Foros ›
CARREIRA DE CAMPAÑÓ (Pontevedra) - CCCP
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 02 Set 2014, 11:05
Asunto: CARREIRA DE CAMPAÑÓ (Pontevedra) - CCCP

PREVIO Á CARREIRA

1. DATA. A Asociación Cultural e Deportiva de Campañó e o Concello de Pontevedra, organizan o sábado 20 de setembro de 2014, a partir das 18.45 horas, a “VII Carreira Pedestre de Campañó – Gran Premio Hotel Campaniola 2014”, na categoría de adultos/as.
2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas e acepten e cumpran as condicións de participación.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito á Asociación Cultural e Deportiva de Campañó.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable a Asociación Cultural e Deportiva de Campañó. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre de Campañó así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflexada no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.
4. INSCRICIÓNS. Faranse ata as 23:59 horas do día 17 de setembro de 2014 e e será en www.championchipnorte.com. Non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba.
- Para as categorías seniors e veteranos/as na que o/a deportista pagará a cota de 5 € máis, e de ser o caso, 1 € de aluguer de chip (é obrigatorio o seu uso).
a) No caso de que o/a deportista das categorías seniors e veteranos que se inscriba estivera en situación de desemprego o día da carreira, marcando a casilla axeitada na inscrición en web, poderá participar de balde, agás o chip que terá que pagar 1 € do aluguer. A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal); en caso da non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá a cota de inscrición. A inscrición da carreira é persoal e intransferible.
Ojo morado Se o/a participante é veciño/a de Campañó deberá de inscribirse na propia sede da Asociación Cultural Deportiva Campañó e a inscrición será de balde.
- Para a categoría xuvenil (nados nos anos 1998 e 1997) o/a deportista non pagará a cota agás, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip (é obrigatorio o seu uso), e fará a inscrición na web.
- Para as categorías dende Chupete ata Cadete, a inscrición é de balde e se inscriben o mesmo día da carreira dende as 11.00 ata as 17.00 horas no Hotel Campaniola.
- Para todas as persoas que estiveran inscritas no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2014, será de balde.
5. HOTEL OFICIAL. A Organización conta co precioso Hotel Rural Campaniola que ofrecerá un prezo especial de 60 € en habitación dobre e 40 € en individual (sempre cos almorzos engadidos). Para poder acceder a este servizo terán que poñerse en contacto directamente co hotel e dar a referencia “Carreira de Campañó” no tel. 986 872 711


DURANTE A XORNADA DA CARREIRA

6. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. Coller a estrada que une Pontevedra con Vilagarcía (PO531) e aos 3 kilómetros de Pontevedra, desviarse á esquerda póla VRG 4.8 dirección Campañó / Poio. Unha vez nesta estrada, coller a saída Fragamoreira – Campañó e ao chegar á rotonda, á dereita, ali haberá un punto de información. Para acceder aos aparcadoiros, a hora limite de chegada será ás 17,45.
7. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. Farase no Hotel Campaniola de Campañó dende as 11.00 ata as 17.45 horas do día 20 de setembro e alí mesmo farase entrega do dorsal.
8. MENÚ DO DEPORTISTA. Será unha dieta pensando na enerxía necesaria para os deportistas e será no Hotel Rural Campaniola cun prezo de 10 €.
9. GARDARROUPA. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición na Casa da Cultura de Campañó (xunto á saída).
10. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todos as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá unha ambulancia e un médico para a atención.
11. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto e haberá diversos controis de paso obrigatorios. A saída e a chegada estarán no campo da festa de Cabaleiro (Campañó).
12. AVITUALLAMENTO. En cada volta do percorrido haberá avituallamento líquido e ao remate facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.
13. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou os xuíces, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.
14. CHIP. Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.
15. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandoar o circuíto.


POSTERIOR Á CARREIRA
16. OUTROS. Na liña de meta os/as participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico,...
17. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta:
Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o premio da súa categoría particular, ao seguinte clasificado na súa categoría.
Absoluta Masculina 1º 300 € e trofeo
Absoluta Masculina 2º 200 € e trofeo
Absoluta Masculina 3º 100 € e trofeo
Absoluta Feminina 1º 300 € e trofeo
Absoluta Feminina 2º 200 € e trofeo
Absoluta Feminina 3º 100 € e trofeo
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría Senior e Veteranos/as (masculina e feminina) e nas categorías Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil recibirán unha medalla todos os que rematen a súa carreira.
Tamén recibirán un trofeo os primeiros residentes en Campañó clasificados (home e muller) que non estiveran comprometidos polo arriba exposto. Para optar ao trofeo de primeiro/a residente en Campañó é obrigatorio estar empadroado en Campañó dende xaneiro do ano en curso.
18. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 19.45 horas na zona de meta. Os atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio material e económico.
19. TERCEIRO TEMPO. Ao remate da carreira haberá:
- Un pincho para todos/as os participantes e acompañantes.
- Sorteo de dúas estancias para 2 persoas no HOTEL RURAL CAMPANIOLA (unha noite de aloxamento en media pensión).
- Sorteo de agasallos e material deportivo entre todos/as os participantes.
- Sorteo sorteo de lotes compostos por viño e conservas Pescamar, donados polo Hotel Rural Campaniola.
20. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información no correo-e elias.dominguez.cabral @ gmail.com, en www.facebook.com/carreiradecampano ou en www.championchipnorte....niola-2014





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos