Foros ›
Autor
Mensaxe
castelodeporte

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/04/10
0 Carreiras
206 Mensaxes
Castelo - Culleredo (A Coruña)
Respostar citando Envío Dom, 20 Abr 2014, 17:00
Asunto: Re: V Travesía do Xalo (27-4-2014)

Corneira escribió:
Idela a incluir no circuito?. Sería unha pena deses puntiños...
Gracias.

Estamos á espera da resposta do Circuito sobre este tema, mandámoslles un e-mail hai un par de días. Pensabamos que estaba xa incluída porque segundo pon na web as probas puntuables o ano anterior renovan automaticamente, pero coa nosa non sabemos que pasou...

Esperamos que non haxa problema e poida estar Sorriso

www.castelodeporte.gal
ZANCADILLA

Maratoniano
Maratoniano
10/10/11
1 Carreiras
1856 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 20 Abr 2014, 22:34
Asunto: Re: V Travesía do Xalo (27-4-2014)

No sé si vais a indicar algún punto quilométrico en el recorrido y si los avituallamientos son sólo líquidos (agua......) Pensando
castelodeporte

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/04/10
0 Carreiras
206 Mensaxes
Castelo - Culleredo (A Coruña)
Respostar citando Envío Lun, 21 Abr 2014, 6:39
Asunto: Re: V Travesía do Xalo (27-4-2014)

ZANCADILLA escribió:
No sé si vais a indicar algún punto quilométrico en el recorrido y si los avituallamientos son sólo líquidos (agua......) Pensando

Esa información os la facilitaremos por correo electrónico a lo largo de la semana, pero la adelantamos por aquí: se van a indicar los puntos 5, 10, 15 y 20. Habrá tres avituallamientos, dos de ellos sólidos y líquidos, y un tercero sólo líquido Sorriso

www.castelodeporte.gal
alveiras

Maratoniano
Maratoniano
7/05/12
14 Carreiras
193 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Lun, 21 Abr 2014, 7:21
Asunto: Re: V Travesía do Xalo (27-4-2014)

Para inscribir a un pequerrecho, se hace vía email?
castelodeporte

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/04/10
0 Carreiras
206 Mensaxes
Castelo - Culleredo (A Coruña)
Respostar citando Envío Lun, 21 Abr 2014, 8:41
Asunto: Re: V Travesía do Xalo (27-4-2014)

alveiras escribió:
Para inscribir a un pequerrecho, se hace vía email?

A través da web, como os maiores! www.travesiadoxalo.com/anotate

www.castelodeporte.gal
ZANCADILLA

Maratoniano
Maratoniano
10/10/11
1 Carreiras
1856 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 23 Abr 2014, 7:58
Asunto: Re: V Travesía do Xalo (27-4-2014)

Por lo que veo en el perfil, los puntos con mayor desnivel positivo van a ser del 0 al 2,5, del 6 al 7,5 y del 11 al 13,5, tiene pinta de que va a ser durilla la prueba, ¿Qué os parece?
castelodeporte

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/04/10
0 Carreiras
206 Mensaxes
Castelo - Culleredo (A Coruña)
Respostar citando Envío Mér, 23 Abr 2014, 23:17
Asunto: Re: V Travesía do Xalo (27-4-2014)

Publicado en www.travesiadoxalo.com os listados de dorsais actualizados. Podedes recollelo de xeito anticipado en Decathlon Oleiros, e teredes un 5% nas vosas compras aproveitando a visita á tenda.

Publicado tamén o listado de dorsais nas carreiras infantiles, que só poderán recoller os dorsais o propio domingo a partir das 11.30 horas.

www.castelodeporte.gal
formigho

Novo foreiro
Novo foreiro
9/03/14
4 Carreiras
22 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 24 Abr 2014, 23:35
Asunto: Re: V Travesía do Xalo (27-4-2014)

Pregunta importante. A q hora comeza a churrascada? Cando chegue eu? Jejeje
castelodeporte

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/04/10
0 Carreiras
206 Mensaxes
Castelo - Culleredo (A Coruña)
Respostar citando Envío Ven, 25 Abr 2014, 20:32
Asunto: Re: V Travesía do Xalo (27-4-2014)

formigho escribió:
Pregunta importante. A q hora comeza a churrascada? Cando chegue eu? Jejeje

O único que prometemos é que haberá para todos Moi feliz Sobre as 14.30 horas comezará a churrascada, cando rematen as carreiras dos nenos.

www.castelodeporte.gal
castelodeporte

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/04/10
0 Carreiras
206 Mensaxes
Castelo - Culleredo (A Coruña)
Respostar citando Envío Sáb, 26 Abr 2014, 8:52
Asunto: Re: V Travesía do Xalo (27-4-2014)

Quedan menos de vintecatro horas para que gocedes nos centos de camiños do Xalo: correndo ou camiñando...


COMO CHEGAR A CASTELO

Na nosa web tedes unha guía con indicacións para que sexa case imposible que vos perdades. Consultádea, e se aínda así tedes algunha dúbida podedes chamarnos ou escribirnos para resolvela: www.travesiadoxalo.com/comochegar


METEOROLOXÍA

Desde hai quince días, os amigos de 4gotas.com veñen facendo a previsión do evento. A última información da que dispoñemos é un pronóstico de chuvia para primeirísima hora da mañá, que mesmo non collería o horario de carreira nin andaina. Pode ir algo de vento, e a temperatura estará entre os 11 e os 16 graos en Castelo (nalgunhas partes do monte as mínimas serán máis baixas). A situación mellorará de xeito progresivo ao longo da mañá, así que para a hora da churrascada o tempo non será un problema. En todo caso, temos unha carpa instalada.


RECOLLIDA DE DORSAIS DA CARREIRA E A ANDAINA

Ata hoxe, sábado 26 de abril, ás 21.00 horas, podedes recoller en Decathlon Oleiros os vosos dorsais, co DNI ou unha fotocopia do DNI de quen queirades. Os dorsais non retirados hoxe ás 21.00 horas pasarán ao punto de recollida de mañá, domingo 27, de 8.00 a 9.30 horas en Casa Rodríguez (Castelo - Folgueira 35), a escasos metros da saída de carreira e andaina. Na medida do posible pedímosvos que non veñades a última hora: temos que ser moi estrictos cos horarios de saída, e non poderemos esperar se aínda quedan dorsais por recoller. Haberá catro pasillos de recollida: andaina e carreira, apelidos da A ao M e do N ao Z.

É importante que consultedes o voso dorsal antes de pasar a recollelo, para indicalo na mesa e perder menos tempo. Podedes consultar o voso nos listados publicados en www.travesiadoxalo.com ou nos mesmos listados que colgaremos ao carón das mesas de recollida.

Os dorsais son adhesivos, pero se queredes coller imperdibles, terédelos na zona de recollida de dorsais.

QUE FACER SE HAI ALGÚN ERRO NOS LISTADOS OU NON APAREZO?

Manter a calma, que todo ten solución. Se non apareces nos listados é por algunha incidencia que deberás resolver na mesa de incidencias: nin por teléfono, nin por correo electrónico. É posible que non teñamos rexistrado o pagamento da túa inscrición e que por iso non aparezas, é posible que te anotaras na carreira cando querías participar na andaina, ou xusto ao contrario, é posible que te equivocaras ti ou nós...
Todo ten solución na mesa de incidencias, sempre está ben que teñas a man algún xustificante do pagamento da inscrición para facilitar as cousas, o número de referencia da inscrición, ou calquera outra cousa que nos axude a resolver a incidencia.


INDICACIÓNS PARA A CARREIRA

En www.travesiadoxalo.com/carreira podedes consultar o percorrido e algúns datos básicos. Informámosvos agora de que os puntos de avituallamento estarán nos quilómetros 5,6 (líquido), 12,6 (sólido e líquido) e 17,8 (líquido). Estarán sinalizados os quilómetros 5, 10, 15 e 20, e haberá dous puntos de control de dorsais polo monte, para evitar que alguén decida atallar...
É un percorrido de dificultade media-alta para ser unha mediomaratón de montaña, moi técnico, no que tivemos en conta tanto o apartado paisaxístico como facer unha ruta entretida. Podedes estar seguros de que non vos ides aburrir!

Xusto antes da saída debedes estar moi atentos ás indicacións que dará Juan Carlos Vázquez, responsable técnico da Travesía do Xalo, a todos os participantes na propia liña de saída: ofrecerá información sobre a ruta, sobre os indicadores a seguir, sobre que facer en caso de accidente...

Polo demais, podedes anotar o teléfono de emerxencias, que mañá será o 660 581 808, por se precisades calquera cousa: estará situado no centro loxístico da Travesía do Xalo, que durante a proba será a polideportiva de Castelo, onde terán base tanto Protección Civil como ambulancia.

Haberá duchas na chegada. Por último, insistir no horario de saída: 9.30 horas (nin un minuto máis, nin un minuto menos)


INDICACIÓNS PARA ANDAINA

En www.travesiadoxalo.com/andaina podedes consultar o percorrido e algúns datos básicos. Informámosvos agora de que o punto de avituallamento está situado no quilómetro 7,5 (sólido e líquido). É un percorrido de dificultade media, propuxémonos buscar unha ruta coa que gozar da paisaxe, e podedes estar seguros de que o faredes.

Xusto antes da saída debedes estar moi atentos ás indicacións que dará Juan Carlos Vázquez, responsable técnico da Travesía do Xalo, a todos os participantes na propia liña de saída: ofrecerá información sobre a ruta, sobre os indicadores a seguir, sobre que facer en caso de accidente...

Polo demais, podedes anotar o teléfono de emerxencias, que mañá será o 660 581 808, por se precisades calquera cousa: estará situado no centro loxístico da Travesía do Xalo, que durante a proba será a polideportiva de Castelo, onde terán base tanto Protección Civil como ambulancia.

IMPORTANTE! O percorrido da andaina está especialmente húmedo polas chuvias das últimas horas, é importante que veñades con calzado axeitado, e que deixedes no coche un de reposto para cambiarvos ao chegar.

Por último, insistir no horario de saída: 10.00 horas (nin un minuto máis, nin un minuto menos)


CARREIRAS INFANTILES

Desde as 11.30 horas e ata as 13.15 horas será a recollida de dorsais na polideportiva de Castelo. As nenas e nenos previamente anotados (podedes consultar os listados en www.travesiadoxalo.com) recollerán o seu dorsal, e non terán máis que situarse na zona de saída no horario que se indique.

Haberá posibilidade de anotarse nestas carreiras o propio domingo, pero o pai, nai ou titor da nena ou neno terá que asinar un impreso no que exime á organización da responsabilidade sobre un posible accidente do participante (o seguro de accidentes está contratado unicamente para os que fixeron a inscrición anticipada). Todo este proceso realizarase na zona de recollida de dorsais, na polideportiva de Castelo.

Os horarios son: 13.30 horas (carreira infantil, cadete e xuvenil), 14.00 horas (carreira alevín e benxamín), 14.30 horas (carreira de pequerrechos). Debido ao gran número de inscritos na carreira de pequerrechos, é posible que se realicen dúas saídas, cos nenos divididos por idades en dous grupos.

Os percorridos estarán totalmente sinalizados, con cinta aos dous lados do circuito, polo que será imposible perderse. Xusto antes da saída de cada carreira, o responsable técnico da Travesía do Xalo ofrecerá unhas breves indicacións aos rapaces e rapazas.


CHURRASCO E ENTREGA DE PREMIOS

Xusto ao remate das carreiras terá lugar unha churrascada e a entrega de trofeos. É moi importante ser respectuosos coas carreiras dos pequenos: a Travesía do Xalo non remata ata que eles rematan. Xusto despois dará comezo o churrasco. Os participantes en carreira e andaina poderán recoller o ticket que lles dará acceso á súa ración ou ben na recollida de dorsais (Casa Rodríguez, entre 8.00 e 9.30 horas) ou ben no bar da polideportiva de Castelo. O menú inclúe churrasco, postre e viño. Calquera outra bebida poderá ser mercada no bar.

Quen non participara na Travesía do Xalo e en todo caso queira participar na churrascada poderá facelo mercando o seu ticket no bar da polideportiva de Castelo por 8 euros.


CAMISETAS

As camisetas de agasallo entregaranse tanto na recollida de dorsais (Casa Rodríguez, de 8.00 a 9.30 horas) como na polideportiva de Castelo. Hai algo evidente pero que queremos recordar: canto antes veñas, máis probable é que teñas camiseta da túa talla.


E pouco máis! En diferentes puntos dos percorridos haberá fotógrafos, ao igual que na chegada, onde vos pediremos que quitedes unha foto no photocall instalado ao carón do arco de meta. As clasificacións publicaranse ao pouco tempo de rematar o evento, e mañá mesmo á noite terédelas publicadas en www.travesiadoxalo.com

Ah, e se tedes Twitter, chiade co hashtag #aquícomemosasí, por facerlle algo de competencia aos da maratón da Coruña... Guiño

Estamos á vosa disposición no 660 581 808 e en info @ travesiadoxalo.com para o que queirades!

--
O equipo da Travesía do Xalo
Asociación Castelo Deporte

www.castelodeporte.gal
parrocha

Montañés
Montañés
12/05/13
0 Carreiras
85 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 26 Abr 2014, 10:04
Asunto: Re: V Travesía do Xalo (27-4-2014)

Fantástico, dorsais adhesivos! Aborrezo facerlles buratos as camisetas
mingoos

Foreiro infantil
Foreiro infantil
30/09/13
16 Carreiras
104 Mensaxes
lugo
Respostar citando Envío Sáb, 26 Abr 2014, 16:10
Asunto: Re: V Travesía do Xalo (27-4-2014)

gracias por las indicaciones
alguno que vaya desde lugo y quiera compartir coche que me avise
xosemon

Foreiro infantil
Foreiro infantil
10/05/12
0 Carreiras
97 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Dom, 27 Abr 2014, 14:53
Asunto: Re: V Travesía do Xalo (27-4-2014)

Ben, Xa cheguei a casa!!! Proba superada.
2ª participación neste trail e espero seguir todas as edicions.
Organización:10
Entorno:10
Voluntarios:10
Churrasco:10
Festa:10
Concerto:10
Trail:MOI DURO(e amiña opinión)

NORABOA A TOD@S.
formigho

Novo foreiro
Novo foreiro
9/03/14
4 Carreiras
22 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 27 Abr 2014, 16:13
Asunto: Re: V Travesía do Xalo (27-4-2014)

Espectaculaaaar!!!! Foi durisimo pero iso dalle máis valor ao q fixemos.
Indicacións e sinalización de 10, fotografos de 10, gaiteiros de 10, voluntarios de 10. Churrasco de 11.
Foi moi fermoso. Sufrín moito pero tamén desfrutei coma un anano.
Parabéns a todos q rematachedes. Para o ano espero poder volver e inscribirei aos nenos tamén.
charly74

Novo foreiro
Novo foreiro
24/02/13
5 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 27 Abr 2014, 16:20
Asunto: Re: V Travesía do Xalo (27-4-2014)

Destrozado! Más dura de lo que pensaba pero espectacular todo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos