Foros ›
I Media Maratón Ribadeo - As Catedrais (6 de setembro)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Mingacho

Maratoniano
Maratoniano
29/09/13
300 Carreiras
36 Mensaxes
Aranga
Respostar citando Envío Dom, 07 Set 2014, 11:42
Asunto: Re: I Media Maratón Ribadeo - As Catedrais (6 de setembro)

Noraboa a organizacion, gran carreira.
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
0 Carreiras
364 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 07 Set 2014, 16:08
Asunto: Re: I Media Maratón Ribadeo - As Catedrais (6 de setembro)

Coincido con todos os comentarios tan positivo sobre a carreira. Noraboa á organización e voluntari@s e moitas grazas polos ánimos á xente de Ribadeo, Rinlo e A Devesa, e tamén a todos os turistas. Percorrido precioso, duro e entretido, esperemos que se siga celebrando en próximos anos e que sirva para declarar a praia de As Catedrais como parque natural

Aplauso Aplauso Aplauso
xil

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/07
0 Carreiras
5 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 07 Set 2014, 16:55
Asunto: Re: I Media Maratón Ribadeo - As Catedrais (6 de setembro)

Logo de varios anos sen participar en carreiras creo que acertei na miña reestrea. Encantoume o percorrido e disfruteino como poucas veces!!! Só pido unha cousa: POR FAVOR, QUE SE SIGA FACENDO, E CON "AUGAS SANTAS" XA COMO PARQUE NATURAL!!!!

Noraboa a tod@s!!!


Ahhhh!!! E ese paso por Rinlo tivo o seu aquel!! Encantoume!! So faltaba o arroz caldoso :)!!!
Baralloco

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/14
3 Carreiras
366 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 07 Set 2014, 17:43
Asunto: Re: I Media Maratón Ribadeo - As Catedrais (6 de setembro)

Eu tamén me sumo aos parabens e agradecementos para toda a organización. Paseino xenial, sobre todo co chaparrón que nos puxo como pitos.

Como suxerencia, que xa se ten comentado neste foro para outras carreiras, o tema de poñer contenedores ou capachos próximos aos avituallamentos. Doume rabia que deixáramos un espacio da Red Natura 2000 estrado de botellins, mais ainda cando era unha carreira para reinvidicar o parque natural.

Polo demais, todo fantástico. Espero que teña continuidade, e alí estarei.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
473 Carreiras
3685 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 07 Set 2014, 19:48
Asunto: Re: I Media Maratón Ribadeo - As Catedrais (6 de setembro)

Excepcional carreira a de onte en Ribadeo, como comentan por eiqui, das máis fermosas, ainda que non exenta de dureza, tanto polo perfil, coma pola superficie pola que corrimos, nalgúns tramos tiñamos que vixiar onde pisabamos para non ter ningún percance.

Respecto a organización, fabulosa, cunha grande implicación do concello e xente de Ribadeo.
Só poñerlle 2 peros, como xa comentou alguén, despois dos avituallamentos, non había onde tirar as botellas, polo que tivemos que deixar todo o entorno feito unha porquería, eu rematei entros 100 primeiros e xa habia moitas botellas tiradas (e máis traballo para a organización).
E 2º pero, a distancia, polo meu GPS. faltáballe algo máis de 500 mts. . Non custaba nada alargar algo máis o percorrido do inicio polo casco urbán.

E despois unha crítica para os corredores que se apuntan por que é gratuita e logo non se presentan, había creo que 941 inscritos e remataron a proba 640, máis dun 30% de non asistentes. Xa sabemos que sempre hai un porcentaxe de xente que non pode asistir por forza maior, pero nas gratuitas sempre oscila entre un 25% e un 40%. Hai que ter algo máis de seriedade. Enfadado
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1927 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Dom, 07 Set 2014, 20:22
Asunto: Re: I Media Maratón Ribadeo - As Catedrais (6 de setembro)

Mágnifica carreira, nunha das mellores paisaxes coas que nos podemos atopar na xeografía galega. Bastaba levantar a vista ó horizonte para esquencerse de calquer cansancio que un poidese levar enrriba.

O paso por Rinlo é algo díficil de olvidar, coas suas xentes animando dende o alto o paso dos corredores; ainda que non contaba con ter que subir eses escalóns, que a min me fixeron algo de estrago(menudo sufrimento a esas alturas de carreira).

Na cara de algúns de nós se nos notaba a cara de sufrimento, por coincidirnos coa volta de vacacións e estar algún tempo parados.

A chegada a meta nese entorno privilexiado das Catedraís, onde todos acabamos baixando a area por moi cansados que estivesemos, e algo que non creo que se poida esquecer; sobro todo coincidindo coa posta do sol, cando un xa se atopa duchado e relaxado.

Para o ano conto voltar.

Pd: Noraboa a PequenaCriatura polo seu estreo en MM. Foi todo un reto para ela, primeiro pola sua dureza e segundo por tratarse dunha distancia que non está o alcance de todos.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 08 Set 2014, 6:55
Asunto: Re: I Media Maratón Ribadeo - As Catedrais (6 de setembro)

Kurty escribió:
Excepcional carreira a de onte en Ribadeo, como comentan por eiqui, das máis fermosas, ainda que non exenta de dureza, tanto polo perfil, coma pola superficie pola que corrimos, nalgúns tramos tiñamos que vixiar onde pisabamos para non ter ningún percance.
jaja naljúns sitios había pouco grip, algúns equivocamos as rodas que levábamos Avergonzado Mr. Green aínda que non me esnafrei nin nada

Si, daba pena ver tantas botellas tiradas, pero son cousas que se aprenden coa experiencia

A gran cantidade de colaboradores (sobre todo rapazas) que había nos cruces e tramos perigosos foi de agradecer. Un aplauso a el@s Aplauso e a organización.

Sobre a dureza do percorrido... qué carallo! this is Galicia, os cambios de ritmo eran constantes pero admitamos que dentro do que soe ser habitual trátase dun percorrido suave. Outra cousa é que ao descoñecer o percorrido moit@s pecásemos de optimistas (respecto a nosa condición física) e non repartísemos ben o esforzo.

-- Chámame "ghose"
crusti

Novo foreiro
Novo foreiro
8/09/14
250 Carreiras
1 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Set 2014, 7:01
Asunto: Re: I Media Maratón Ribadeo - As Catedrais (6 de setembro)

Buenos días,

encantado de esta carrera y la organziación. Confirmo lo que decís y enhorabuena a los corredores y la organización.

Yo vine de lejos (Madrid) y acostumbrado a diezmiles que te cobran 12-15 euros y te dan una patada en el culo y como mucho una botellita de agua en meta, me pareció un lujo de recorrido y organización.

Espero regresar pronto a Galicia, es mi segunda carrera (la primera fue la Vig-Bay) y completar carreras en A Coruña y Ourense.

Por cierto, conocéis algún enlace donde ver fotos de la carrera?

Gracias y hasta muy pronto
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 08 Set 2014, 7:26
Asunto: Re: I Media Maratón Ribadeo - As Catedrais (6 de setembro)

crusti escribió:
Bu
Por cierto, conocéis algún enlace donde ver fotos de la carrera?

Gracias y hasta muy pronto
www.correrengalicia.or...mp;t=15534

saludos y bien venid@ Guiño

-- Chámame "ghose"
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Set 2014, 9:54
Asunto: Re: I Media Maratón Ribadeo - As Catedrais (6 de setembro)

Carrera durilla para estas alturas de la temporada....

Organización de 10, voluntariado aguantando como jabatos bajo la lluvia...

El baño reconstituyente en la playa y los paisajes merecen todo el sufrimiento de la carrera.
Superanxo

Novo foreiro
Novo foreiro
25/02/13
25 Carreiras
42 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Set 2014, 12:04
Asunto: Re: I Media Maratón Ribadeo - As Catedrais (6 de setembro)

Súmome aos parabéns dos compañeiros. Despraceime dende Pontevedra e pagou a pena. Magnífica media maratón. Singular e con puntos moi fortes como a paisaxe, o paso por Rinlo e a magnífica organización, realmente sorprendente nunha carreira gratuíta, sen custo de inscrición. Moi recomendable.
rafanonstop

Montañés
Montañés
29/01/10
180 Carreiras
300 Mensaxes
Gallaecia
Respostar citando Envío Lun, 08 Set 2014, 15:30
Asunto: Re: I Media Maratón Ribadeo - As Catedrais (6 de setembro)

Simplemente Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso
jorgevidi

Novo foreiro
Novo foreiro
6/02/13
0 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Set 2014, 15:40
Asunto: Re: I Media Maratón Ribadeo - As Catedrais (6 de setembro)

El reivindicar As Catedrais como Parque Natural y permitir que se tiren botellas y tapones de plástico a lo largo de todo el trazado de la carrera me parece algo muy triste.

Trazado precioso, si, pero los siguientes que vengan seguro que no lo verán igual.

Mala previsión de la organización. Muy mala.
aqnep

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
4/04/11
0 Carreiras
150 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Lun, 08 Set 2014, 16:37
Asunto: Re: I Media Maratón Ribadeo - As Catedrais (6 de setembro)

jorgevidi escribió:
El reivindicar As Catedrais como Parque Natural y permitir que se tiren botellas y tapones de plástico a lo largo de todo el trazado de la carrera me parece algo muy triste.

Trazado precioso, si, pero los siguientes que vengan seguro que no lo verán igual.

Mala previsión de la organización. Muy mala.

Dudo mucho que lo hayan dejado así.

es.wikipedia.org/wiki/...%281888%29
jorgevidi

Novo foreiro
Novo foreiro
6/02/13
0 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Set 2014, 17:10
Asunto: Re: I Media Maratón Ribadeo - As Catedrais (6 de setembro)

aqnep escribió:
jorgevidi escribió:
El reivindicar As Catedrais como Parque Natural y permitir que se tiren botellas y tapones de plástico a lo largo de todo el trazado de la carrera me parece algo muy triste.

Trazado precioso, si, pero los siguientes que vengan seguro que no lo verán igual.

Mala previsión de la organización. Muy mala.

Dudo mucho que lo hayan dejado así.

Lo primero es concienciar. Si mi dorsal y mi camiseta pone "As Catedrais Parque Natural" es porque la carrera persigue un objetivo. Y la organización no estuvo a la altura.

Dudo mucho que puedan controlar las más de 1000 botellas, y sus correspondientes tapones, que se tiraron en zonas de difícil limpieza.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos