Dom, 11 Mai 2014, 20:02
Asunto: Re: XVII Media Maraton de Vigo - 11/Maio/2014
Boa carreira a de hoxe, para min a organización de luxo. Ademáis é un pracer correr polo medio dunha gran cidade.
O percorrido, como xa comentaramos durecho, (eu coñecinno o ano pasado) pero e que ademais é enganoso, xa que os primeiros Kms. son moi rápidos, sendo ese un desgaste moi importante para os derradeiros Kms.
Respecto a miña carreira, pareceume máis dura o ano pasado, tamén fixo moita máis calor.Y eu o ano pasado fixen caseque 2' menos.
Saín reservón a 1ª volta ca intención de non sufrir en demasía, e asi foi, pero na 2ª despois do paso por meta tiven que baixar algo o ritmo e o mesmo me aconteceu na derradeira subida, ou reducía ou petaba.
Ao final en tempo oficial uns segundiños por debaixo de 1h32'.
Esperemos que se consolide, como así parece, e que vaia a máis. Caseque 700 chegados a meta nos que correron individualmente. O que é unha boa cantidade.
Tendo en conta que hoxe había a media de Ferreirua e para a semana estaba a Media de Ferrol, polo que moita xente que tiña pensado correr en Ferrol, xa nin se plantexara correr esta.