Lun, 06 Out 2014, 18:09
Asunto: Re: CIRCUITO TRAIL RUNNING QUIROGA. TRAIL DO LOR (25/10/14)
CARTA DA ORGANIZACIÓN:
Cando rematamos o TRAIL do BOI, o Sr. dipper99 escribiu: “Estou seguro que a pouco que desexaran facelo, atoparían camiños dabondo para este Trail”!
Esta frase, xunto con outras opinións e consellos dos que participastes na carreira, calou moi fondo na Organización e pensamos, así que queredes tralla, pois ides ter tralla. Non hai máis que recordar o Trail do Castelo, donde o Sr. Kratos pensaba que estivera no inferno pelexándose con 1.000 gatos! Puxémonos a buscar e lóxicamente atopamos camiños e sendeiros que fixeron mellorar en gran medida a calidade e dureza tanto no percorrido largo como no “corto”. A zona o permite, ben o sabemos. Pero gracias as vosas suxerencias esta organización mellora e os percorrido empezan a molar moito.
De cara a 3ª proba do circuíto de QUIROGA, o “TRAIL do LOR” ou “Trail DOLOR” (como o denominades moitos de vos) a premisa e: menos cortalumes, menos pista forestal, mais camiño de carro, mais sendeiro, máis carrozo, máis barros, mais campo a través, mais ríos e regatos, mais desnivel, mais dureza... +++, e o resultado e o Maraton de montaña mais duro de Galicia.
- Distancia = 42,19Km.
- Desnivel positivo = 3.061m.
- Desnivel negativo = 3.061m.
- Coeficiente de dificultade = 129
O percorrido desenrolase en media montaña, no extremo mais occidental da SERRA DO COUREL descorre entre os 246m - 854m QNH, pasa por un total de 30 aldeas, moitas delas abandonadas dende fai décadas, tal como “O Pontido” ou “A Airela”, escenarios de rodaxe da curtametraxe “O Antoxo”.
Na súa meirande parte descorre por bosques autóctonos e por soutos de castaños, aproveitando en parte os sendeiros por os que os nosos antepasados portaban ao lombo os sacos de castañas de cara aos sequeiros, por os cales pasaremos, e dende alí a súa casa; cando trepedes por estes sendeiros pensade en como sería facelo con un saco de castañas ao lombo, ufff...
Con respecto ao percorrido corto:
- Distancia = 16,7Km.
- Desnivel positivo = 1.333m.
- Desnivel negativo = 1.333m.
- Coeficiente de dificultade = 22
Inda que o coeficiente de dificultade e moi inferior ao do percorrido longo, sigue a ser un percorrido bastante duro, pois acumula moito desnivel en pouca distancia. E o 3º en dureza dos que se corren en Galicia en percorridos por debaixo de 21km.
Ámbolos dous son tremendamente espectaculares a nivel paisaxístico, non en vano a meirande parte do percorrido se fai por os pés mais occidentais da Serra do Courel, onde os ríos de Parteme e Lor buscan abrazarse co Sil en pleno corazón da Ribeira Sacra.
Como sabedes e a última proba do CTRQ (Circuito Trail Running Quiroga), tamén do CIGATRAIL, e según o calendario de Correrengalica será o último Maratón (42K) a celebrar no 2014.
Ámbolos dous están incluídos no circuíto CORRERENGALICIA para a vindeira tempada 2014-2015.
Iremos colgando imaxes, para que vaiades imaxinando o inferno antes de meterse nel...