Mér, 06 Xuñ 2007, 9:39
Asunto:
¡¡Uy!! Perdón pola intromisión entre
Chacal e
Khene como consecuencia de algo que dixen eu. Imos ver... tentarei aclarar o tema e espero que falando como persoas civilizadas e intelixentes que somos poidamos arranxalo.¿Vale?
Imos ver, estimado compañeiro
Chacal, cando te chamei a atención o outro día (non lembro se onte ou antonte) foi porque me pareceu que a túa mensaxe ofendía a un corredor que todos coñecemos e que, por se non o sabes, non está precisamente nun momento de especial carga de entrenamentos despois do sucedido na Maratón e demáis. Ademáis, engadín na mensaxe uns "emoticonos" que pretendían indicar que sei que ás veces as túas mensaxes non son ben entendidas polo teu carácter, por cómo te expresas ou polo que sexa... e iso non quere decir que te chame "ignorante" "inculto" nen "imbécil" (que por certo, non é realmente un insulto xa que fai referencia a unha persoa que necesita axuda para algo... provén do latin "in baculum" ou sexa, que precisa dun báculo ou bastón para moverse).
Aquí no imos entrar a discutir sobre cantas toneladas de libros ou de enciclopedias hai que ter ou ler para ser máis ou menos culto, xa que o mínimo que pedimos é educación (e cultura e educación son cousas ben distintas, colega
) e se de algo non andamos sobrados no mundo é de xente educada... penso que non fun maleducado contigo. Se opinas distinto falamos na vindeira carreira... xa nos coñecemos reciprocamente así que se eu non te vexo podes acercarte ti... xa sabes que non como a ninguén... nin eu nen ninguén do foro que coñeza.
En calquera caso, e voltando ao tema desta mensaxe, este fin de semana pasado o corredor de quen falamos tivo unha serie de circunstancias que facían pouco menos que imposible dar un resultado óptimo na famosa Milla de Samil. Irei por partes, para que a cousa quede clara: o venres pola tarde fixo de lebre a un amigo corredo a un ritmo máis alto do habitual durante 5 kms. O sábado pola mañan, antes de ir participar na Carreira da Auga (9450 m.) atopouse con que os seus cabalos romperan portas nas cuadras e tivo que andar a recollelos pola finca (e iso supuso ter que andar a facer exercicio extra xusto denantes da carreira). Na Carreira da Auga tivo a uns rivais moi bós e en mellor estado de forma que él (recoñeceuno él mesmo) e ainda así quedou segundo. O domingo pola mañan estaba comprometido a participar na Milla de Samil entre outras cousas porque había un posto de Intermón e os beneficios do donativo que se pagaba coa inscripción da Milla de Samil se destinarían integramente para o proxecto da Carreira Solidaria do vindeiro día 17 ás 11:30 horas no Polígono Industrial do Tambre en Santiago de Compostela que ten como finalidade fornecer económicamente un proxecto de escola en Angola encadrado dentro das actividades da ONG Intermón-Oxfam.
Como podes supoñer, se tiveron o detalle de destinar eses cartos para a idea xurdida do maxín de Pedro Nimo, o mínimo que por educación e en agradecemento podía facer era correla (ainda que non sexa a súa distancia preferida, nen teña unha preparación específica para ela, etc.) como así foi. Pola tarde tiña, ademáis, compromisos familiares que supoñían un esforzo físico engadido e se sumamos todo penso que pouca xente daría tanto de sí mesma nun marxe de horas tan xusto.
Un saúdo, compañeiro
Chacal. Sempre á túa disposición.