Xov, 18 Dec 2014, 13:25
Asunto: Re: XIII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (21-12-2014)
mosquera9599 escribió: |
Pois xa que estamos, falade algo do circuito... |
Son dúas voltas de 5 km homologados
km 1-6: a primeira parte é chairo, despois comeza unha lixeira subida de 400m e dase a volta a un cono.
km 2-7: baixada prolongada de 400 m e a continuación completamente chairo ata finalizar o kilómetro.
km 3-8: na parte final hai unha pequena subida de 150m e despois de pasar a rotonda segue un falso chairo ascendente ata finalizar o km e dar a volta a outro cono.
km 4-9: lixeiramente en baixada ata chegar á rotonda e despois chairo
km 5-10: chairo a primeira parte con lixeira baixada ata a liña de meta.