Foros ›
Lalín. Andaina a Zobra e as Liñeiras. Concellos Saudables.
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 03 Mai 2012, 21:23
Asunto: Lalín. Andaina a Zobra e as Liñeiras. Concellos Saudables.

Por fin imos a facer esta ruta. Xa son varias tempadas de andainas de Concellos Saudables. Todos os anos temos en mente a ruta a Zobra, pero por diversas circunstancias aínda non a fixemos. Será a ruta 12+1. E se non coñecedes esta zona espectacular que temos no concello de Lalín, non dubidedes en apuntarvos, porque ides quedar realmente impactados pola fermosora e espectacularidade da paisaxe dos lugares polos que pasaremos. Se xa tedes visitado Zobra tamén é unha ruta moi recomendable, porque o roteiro que faremos combina camiños de Zobra e tamén as Liñeiras, incluíndo o lugar de Chedas.

Datos da andaina:

- Organiza Concellos Saudables Lalín

- Día: domingo 27 de maio de 2012.

- Hora: 9:00

- Lugar de concentración dos participantes: Lalín, praza da igrexa, quilómetro cero.

- Autobús: Dende a praza da igrexa un autobús levará aos participantes ata o punto de partida da andaina. O autobús partirá as 9:15 horas da mañá.

- Distancia: 17 quilómetros de dificultade moderada

- Duración da andaina: 4 horas. Empezamos as 9:45 e remataremos as 13:45. O autobús recóllenos e lévanos de volta a Lalín, e chegaremos arredor das 14:15 horas de novo a praza da igrexa.

- Material: Recoméndase levar un pequeno avituallamento sólido e líquido. Hay fontes en varios puntos da andaina.

- Inscripción: Prezo 5 euros que corresponden ao custe do autobús. O ingreso hai que facelo no número de conta seguinte: 2100 2798 77 0200075375 poñendo no concepto andaina a zobra o nome de quen ingresa e o número de participantes. Prazo de remate da inscripción o venres 25 de maio.

- Para calquera dúbida podedes chamar a os teléfonos 699396212 e 665820790, neste último en horario de tarde.


http://dezarutas.wordpress.com/2012/05/03/ruta-a-zobra-e-as-lineiras/
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 09 Mai 2012, 21:27
Asunto: Re: Lalín. Andaina a Zobra e as Liñeiras. Concellos Saudab

Algunhas fotos da ruta...

http://dezarutas.wordpress.com/zobra/
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 17 Mai 2012, 19:53
Asunto: Re: Lalín. Andaina a Zobra e as Liñeiras. Concellos Saudab

A ruta en wikiloc:

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?&id=2788550
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 22 Mai 2012, 14:23
Asunto: Re: Lalín. Andaina a Zobra e as Liñeiras. Concellos Saudab

Previsión meteorolóxica para o domingo.

Pois parece que pode chover.

http://www.aemet.es/gl/eltiempo/prediccion/municipios/lalin-id36024
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 23 Mai 2012, 19:23
Asunto: Re: Lalín. Andaina a Zobra e as Liñeiras. Concellos Saudab

Ao mellor libramos da choiva.

Eso sí. Traede roupa abrigosa porque nalgunha parte da algo de vento, e será brisa fresca de montaña.

http://www.eltiempo.es/lalin.html
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 24 Mai 2012, 22:43
Asunto: Re: Lalín. Andaina a Zobra e as Liñeiras. Concellos Saudables.

Hoxe démoslle un repaso ao percorrido da andaina e o percorrido e a paisaxe estaban espectaculares. Un día radiante e primaveral, un marco incomparable, as fontes que atopamos polo camiño daban auga fresca e limpa. A devesa de Couso e As Liñeiras lucía en todo o seu esplendor...

Lástima da previsión de posible choiva para o domingo. Se se aguanta un pouco a choiva ata a tardiña, libraríamos de mollarnos.
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 28 Mai 2012, 21:19
Asunto: Re: Lalín. Andaina a Zobra e as Liñeiras. Concellos Saudab

Zobra volveu a ser un marco incomparable para unha nova andaina organizada por Concellos Saudables. A climatoloxía respetounos e mantemos a participación en torno a trinta persoas.

Fotos aquí: http://dezarutas.wordpress.com/2012/05/27/2508/

Posiblemente cara final de xuño continuaremos coas andainas.

Grazas a todos.

Saúdos.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos