Foros ›
Autor
Mensaxe
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Dom, 21 Dec 2014, 23:38
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Domingo 21/12/2014.
Eu aínda non entendo moi ben este deporte.
Fai 15 días case non era capaz de facer series de 1k a 3:45, sacaba a lingua fora.
Esta semán me doían os cuadriceps, e as rodillas, e non tiña frescura ningunha.
E hoxe ía a SinSon sen moita confianza de mellorar a miña marca en 10k, con facer menos de 40 me daba cun canto nos dentes, e zas!

10k SinSon 2014,
So podo falar moi ben da información desta carreira, e do tema da entrega de dorsais. Unha web onde está todo exposto, e todo medido o milímetro.A única pega e que queda a 1h20m de vigo, e hai que espabilar bastante, para chegar a tempo.

Chegei 30 min antes, e pensaba trotar 3-4 km, pero o final topei cun amigos, e entre unha cousa e outra so 1km.
Sopresa inmensa de que había caixóns, e por encima organizados, e con control de entrada, así que tiven algo de sorte, e puiden saír relativamente adiante, que é importante nunha carreira onde chegaron 1200 corredores a meta.

Km 1: Saída puntual, pero bastante xente a que adiantar, e con moito coidado con non tropezar nos adiantamentos. Sen darme conta fixen ese kilómetro a menos de 3:30 Moi feliz , e me pasaba xente!!! Triste
Km 2 e 3: Como sabía que había costas, e aínda non teño a experiencia suficiente, baixe un pouco o ritmo, para sentirme un pelin maís cómodo.
Pasei os 3 km en 10:41 (3:34), aínda que ía ben, decía para min que ía romper e non ía chegar. Eu flipaba con ese ritmo que levaba.
Km 4 e 5, empezaban as costas aínda que istas eran tranquilas, e foron levaderias. Iso sí, eu sempre só, sen pegarme a ninguen, e pasándome algúns. Eu a un rimto relativamente cómodo sen pasarme
Este kilómetros saíron a 4 e 3:45.
Km 6 e ata 7.5, se falaba da costa que remataba no 7.5, e si que foi dura, pero tampouco para tanto, o que pasaba e que o final se empinaba maís e iso se notaba. Nesta subida me pasou lestrove, o que non vin excesivamente ben, pois iba bufeando, pero ia forte e me pasou, aproveitando para darlle ánimos. O primer parcial a 3:55 e o segundo a 4:10 aprox.
Km 7.5 ata o final, esta carreira o bo que ten, e que tes 2.5 km, para dar zapatilla ata chegar a meta, e sen moita complicacións, así que eu aproveite para darlle un pouco, e me saíron eses kilómetros a menos de 3:30.


Podía haberlle dado un pouco máis de zapatilla na baixada, pero me dei conta que me ía saír un bo tempo, e decidín que e mellor ir baixando os tempos pouco a pouco, en vez de todos dun golpe.

O final chegei a meta entre os 110 primeiros, e rebaixando más de 1minuto a miña anterior marca. O final menos de 37:30, a un ritmo de 3:44, e coa sensación de que podía haberlle dado un bo bocado máis a ese cronómetro.

Como vos decía non entendo moi ben este deporte, levo dende vilagarcía entrenando fatal, e case sen series, e a última saída con dores nas rodillas. Non entendo como é posible que fixese ese tempo, non o entendo.
Eu creo que entreno fatal, e despois na carreira sufro.


Última edición por sanmikel o Lun, 22 Dec 2014, 10:52; editado 4 veces
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Dom, 21 Dec 2014, 23:57
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Esta semán rematou con 42.5 km, e 60.5 kg de media. Non levanto a cabeza en facer máis kilómetros semanais, non hai xeito.
tintin

Super Veterano
Super Veterano
13/04/08
0 Carreiras
2090 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 22 Dec 2014, 7:44
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Noraboa pola tua carreira e sobre todo pola túa progresión.
Sobre o que te preguntas deste deporte? Non sempre por adestrar máis se rinde mellor e case sempre con menos consiguese MAIS. Estas nese camiño de ir descubrindo cal pode ser a tua mellor formula para acadar os teus obxetivos.
Saudiños
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 24 Dec 2014, 10:52
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

tintin escribió:
Noraboa pola tua carreira e sobre todo pola túa progresión.
Sobre o que te preguntas deste deporte? Non sempre por adestrar máis se rinde mellor e case sempre con menos consiguese MAIS. Estas nese camiño de ir descubrindo cal pode ser a tua mellor formula para acadar os teus obxetivos.
Saudiños
Pois tomando nota, se menos e máis, igual me voto panza arriba Ríndose Ríndose .
Pero debe ser verdade, pois dende Vilagarcía, foi todo entrenos tranquilos e descanso, parece que algo de efecto fixo.
Aínda eu digo que pegarse a extraterrestres de 3:10-3:30, como "gefreiter", fará que algo se me pegue algo. Seguro que existe algún estudo onde indican que o o sudor, as endorfinas ou algo fai.. que o que menos nivel ten, corra maís.
Así que me vou ter que pegar máis a gefreiter, que é o que teño maís a man, e non te me vaias lonxe, que como vexa que funcione rápidamente vou por o teu sudor. Ríndose Ríndose
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 24 Dec 2014, 11:01
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Luns 22, non houbo tempo para saír a trotar media hora, demasiado traballo, e as peques tamén merecen algo de tempo dos páis.

Martes 23, as sete da tarde en Castrelos, entreno progresivo.

13.5 Km en progresión, ppm 155 ppMax 173
0.5 km que de quecemento 5:50
11 km en progresión: 4:55 4:28 4:22 4:21 4:19 4:19 4:17 4:07 4:05 4:00 3:51
2 km trote a 5:50


O principio notaba como un pouco cargadoo xeonllo esquerdo, pero so o primer kilómetro, per o venre tamén o sentín, pero foi moi livián e desapareceu en nada, e o enfriar tampouco sentín nada.
O Marte non fun o futbol sala. Guiño
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 24 Dec 2014, 11:15
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Mércores 24, as 8 de maña por Castrelos.

Non teño moitas oportunidades de poder ir correr por Castrelos a mañan, e se podo aproveito a facelo, pois me gusta sentir como se desperta o día, pois as 8 e de noite, e de alí un rato, xa esta despexado. Tamén me gustar correr nesa hora, pois así aproveitas o día un pouco máis.

Facía 13 hora que había entrenado en Castrelos, pero o no ir o futbol sala, o consideraba un entreno menor o de onte, así que hoxe tocou tamén algo parecido.

Castrelos, progresivo con gefreiter, ppm 152 ppMax 180. 16 Km en total.
3km de quecemento a 5:00
1km a 4:22
11 km progresivos con gefreiter: 4:30 4:22 4:16 4:17 4:12 4:02 4:01 4:03 3:55 3:48 3:46
1km de trote borriqueiro.

O rematar en enfriar, me empezou a doer o xeonllo esquero outra vez, peor máis forte que estos días. Tanto que despois o rematar e ir para a casa, non podía trotar, e tiven que ir andando o último kilómetro.
O extraño e que non me doeu nada nen o empezar nen o rematar, pero si o enfriar, e cando enfriei de todo, imposible trotar.
É no lado exterior da rodilla esquerda, e so dor, non teño nen tirantez, nen molestia, nen noto a rótula, nen os ligamentos nen os meniscos. Creo que só é unha inflamación, e veremos como vai o longo do día.
Mañan so tiña pensado trotar 30-40 minutos, se podo claro, se me doe lle dou descanso. Nunca tiven ningún problema de nada, e últimamente intento entrenar en terra, espero que non sexa nada preocupante.
Irei contanto as sensacións.

Bo nadal a todos!!
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Dom, 28 Dec 2014, 15:26
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Pois parece que vou rematar e comezar o ano mal. O dor de xeonllo so existe se forzo a perna. Ou o mesmo día que entreno.
Mércores 24 a tarde noite tiven bastante dor, aínda andando.
Xoves 25, descanso. Andando non hai dor.
Venres 26, descanso Andando non hai dor.
Sábado 27, pois saín a probar o xenonllo. Tiña que ir recoller o coche, que estaba a 1.5 km, e aproveite para facer 4km a trote, un deles a 4:20. Unha lixeira molestia casi inexistente, moi livián.
Domingo 28, como non notei casi molestia o sábado, quería probar a facer uns poucos kilómetros máis e ver como se comportaba.
Me encontrei con "gefreiter por castrelos" e fixemos 10 voltas por o circuito grande, que o final saíron a 4:40, se son 1.2km ese circuito 12km en total ( o gps dixo 4:45). Eu fixeran antes 1.5 km.
Eu mentalmente e as pernas me pedían facer un pouco maís forte, e manter uns 30 minutos máis iso de disfrutar por Castrelos, pero o dor do xeonllo era considerable, e creín oportuno que como proba xa me valía, e non era necesario forzar o xeonllo aínda que o resto do corpo me pedise maís.
Non sei que será o que me crea ese dor, quizáis líquido, quizáis o menisco externo. Só podo decir que me doe quieto agora, como o primer día que comezou, so que agora por o menos non coxeo, pero o dor ata me da tumbado. Maña case non existirá será como estes días pasados.
Me da a impresión que con descanso non se vai recuperar. E que se acabou a miña progresión por unha tempada, ou por moita.
Veremos.

A semán remata con 47 km, e nada de futbol sala. Moi pobre.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3677 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 05 Xan 2015, 21:19
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Imaxino, que se non escribes nada, debe ser que o da rodilla, debe ser algo serio.

Veña animo e cóntanos como te vai.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 07 Xan 2015, 11:57
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Hola Kurty, feliz ano, e tamén feliz ano a todos os foreiros.
Pois si Kurty, estiven moi preocupado, pois estaba convencido que tiña algo serio no xeonllo, e cando descubrín que era algo muscular me quedei maís tranquilo.
Pero resulta que cando me entero de que teño tocada o "Tensor da Fascia Lacta", e sobre todo o a "cintilla iliotibial", e vin o difícil que pode ser recuperala, me quedei aínda peor. Parece ser que esa famosa "rodilla del corredor", implica un reposo casi absoluto, e se me caíu o ceo encima.
Pedín cita co meu fisio, pero non tiña cita ata este luns. Me tranquilizou no plan de que non vou ter que estar parado 6 semáns, se non que en 2-3 sesións xa me deixará trotar. Iso si, sempre e cando faga os estiramentos que me indica (parece que necesito 3 en 1). E para evitar no futuro esa sobrecarga da Cintilla, teño que fortalecer dende a espalda ata os xeonllos máis en serio.
Xa irei contando, pero aínda que me tranquilizaron, sigo preocupado.

Esta lesión me veu nun momento en que había baixado os km, onde xa levaba tempo correndo principalmente por terra, e nun estado de forma que non me esperaba despois do resultado da SinSon.

Estos días fun correr algo e foi así:

31 Decembro, San Silvestre Cambados, 4 km: Eran 2 voltas de 2 km. Os primeiros 2km, acompañando a miña muller, a 5:20. E os 2 últimos fixenos a 3:30. Por si acaso lle había posto un pouco reflex, e non me doeu nada. Despois a noite tiven que ir coller o coche, e aproveitei para ir correndo, fixen 2km a 3:30 de media. (Foi sorprendente que non me doese nada nen o rematar, pois o efecto do reflex xa facía 4 horas)

3 de xaneiro de 2014, como case non me doeu nada saín a correr por o Terrón (eso si, os 400 metros de saír da casa tiven que voltar a por un pouco de reflex). Fixen 9km a 4:05 de media, incluso 4 km fixenos a menos de 3:50. Non me doeu nada, nen o parar, nen a noite nen nada, algunha lixeira molestias.

4 de xaneiro de 2014, como o día anterior me sentín tan cómodo e sen molestias, saín a correr coa itención de ir O Parque de Carreirón na Illa de Arousa. Fixen dende a miña casa ata que parei, 7 km a 4:10, facendo 1m forte, e 2 a ruitmo de 4:20. Pero así se rematou todo. Parei a desfrutar da paisaxe imensa e do cambiado que esta esta zona, e cando intentei voltar a correr, foi imposible. Foi imposible incluso trotar, me doía unha barbaridade, así que tocou facer outros 7km para a casa andando, pois non levaba móvil nen un peso enriba.
O parar eses 5 minutos e voltar a correr, foi horrendo, en serio, un dor insoportable, nen sequera podía trotar, incluso se ía a un paso lixeiro andando, tamén me doía.

Dende o día 4, nada de nada, estirar e antiflamatorio. Parece ser que esta lesión tampouco se pode facer bici nen elíptica, así que toca estirar.

O vernes volto o fisio, e a ver que me conta. Estou ilusionado, para ver se de verdade para a semán podo empezar a facer algo. Me vou por por completo nas súas máns, para ver se fortalezendo, e modificando algunha cousa, podo empezar a deixar de preocuparme. Me da a impresión que desta volta vou ter que empezar a ir o ximnasio, restandolle un pouco de tempo a saír a correr, pois non teño maís.

Como ves Kurty, o final non estou tan mal, ou iso intento decirme a min mesmo.
Me saíu este tostón, que non interesa a case ninguén. (Iso podríamos decir de moitos escritores do realismo psicolóxico)
Decembro rematou con 205,5 km.


Última edición por sanmikel o Mér, 01 Xul 2015, 7:42; editado 5 veces
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3677 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 07 Xan 2015, 20:29
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Pois eu leino todo Silbar Silbar

Esto que te está pasando é unha constante nos corredores, sobre todo nos que lle damos caña ou dabamoslla. As malditas lesións.

Dar consellos é moi doado, levalos a cabo xa non o é tanto. Se andas tocado e saes a correr, nunca debes correr aos ritmos que o fixeches (3:30)
Hai que procuralos facer despaciño, e por suposto non correr 2 días seguidos. deixar un en medio para recuperar.

Bueno a ver que te di o fisio. E moito ánimo.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 07 Xan 2015, 22:04
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

O de correr dous días seguidos xa me dei conta ese último día, non se me volta olvidar. Pero fixate tí, que a lesión do "xeonllo do corredor" se incrementa a ritmo maís lentos, nons que tamén doe maís, pois existe un maior contacto (iso se lee por webs de fisioterapia e estudios médicos).
Despois de ver esta lesión, me fixei que varias veces no diario puxen que me doia ou sentía a rodilla pesada a ritmos lentos, pero que o incrementalos non me enteraba de nada. Xa debía ser unha aviso. Pero como ti dis, e complicado facerlle caso o 100% das túas molestias.

Kurty escribió:
Pois eu leino todo Silbar Silbar ....

Marcosf

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
21/10/13
57 Carreiras
298 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 08 Xan 2015, 14:54
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Animo Sanmikel. Se echa de menos tu diario.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Xov, 08 Xan 2015, 23:11
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Grazas "Marcosf",
pero será por as faltas ortográficas, este castrapo, e tamén por as barbaridares de burradas que fago. Mad
Algún día sentarei cabeza, espero que sexa desta!!

Marcosf escribió:
Animo Sanmikel. Se echa de menos tu diario.

sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Xov, 08 Xan 2015, 23:15
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Por certo Kurty, me mola máis o teu novo avatar!!
Aínda que cando medre, chegue a ser igual de feroz!! Guiño
Kurty escribió:
Pois eu leino todo...

sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 19 Xan 2015, 19:21
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Pois hoxe toca escribir un pouco, pois como isto aquí vai de correr, eu so escribo cando o fago.
Hoxe voltei a correr despois de 15 días sen facelo. O venres pasado o fisio me dou o visto bo para empezar a luns, iso si, me dixo que fixese mellor pouca cousa, por terra ou herba, e dividilo en dúas tandas.

A semán pasada empecei a ir o ximansio, para estirar bastante e fortalecer a zona media para empezar, para evitar gañar forza nos cuadriceps, espalda e zona e no core. Fixen algo de exercicio aeróbico, pero moi pouca cousa.

Venres 9, Fisio.
Luns 12, 20 minutos de elíptica dividido en 2 tandas
Martes 13, 20 minutos de elíptica dividido en 2 tandas
Mércores 14, 15 minutos bici estática e 10 de elíptica.
Xoves 15, 15 minutos bici estática e 10 de elíptica.
Venres 16, Fisio

Luns 19 de Xaneiro, "Volver a Empezar" (como o título de Garci): 61.8 Kg
10 minutos de elíptica.
1 km ata Castrelos a 5:00
3 km por o anel a 4:04 4:06 4:02 (Non buscaba ir rápido, so buscaba correr o 70-75% de como estaba, e saíu así. Realmente non miraba o reloxo nada máis que no 1000)
5 Minutos de estiramentos
3 km por o anel a 3:56 4:05 4:00 (igual que antes, non buscaba correr moito)
1 km de volta a 5:00
No ximnasio fixen estiramentos e zona media.
10 minutos de elíptica.


8 km en Total, o tempo e o ritmo é o de menos, o importante e voltar.

Me quedei con moitas ganas de facer uns cuantos kilómetros máis, pero a cabeza escoitou o fisio.
Non me esperaba poder correr 6k a ese ritmo, e sen case esforzo, foi algo sorprendente para min.

Bueno, espero poder empezar a pos os meu entrenos de unha maneira maís asídua, e a ver se empezo a aprender algo, e seguir un bo plan de entreno e ximnasio (aínda que o tempo manda, e non sei como será)





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos