Calendario
Info da proba

Outes

17/05/2024 10:00 - 11:30
Regulamento XIV Carreira Pedestre de Outes

Data: venres, 17 de maio de 2024.
Distancias e horario:
10 km ás 10:00 h.
3 km ás 11:30 h.
1 km ás 12:00 h.
MENORES a partir das 12:20 h.
Inscricións: Cronotec

:: Le e comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

REGULAMENTO
A Concellería de Deportes do Concello de Outes organiza a XIV Carreira Pedestrede Outes, que terá lugar o venres 17 de maio de 2024 a partir das 10:00, con
saída e chegada na Praza de Galicia, na localidade de A Serra de Outes.

CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORAS DE SAIDA

CATEGORIAS ANO NACEMENTO DISTANCIA HORA DE SAÍDA
1OK
VETERANOS B De 1968 eanteriores 10.000 metros 10:00 horas
VETERANOS A De 1984 ata 1969 10.000 metros 10:00 horas
SENIOR De 1985 ata 2001 10.000 metros 10:00 horas
PROMESA 2002-2006 10.000 metros 10:00 horas

3K
SENIOR 2006 E ANTERIORES 3.000 metros 11:30 horas
XUVENIL 2007-2008 3.000 metros 11:30 horas
CADETE 2009-2010 3.000 metros 11:30 horas

1K
INFANTIL 2011-2012 1.000 metros 12:00horas
ALEVÍN 2013-2014 1.000 metros 12:00 horas
MENORES(CAMPO MUNICIPAL DE O CONCHIDO)
BENXAMÍN 2015-2016 450 metros 12:20 horas
PREBENXAMÍN 2017-2018 225 metros 12:25 horas
PITUFOS 2019-2020 100 metros 12:30horas
CHUPETES 2021 e posteriores 50 metros 12:35horas

INSCRICIÓNS
Ata as 23:59h do luns 14 de maio a través da web de cronotec.es

Para as categorías participantes na carreira de 10km e Carreira Absoluta de 3Km a inscrición terá un custo de 3 euros. Para o resto de categorías a inscrición é gratuíta.

Os nenos das categorías de chupetes, pitufos, prebenxamín e bexamín tamén deberán inscribirse a través de Cronotec (si quedan fóra do prazo de inscrición poderán participar igual na carreira inscribíndose o mesmo día no lugar de recollida de dorsais que terá lugar no Pavillón Polideportivo de A Serra de Outes).

Nestas categorías todos os participantes inscritos pola web recibirán premio por chegar a meta.

Ante calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición na web de Cronotec poderán enviar un mail a cronotec1@gmail.com ou por teléfono (Horario de oficina) 600 88 98 09

DATOS OBRIGATORIOS PARA ASI NSCRICIÓNS
NIF con letra, Nome e Apelidos, Data de Nacemento completa, Sexo, Localidade, Provincia, Teléfono de contacto (se o ten), enderezo electrónico de contacto (se o ten), Nome do Club (se o ten) e Licencia federativa (se ten). Deberá indicar tamén se está empadroado no Concello de Outes para puntuar nos premios locais(non vale estar vivindo en Outes, hai que estar empadroado).

As inscricións sen datos obrigatorios ou fóra do prazo fixado, tanto para a proba de 10 km como as carreiras curtas de 3 km e1 km, non serán admitidas.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS, SAÍDA E META
No pavillón polideportivo de A Serra de Outes, dentro do campo de fútbol, poderanse retirar os dorsais e os chips ata 30 minutos antes do comezo da carreira na
que o corredor vai a participar. Para facilitar a xestión das carreiras non se darán dorsais nin chips fóra dese prazo. Na Praza de Galicia situarase a saída e a meta de tódalas carreiras, agás a de chupetes, pituf@s, prebenxamíns e benxamíns (50, 100, 225 e 450metros) que terá lugar dentro do recinto do campo de fútbol.

PREMIOS
- Medallas (medallóns de chocolate) para todos os participantes nas categorías chupetes,pituf@s,prebenxamins e benxamíns. Estas categorías non recibirán premios por categoría.
- Trofeos para os 3 primeir@s clasificad@s en ALEVIN e INFANTIL así como trofeo o primeiro clasificado LOCAL. (1Km)
- Trofeos para os 3 primeir@s da categoría xeral de 3 Km
- Trofeos para @s 3 primeiros na carreira xeral de 10Km
- Trofeo para @ primeir@ LOCAL de Outes da categoría xeral de 10 Km
- Trofeo para @ primeir@ clasificad@ CADETE, XUVENIL e SENIOR na carreira de 3 km
- Trofeo para @ primeir@ de Outes nas categorías: alevín, infantil, cadete e xuvenil e Senior 3K
- (Os corredores de Outes deben indicalo á hora de inscribirse para poder optar ós premios locais, é preciso estar empadroados).
- Trofeo para o club con máis participantes.

Non haberá premios económicos. Os trofeos non serán acumulativos.

CONTROL DA CARREIRA
As condutas que se considerarán antirregulamentarias do/a atleta polas que poden
ser descualificado sson as seguintes:
• Non levar o dorsal perfectamente colocado.
• Participar cun dorsal que corresponda a outro corredor.
• Non realizar o percorrido da carreira completo.
• Non atender as indicacións dos membros da organización.
• Entrar fóra da hora prevista pola organización.
• Realizar a inscrición alterando os datos de maneira maliciosa.
• Nas carreiras de 1Km, 3Km e 10Km utilizarase un chip como xeito de cronometraxe electrónica, da empresa Cronotec.
• Calquera outras de análoga natureza, que a xuízo da organización da carreira poida ser considerada como conduta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria.
• O acompañamento aos corredores por xente allea á organización ou por vehículos non autorizados será motivo de descualificación.

CLÁUSULAS ADICIONAIS
- O Concello de Outes, a comisión organizadora e os seus colaboradores non se fan responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba deportiva, nin outros que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra mutualidade.
- Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes bases e regulamento. En caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
- Está prohibido cortar ou dobrar os dorsais.
- Os participantes deberán situarse na saída 5 minutos antes do comezo da proba.
- Na carreira de 10km o percorrido estará sinalizado e contará cun avituallamento na metade do percorrido.
- O control de chegada na carreira de 10 Km pecharase 40 minutos despois de que entre na meta o primeiro corredor clasificado.
- A entrega de trofeos está prevista para as 12:50h dentro do pavillón polideportivo de Outes.
- Os corredores poderán utilizar os vestiarios do pavillón e os vestiarios do campo de fútbol para asearse e ducharse despois da carreira.

O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumprimento.

- Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes bases e regulamento. En caso de dúbida,decidirá o comité organizador.
- Todo o non recollido neste regulamento resolverase segun o estime a organización.
- Polo ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demais público que presencien a proba, un comportamento exemplar cara a os compañeiros, público,
organización e a proba en xeral.
- Todo participante na proba permitirá a divulgación de imaxes desta.



Información actualizada a 9/5/2024.