Foros ›
Lalín. Andaina a Ameixedo e monte Coco. Concellos Saudables.
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 13 Xuñ 2012, 21:43
Asunto: Lalín. Andaina a Ameixedo e monte Coco. Concellos Saudables.

Dentro das andainas de Concellos Saudables, o próximo día domingo 24 de xuño de 2012, organizados a ruta a Ameixedo e monte do Coco.

A aldea de Ameixedo é posiblemente a máis alonxada da capital do concello de Lalín. Resulta ser un lugar de espectacular beleza paisaxística e está integrada en territorio incluído na rede natura. A súa devesa ten un altísimo valor ecolóxico e ven sendo un bosque virxe prácticamente inalterado pola man do home. O camiño por entre a devesa franquea por unha ponte de pedra o río Grovas e vai ascendendo entre acivros e carballos.

- Día: domingo 24 de xuño de 2012.

- Hora: 9:00

- Lugar de concentración dos participantes: Lalín, praza da igrexa, quilómetro cero.

- Autobús: Dende a praza da igrexa un autobús levará aos participantes ata o punto de partida da andaina. O autobús partirá as 9:15 horas da mañá.

- Distancia: 17 quilómetros de dificultade media-alta. Con posibles alternativas que suavicen o percorrido.

- Duración da andaina: 4 horas. Empezamos as 9:45 e remataremos as 13:45. O autobús recóllenos e lévanos de volta a Lalín, e chegaremos arredor das 14:15 horas de novo a praza da igrexa.

- Material: Recoméndase levar un pequeno avituallamento sólido e líquido. Hay fontes en varios puntos da andaina.

- Inscripción: Prezo 5 euros que corresponden ao custe do autobús. O ingreso hai que facelo no número de conta seguinte: 2100 2798 77 0200075375 poñendo no concepto andaina a ameixedo o nome de quen ingresa e o número de participantes. Prazo de remate da inscripción o venres 22 de xuño.

- Para calquera dúbida podedes chamar a os teléfonos 699396212 e 665820790, neste último en horario de tarde.

Mais información en

www.dezarutas.wordpress.com
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 19 Xuñ 2012, 14:35
Asunto: Re: Lalín. Andaina a Ameixedo e monte Coco. Concellos Sauda

Bo tempo para o domingo


http://www.aemet.es/gl/eltiempo/prediccion/municipios/lalin-id36024





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos