Foros ›
CIRCUITO TRAIL RUNNING QUIROGA. TRAIL DO LOR (25/10/14)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
AlbergueQuiroga

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/11/13
0 Carreiras
375 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 06 Out 2014, 18:09
Asunto: Re: CIRCUITO TRAIL RUNNING QUIROGA. TRAIL DO LOR (25/10/14)

CARTA DA ORGANIZACIÓN:

Cando rematamos o TRAIL do BOI, o Sr. dipper99 escribiu: “Estou seguro que a pouco que desexaran facelo, atoparían camiños dabondo para este Trail”!
Esta frase, xunto con outras opinións e consellos dos que participastes na carreira, calou moi fondo na Organización e pensamos, así que queredes tralla, pois ides ter tralla. Non hai máis que recordar o Trail do Castelo, donde o Sr. Kratos pensaba que estivera no inferno pelexándose con 1.000 gatos! Puxémonos a buscar e lóxicamente atopamos camiños e sendeiros que fixeron mellorar en gran medida a calidade e dureza tanto no percorrido largo como no “corto”. A zona o permite, ben o sabemos. Pero gracias as vosas suxerencias esta organización mellora e os percorrido empezan a molar moito.
De cara a 3ª proba do circuíto de QUIROGA, o “TRAIL do LOR” ou “Trail DOLOR” (como o denominades moitos de vos) a premisa e: menos cortalumes, menos pista forestal, mais camiño de carro, mais sendeiro, máis carrozo, máis barros, mais campo a través, mais ríos e regatos, mais desnivel, mais dureza... +++, e o resultado e o Maraton de montaña mais duro de Galicia.
- Distancia = 42,19Km.
- Desnivel positivo = 3.061m.
- Desnivel negativo = 3.061m.
- Coeficiente de dificultade = 129
O percorrido desenrolase en media montaña, no extremo mais occidental da SERRA DO COUREL descorre entre os 246m - 854m QNH, pasa por un total de 30 aldeas, moitas delas abandonadas dende fai décadas, tal como “O Pontido” ou “A Airela”, escenarios de rodaxe da curtametraxe “O Antoxo”.
Na súa meirande parte descorre por bosques autóctonos e por soutos de castaños, aproveitando en parte os sendeiros por os que os nosos antepasados portaban ao lombo os sacos de castañas de cara aos sequeiros, por os cales pasaremos, e dende alí a súa casa; cando trepedes por estes sendeiros pensade en como sería facelo con un saco de castañas ao lombo, ufff...
Con respecto ao percorrido corto:
- Distancia = 16,7Km.
- Desnivel positivo = 1.333m.
- Desnivel negativo = 1.333m.
- Coeficiente de dificultade = 22
Inda que o coeficiente de dificultade e moi inferior ao do percorrido longo, sigue a ser un percorrido bastante duro, pois acumula moito desnivel en pouca distancia. E o 3º en dureza dos que se corren en Galicia en percorridos por debaixo de 21km.
Ámbolos dous son tremendamente espectaculares a nivel paisaxístico, non en vano a meirande parte do percorrido se fai por os pés mais occidentais da Serra do Courel, onde os ríos de Parteme e Lor buscan abrazarse co Sil en pleno corazón da Ribeira Sacra.
Como sabedes e a última proba do CTRQ (Circuito Trail Running Quiroga), tamén do CIGATRAIL, e según o calendario de Correrengalica será o último Maratón (42K) a celebrar no 2014.
Ámbolos dous están incluídos no circuíto CORRERENGALICIA para a vindeira tempada 2014-2015.
Iremos colgando imaxes, para que vaiades imaxinando o inferno antes de meterse nel...
AlbergueQuiroga

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/11/13
0 Carreiras
375 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 06 Out 2014, 18:22
Asunto: Re: CIRCUITO TRAIL RUNNING QUIROGA. TRAIL DO LOR (25/10/14)

Hai lugares donde casi non entra nin a luz, poderedes entrar vos?
e os que logredes entrar, seredes capaces de sair?



guti290971

Montañés
Montañés
10/09/08
238 Carreiras
1876 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Lun, 06 Out 2014, 20:42
Asunto: Re: CIRCUITO TRAIL RUNNING QUIROGA. TRAIL DO LOR (25/10/14)

Eu traballo, que se non iba...
a dificultade semella similar a xtreme lagos de Covadonga, onde o corte no km 25 esta en 6 h , e no 42 en 10h.


o ano que ven tentarei completar o circuito, ainda que sexa co escoba...


sorte e non mancarse !!

o mais rápido dos gordiños



CLUBE ATLETISMO BOIMORTO
AlbergueQuiroga

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/11/13
0 Carreiras
375 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 06 Out 2014, 22:00
Asunto: Re: CIRCUITO TRAIL RUNNING QUIROGA. TRAIL DO LOR (25/10/14)

guti290971 escribió:
Eu traballo, que se non iba...
a dificultade semella similar a xtreme lagos de Covadonga, onde o corte no km 25 esta en 6 h , e no 42 en 10h.


o ano que ven tentarei completar o circuito, ainda que sexa co escoba...


sorte e non mancarse !!
Que grande Guti!
Efectivamente, e moi semellante a Lagos de Covadonga, o cal ten un coeficiente de dificultade de 128, fronte ao DOLOR con un coeficiente de 129.

Contamos contigo para a proxima tempada, pero atento as sorpresas...
FisionBoy

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/03/14
59 Carreiras
244 Mensaxes
Muíños
Respostar citando Envío Lun, 06 Out 2014, 22:09
Asunto: Re: CIRCUITO TRAIL RUNNING QUIROGA. TRAIL DO LOR (25/10/14)

Que tal o trail pequeno?? Parece moi corrible non?

Quizais me anime!!
AlbergueQuiroga

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/11/13
0 Carreiras
375 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 07 Out 2014, 6:52
Asunto: Re: CIRCUITO TRAIL RUNNING QUIROGA. TRAIL DO LOR (25/10/14)

FisionBoy escribió:
Que tal o trail pequeno?? Parece moi corrible non?

Quizais me anime!!
O Trail de 16KM ten mais de técnico que de corrible, e unha boa oportunidade para perfeccionar a técnica mais que para facer boas marcas. Ten en conta que en tan so 16km. acumulas un desnivel positivo de 1330m.
Ao non haber tempos de corte e moi recomendable para calquera, especialmente para o disfrute do que supón correr por sendeiros no interior de bosques, cruzar regatos, subir agatuñando, baixar por sendeiros que se retorcen, cruzar barrizales... eso si, dosificando dende o principio.
Ainda así ten tramos tanto no val como na montaña para soltar as pernas. Non te fixes so no perfil, botalle unha ollada as curvas de nivel.
Ánimo, non esperes a que cho conten!
trevinca

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/08
0 Carreiras
213 Mensaxes
barbanza
Respostar citando Envío Mar, 07 Out 2014, 10:08
Asunto: Re: CIRCUITO TRAIL RUNNING QUIROGA. TRAIL DO LOR (25/10/14)

A miña intencion e participar na corto, non teño experiencia nos trail pero si en andainas de montaña dura ,subir cauces de rios ,fago andainas de 50KM e corro carreiras de 30 ,pero teño duas dudas ,1 canto tempo temos pa terminar a corta? ,2 Hai algun sitio para poder avandonar en caso de ter poblemas ? Que material seria comveniente ou recomendable para a corta ?
Perdoade si estou metendo a pata pero como xa dixen vai ser o meu primeiro trail e teño algo de respeto pero non medo.
AlbergueQuiroga

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/11/13
0 Carreiras
375 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 07 Out 2014, 11:44
Asunto: Re: CIRCUITO TRAIL RUNNING QUIROGA. TRAIL DO LOR (25/10/14)

trevinca escribió:
A miña intencion e participar na corto, non teño experiencia nos trail pero si en andainas de montaña dura ,subir cauces de rios ,fago andainas de 50KM e corro carreiras de 30 ,pero teño duas dudas ,1 canto tempo temos pa terminar a corta? ,2 Hai algun sitio para poder avandonar en caso de ter poblemas ? Que material seria comveniente ou recomendable para a corta ?
Perdoade si estou metendo a pata pero como xa dixen vai ser o meu primeiro trail e teño algo de respeto pero non medo.
Hola Trevinca. Calquer consulta ou aclararación sempre vai a ser ben recibida.
Neste caso non hay tempos de corte, e SI, podese abandonar no percorrido, para elo dispomos de corredores escoba, motos, quad e vehiculos tt, que combinados entre si fan que a evacuación sexa viable.
O material recomendable e o que indicamos no regulamento, www.tourgalia.com, podes engadir unhos guantes pois haberá un par de puntos con corda e de subir a catropatas.
Ah! non viria mal un casco pois xa pingan as castañas, e tamén os ourizos. Ríndose
mingoos

Foreiro infantil
Foreiro infantil
30/09/13
16 Carreiras
104 Mensaxes
lugo
Respostar citando Envío Mar, 07 Out 2014, 21:47
Asunto: Re: CIRCUITO TRAIL RUNNING QUIROGA. TRAIL DO LOR (25/10/14)

Con todo o que contades habera que apuntarse, pero o corto que me a de chejar
Magono

Montañés
Montañés
20/03/11
292 Carreiras
741 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Mar, 07 Out 2014, 22:15
Asunto: Re: CIRCUITO TRAIL RUNNING QUIROGA. TRAIL DO LOR (25/10/14)

mingoos escribió:
Con todo o que contades habera que apuntarse, pero o corto que me a de chejar

al largo ...., vamos !!!
xabi_rabacallos

Montañés
Montañés
4/09/13
666 Carreiras
942 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 08 Out 2014, 6:36
Asunto: Re: CIRCUITO TRAIL RUNNING QUIROGA. TRAIL DO LOR (25/10/14)

Eu....longo...

Rodicio @ gmail.com

"Sacroleitis touch the kinder...but...I will be back" jeje
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Mér, 08 Out 2014, 8:05
Asunto: Re: CIRCUITO TRAIL RUNNING QUIROGA. TRAIL DO LOR (25/10/14)

Co trail corto eu tamén teño suficiente.....ainda que na realidade o que quero facer é o longo, pero a máquina non da para máis.
Xalma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/08/11
0 Carreiras
166 Mensaxes
Riveira
Respostar citando Envío Mér, 08 Out 2014, 10:59
Asunto: Re: CIRCUITO TRAIL RUNNING QUIROGA. TRAIL DO LOR (25/10/14)

Desde as Terras Húmedas do Barbanza imos ir una pequeña representación...... Guiño
A ver que tal e de dura...e..si acabamos enteiros Bailar
Grande....
norris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/02/09
143 Carreiras
231 Mensaxes
boimorto
Respostar citando Envío Mér, 08 Out 2014, 21:07
Asunto: Re: CIRCUITO TRAIL RUNNING QUIROGA. TRAIL DO LOR (25/10/14)

Magono!!!, eu acompañote o longo, pero o dia seguinte tes que vir conmigo a pedestre de Santiago !!!
mingoos

Foreiro infantil
Foreiro infantil
30/09/13
16 Carreiras
104 Mensaxes
lugo
Respostar citando Envío Mér, 08 Out 2014, 21:31
Asunto: Re: CIRCUITO TRAIL RUNNING QUIROGA. TRAIL DO LOR (25/10/14)

Magono si vas con norris a santiago yo hago la larga, ja ja ja





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos