

4º.- A proba está cuberta polo seguro de RC do Concello de Nigrán
5º.- Descrición de la sinalización da proba:
Na zona de concentración, saída e meta serán montado un hospital de montaña e o arco de
meta.
Como sinalización colocaranse cintas e estacas polos que terán que pasar os participantes.
Tamén se colocara sinalización de precaución para os vehículos nas estradas e para os
participantes nos puntos de cruce desas estradas.
Toda o montaxe e sinalización será retirado inmediatamente despois de finaliza-la competición

6º.- Número aproximado de participantes previstos. Hay un límite máximo de 400 participantes.
7º.- Outros extremos especialmente relevantes:
A organización acordou adoptar tamén as seguintes medidas, especialmente dende o punto de
vista medioambiental:
- Axustar os percorridos dos participantes á rede pistas e camiños, evitando utilizar en todo
caso espazos nos que se poida provocar algún tipo de efecto pernicioso sobre o medio.
- Non instalar tipo algún de infraestrutura en zonas nas que exista vexetación.
- Non realizar marcas ni sinais identificables da proba sobre soportes agresivos coa vexetación.
- Proceder á retirada de todo tipo de sinalizacións instaladas, así como á eliminación de
tódolos residuos eventualmente xerados
Categorías:
Cerdolín/cerdolina
Xabato/Xabata
Xabaril/Xabarila
Cocho Bravo/Cocha Brava
Mellor nigranés e nigranesa